Formacións para alumnado de TFG

cartacetfg2016A Biblioteca da Facultade convoca o curso Habilidades para a procura, xestión e comunicación de apoio e orientación na procuras de información sobre un tema en artigos e monografías, na elaboración dunha bibliografía e citas segundo o formato da APA, e na creación de presentacións dinámicas.

É semipresencial con 3 horas presenciais e seguimento do contido xeral a través de Moodle.

Podédesvos matricular ata o 7 de outubro, na biblioteca.

Horarios (elixir un dia 18 ou 19 de utubro e quenda de mañán ou tarde). Serán 3 horas.

  • Quenda de mañá: 11 a 14 h
  • Quenda de tarde:  17 a 20 h

Lugar de realización: Aula net

Ver programa

Presentación en pdf

CURSOS DE AXUDA PARA ELABORACIÓN TFG

Ugg & Lee - Meta Data

Ugg & Lee – Meta Data

Durante os meses de febreiro e marzo realizarase a V edición das xornadas de Habilidades para a procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFG impartidas por persoal da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación. A formación será semipresencial, con 3 horas de aulas, nas que se aprenderá a facer unha procura bibliográfica e a traballar cos resultados nun xestor de referencias bibliográficas, autilización das citas e a creación dunha bibliografía. Complementarase con información e traballo a través da plataforma Moodle. Horarios de mañán e de tarde.

Prazo e lugar de matrícula: ata o 15 de febreiro, na biblioteca.

Horarios (elexir un dia e quenda). Serán 3 horas.

Quenda de mañán: 19 e 26 febreiro de 11 a 14 h

Quenda de tarde:  25 de febreiro e 3 marzo de 18 a 21 h

Lugar de realización: Aula net

Os cursos derán impartidos por Inma Doval Porto (quenda de mañán) e Chus García García (quenda de tarde), bibliotecarias.

IV edición do curso Habilidades na procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFG

 

cartace TFG 20152016
O persoal da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación impartirá a IV edición do curso Habilidades na procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFG, 2015-2016 para o alumnado que estea matriculado no TFG.

Obxetivos do curso:

  1. Coñecer os recursos electrónicos aos que ten acceso a UDC
  2. Adquirir destreza na procura de información nos distintos recursos.
  3. Avaliar e xestionar a información
  4. Evitar o plaxio
  5. Comunicar e publicar

Trátase dunha formación semipresencial, con parte dos contidos en Moodle. As sesión presenciais serán de 3 horas e centraranse na parte práctica.

InfografiaMÓDULO 1. NORMATIVA. ONDE ATOPAR TFG OU TFM XA PRESENTADOS

  1. Guía útil
  2. Ondea topar TFG ou TFM xa presentados (UDC e outras universidades)
  3. Normativa
  4. Bibliografía

MÓDULO 2. ONDE E COMO BUSCAR A INFORMACIÓN

  1. Analizar a necesidades de información
  2. Seleccionar as fontes
  3. Interacción co sistema de recuperación. Estratexia de busca.
  4. Avaliación da información.
  5. Da cita ao texto completo
  6. Alertas informativas

MÓDULO 3.  XESTIONAR E ORGANIZAR A INFORMACIÓN.

  1. Principais xestores bibliográficos
  2. Refworks

MÓDULO 4. REDACTAR UN TRABALLO ACADÉMICO

  1. Evitar plaxio
  2. Ética
  3. Citar e crear bibliografía
  4. Obter imaxes copyleft
  5. SNL. Axudas
  6. Publicación no RUC

MÓDULO 5. FERRAMENTAS ÚTIS UTILIZANDO AS TICS

  1. Traballar na nube
  2. Presentacións dinámicas
  3. Xestión de imaxes

Prazo e lugar de matrícula: ata o 23 de outubro, na biblioteca.

Horarios (elexir un dia e quenda). Serán 3 horas.

Quenda de mañán: 3 e 6 novembro de 11 a 14 h

Quenda de tarde:  4 e 5 novembro de 18 a 21 h

Lugar de realización: Aula net

Os cursos derán impartidos por Inma Doval Porto (quenda de mañán) e Chus García García (quenda de tarde), bibliotecarias.

Xornadas de xestión da información para a preparación do TFG

autor: shutterbugamarEntre o 16 de febreiro e o 13 de marzo terán lugar as xornadas Habilidades para a procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFG impartidas por persoal da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación. A formación será semipresencial, con 3 horas de aulas, nas que se aprenderá a facer unha procura bibliográfica e a traballar cos resultados nun xestor de referencias bibliográficas, autilización das citas e a creación dunha bibliografía. Complementarase con información e traballo a través da plataforma Moodle. Matrícula ata o 12 de febreiro na Biblioteca. Horarios de mañán e de tarde.
LEMBRA que hai axudas económicas do Servizo de Normalización Linguística para os traballos realizados en galego.

Obxetivos do curso:

  1. Coñecer os recursos electrónicos aos que ten acceso a UDC
  2. Adquirir destreza na procura de información nos distintos recursos.
  3. Avaliar e analizar eficientemente a información.
  4. Organizar a información utilizando os xestores bibliográficos.
  5. Evitar o plaxio na elaboración dos traballos académicos.
  6. Comunicar e publicar a información dun xeito eficaz, ético e legal.
  7. Descubrir ferramentas gratuítas para traballar na nube, crear presentación dinámicas ou editar imaxes.

Programa

  1. Aspectos prévios a ter em conta:
    1. Normativa da UDC e específica para cada grao.
    2. Onde consultar TFG xa presentados
    3. Calendarios e mapas conceptuais.
  2. Reunir a información.
    1. Principais fontes de información: catálogos, bases de datos, repositórios e buscadores académicos.
    2. Como aceder ás fontes dende a UDC e dende ordenadores externos.
    3. A estratexia de busca. Prácticas nos distintos recursos.
    4. Avaliación dos resultados
    5. Creación dunha alerta informativa
  3. Organización e xestión da información.
    1. Os xestores bibliográficos
    2. Refworks
      1. Crear unha base de datos coas nossas referencias
      2. Inserir citas nun texto dende refworks
      3. Crear unha bibliografia
  4. Aspectos éticos e legais antes e despois da elaboración e publicación dun traballo.
    1. Normas éticas
    2. Lexislación a ter en conta
    3. Evitar o plaxio
    4. Obtención de imaxes libres para utilizar nos traballos
  5. Ferramentas TICS que me podem axudar durante e despois do traballo.

Xornadas de formación na xestión da información para alumnado de TFG e TFM

tfgcartacepeqOs días 18 e 25 de novembro, de 12 a 14 horas, terá lugar na aula multimedia da Facultade un curso sobre acceso e xestión da información de ciencias da educación para as/os estudantes do TFG e TFM que o vaian entregar en xaneiro, impartido polo persoal da Biblioteca. No 2015 se realizarán máis sesións para quen o presente en xuño. É necesario asistir os dous días xa que o curso é de 4 horas con apoio a través da plataforma Moodle. Se alguén o quere realizar debe anotarse na Biblioteca.
No curso se tratarán os seguinte puntos:
1. Fontes de información.
2. Interrogar á fonte: a estratexia de busca
3. Creación de alertas bibliográficas
4. Da cita ao texto completo
5. Exportación dos resultados
6. Organizar a información. Xestores bibliográficos: Refworks.
7. Citar e crear bibliografía
8. Evitar o plaxio. Aspectos éticos.
9. Algunhas ferramentas útis: presentacións, infografías, obter imaxes copyleft.
10. Publicación no RUC

 

Curso para realización dun TFG

A Biblioteca impartirá a partir de finais deste mes o curso Habilidades na procura, xestión e comunicación para a realización dun TFG. para o alumnado que estea matriculado no TFG. A primeira edición realizouse no mes de decembro de 2013.
Os obxectivos do curso son:
1. Coñecer os recursos electrónicos aos que ten acceso a UDC

  1. Adquirir destreza na procura de información nos distintos recursos.
  2. Xestionar a información
  3. Evitar o plaxio
  4. Comunicar e publicar

Consultar o temario e horarios para cada Grao.
Prazo e lugar de matrícula
: ata o 21 de febreiro, na biblioteca.
Información con presentacións do curso, bibliografía e ferramentas útis.

Ademáis dos cursos específicos para cada un dos Graos impartidos na Biblioteca da Facultade, dende a Biblioteca Universitaria impartirase un curso xenérico, para todas as especialidades da universidade, tamén de 6 horas de duración, e coa concesión dun crédito de libre configuración: Formación de usuarios e usuarias na Biblioteca Universitaria. Recursos e utilidades para o traballo de grao. Lugar: Campus da Coruña (Elviña), aula 1 do edificio Xoana Capdevielle. Data:19 e 20 de febreiro, de 10.30 a 13.30 h
Prazo de inscrición: entre o 12 e o 19 de febreiro
Máis información no blogue e no facebook da Biblioteca Universitaria.

Formacións para o PDI

No que queda de mes hai convocados tres cursos de formación para PDI que terán lugar no Edificio Xoana Capdevielle, en horario de mañán, de 9 a 15 horas.

Aquí tedes máis información e formulario de inscripción. O prazo aínda está aberto.

 

 

– ISI vs Scopus: a métrica da información, 24 de xaneiro.
– Recursos e utilidades documentais para a tese e outros traballos académicos, 28 de xaneiro.
– Recursos e utilidades documentais para o traballo de fin de grao, 31 de xaneiro.

Cursos de preparación para os TFG

A vindeira semana comezaremos cos cursos de preparación para a Realización dun Traballo de Fin de Grao.
De que falaremos?

1. REUNIR A INFORMACIÓN

a. Analizar a necesidade de información
b. As fontes
c. Interacción co sistema de recuperación. Estratexia de busca.
d. Avaliación da información.
e. Alertas informativas
f. Organización e uso. Xestores bibliográficos

2. PRÁCTICAS NOS RECURSOS DE INFORMACIÓN: CSIC, Eric, Refworks…

3. REDACTAR O TFG

a. estructura
b. Citar e crear bibliografía
c. Evitar plaxio

4. PRESENTACIÓN

a. Presentacións dinámicas e atractivas
b. Obter imaxes copyleft

5. PUBLICACIÓN DO TFG.

RUC

As formacións serán os días 23 e 24 de xaneiro para docentes e o 31 de xaneiro, 1 e 8 de febreiro para alumnado. Máis información na biblioteca.

Aquí deixamos un documento guía Como realizar un traballo de fin de grao