PONENCIAS E COMUNICACIÓNS DAS XORNADAS “O Libro electrónico: presente e futuro na biblioteca e no ensino”

O libro electrónico

Historia, situación actual. Formatos de edición (PDF e EPUB). Lectores (Kindle, Papyre, Iliad, Ipad…). Distribución.

Tati Mancebo
Consultora cultural. A súa empresa, Algueirada, é a responsábel de diversos proxectos culturais e formativos centrados nas TICs e no libro electrónico para empresas e institucións como a AELG, a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, a Fundación Amancio Ortega, Meubook, Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, etc. Algueirada é tamén a empresa que sostén de Blogaliza, a maior comunidade de blogues en galego.

O escriba sentado.

Camilo Franco

Escritor e xornalista. Correspondente cultural de La Voz de Galicia. Ten publicados, entre outros,  os libros: A lúa no cenit e outros textos (1988), Ribadavia (1993), En malos pasos (1995),  “Chuvia tralos cristais” en Narradores de cine (1996), do que foi coordinador, Galicia (2002), Por conto alleo (2003), Palabras contadas (2006).  É coautor de Nixer (2010), xunto con Moustapha Bello Marka,Alfonso Costa, Alfonso e Francisco X. Fernández Naval.

No espazo electrónico Vieiros publicou as series de narracións Por conto alleo (1999) e Necesariamente X. A razón máis quente (2001). Palabras contadas deu pe a una exposición homónima da Fundación Luís Seoane, organizada dentro do Proxecto-Edición (2006).

Resume:

Un día o escriba sentado decidiu levantarse e en lugar de contar sacos de trigo comezou a recontar escravos. O mundo pensou que non cambiara nada, pero todas aquelas cabezas estaban en movemento e o escriba viuse obrigado a cambiar a natureza das súas anotacións. Mal que lle pese aos románticos, cando cambia un soporte cambian as historias. Pero non é cousa das máquinas, é a condición humana.

Explicar como os soportes cambian os xéneros é como explicar cal é a adaptación da especie ás circunstancias.Para explicar como as pantallas táctiles provocarán un novo xeito de narrativa habería que explicar antes como a pantalla se converteu en referencia absoluta da vida en occidente e como a letra se adaptou a ese cambio. Pero o cambio, coma sempre, está en marcha e todas as posibilidades das pantallas acabarán, máis pronto que tarde, en permitirlle aos autores en contar doutro xeito. Aínda que sexan vidas de escravos.

Propiedade intelectual: implicacións, tendencias e cambios no libro electrónico.
Manuel Bragado, director de Edicións Xerais

O libro electrónico nas bibliotecas

Dixitalización de libros. Bibliotecas dixitais. Proxecto de dixitalización da Biblioteca da Universidad Complutense de Madrid con Google.
José Antonio Magán Wals, director da Biblioteca da Universidad Complutense de Madrid

Panorama actual do libro electrónico nas Bibliotecas. Libro electrónico e redes sociais. Incorporación na biblioteca universitaria. Préstamo de ebooks.

Catuxa Seoane, responsable da planificación e xestión de Tecnoloxías Emerxentes no Sistema de Bibliotecas Municipais de Galicia.

Licenciada en Documentación pola Universidade Carlos III de Madrid e Diplomada en Bibliotecomía con premio Extraordinario Fin de Carreira pola Universidade da Coruña.

Apaixonada das Novas Tecnoloxías e os novos formatos de creación e publicación en Internet. Na actualidade traballa no Sistema de Bibliotecas Municipais da Coruña, como responsable da planificación e xestión de Tecnoloxías Emerxentes (Web Social aplicada a servizos bibliotecarios) ; ademais imparto cursos de formación e actividades de consultoría relacionados co tratamento da información e a publicación de contidos dixitais para bibliotecarios e xestores culturais.

participou en Congresos Nacionais e Internacionais falando da filosofía e ferramentas da Web Social aplicadas a bibliotecas, a Biblioteca 2.0 e mantén desde o 2003 un dos primeiros blogs hispanos dedicados á biblioteconomía e a documentación: Deakialli Documental www.deakialli.com .


Libro electrónico no ensino

Satisfacción de usuario e apropiación de dispositivos de lectura electrónica. Proxectos piloto UOC e territorio e-bookJavier No
 Javier Nó Sánchez é Doutor en Educación, catedrático na facultade de Comunicación da Universidad Pontificia de Salamanca (UPSA) e director do Orionmedialab, onde levan a cabo proxectos relacionados coa tecnoloxía móbil e a construción social do coñecemento.
Na UPSA exerceu diversos cargos de responsabilidade destacando o vicerreitorado de investigación. Colabora tamén coa Universitat Oberta de Catalunya nalgúns proxectos de innovación educativa.
traballou en proxectos compartidos con Estados Unidos, Suecia e Alemaña no campo do desenvolvemento rexional a través do coñecemento e a tecnoloxía e impartido cursos de doutoramento e master en diversos programas internacionais (Brasil, Chile, Portugal e Colombia)
Desde 2008 traballa en proxectos relacionados cos ebooks, a tinta electrónica e os tablets, aplicados tanto á educación como á comunicación e o desenvolvemento social.

 
Experiencias no ensino superior dende o mundo editorial:O libro electrónico na Universidade
Antonio Quirós, director de Luarna

Licenciado en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid e PDG do IESE. A súa traxectoria profesional estivo sempre ligada ao mundo das tecnoloxías da información. Fundou no ano 1991 xunto con outros dous socios, a súa propia compañía tecnolóxica, Grupo Eidos empresa onde exerceu distintos postos, talles como a Dirección Técnica, a Dirección da área de Formación e a Dirección de Xestión. En 2002 foi nomeado Director Xeral e encargouse da responsabilidade de integrar devandita compañía dentro da multinacional que a adquiriu. Durante os seguintes oito anos exerceu como Director de Operacións da filial de devandita compañía en España.
En 2009 creou, xunto con outros accionistas, Luarna Edicións, a primeira editorial española que só realiza edición dixital. Cunha importante penetración no mercado da edición dixital e os dispositivos de lectura electrónica, Luarna é un dos nomes de referencia na lectura electrónica hoxe en España. Na actualidade é conselleiro delegado de devandita compañía así como de Mundo Reader, outra empresa do grupo, que se especializa na distribución de dispositivos para a lectura dixital.

 E-books: novas perspectivas para o acceso e difusión da información científica
Nuria Sauri, responsable de Produtos Electrónicos en Swets España

Núria Sauri Sànchez, licenciada en Humanidades pola Universitat Pompeu Fabra e en Documentación pola Universitat Oberta de Catalunya, é responsable de Produtos Electrónicos en Swets España. Anteriormente traballou na consultora Boyden International Search Consultants como Information Manager e na firma de executive search Brain Transearch como Documentalista

O libro electrónico e o ensino secundario: Proyecto E-volución.
Diego Rosales, coordinador do proxecto no Colexio Juniors/ Grammata
COMUNICACIÓNS:

Lectores de libros electrónicos (e-Readers): su uso en la lectura y la enseñanza.
Pedro Razquin

Facultad Ciencias de la Documentación

Universidad Complutense de Madrid

 Territorio Ebook e educación. Un programa para explorar as posibilidades do libro electrónico no ensino obrigatorio.
José Luís Sánchez Rodríguez
Adxunto de Proxectos Formativos do Centro Internacional de Tecnologías Avanzadas (CITA) da Fundación Germán Sánchez Ruipérez en Peñaranda de Bracamonte (Salamanca)

Galebook:Unha iniciativa emprendedora para o libro electrónico galego

López Esperante, Pilar; Mosqueira Suárez, Estela; Prol Conde, María José; García Fandiño,  Felipe

Galebook S.L.