Convocatoria Sexenios 2015

No BOE de hoxe, 3 de decembro pubicase a Resolución do 30 de noviembre de 2015, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, co procedemento e prazo de presentación de solicitudes de avaliación da actividade investigadora á Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora. O prazo é dende o 7 de decembro ata o 31.

No post anterior tedes os criterios.

Sexenios 2014. Publicados criterios específicos e convocatoria

cneaiPresentación Avaliación da produción científica 2014-2015

O 1 de decembro publicáronse no BOE os criterios específicos polos que se rexirán cada un dos campos de investigación para a solicitude de recoñecemento de sexenios da CNEAI.

Nestes criterios introdúcense cambios importantes, que nalgúns casos, suponen unha traba maior para a obtención dos sexenios nos tramos de investigación. Tamén supón unha maior aclaración nalgúns criterios que estaban confusos.

Os cambios nos criterios xerais son:

  1. Todas as aportacións deberán estar publicadas nos anos nos que se someten a avaliación.
  2. A existencia dun identificador DOI (Digital Object Identifier) asociado a unha publicación non significa que o artigo estea publicado nun volumen dunha revista, xa que pode estar pendente de publicación e ser publicado depois do último ano do tramo que se solicita.
  3. Se antes se falaba de “impacto alto” ou “posición relevantes”, agora se especifica en moitos casos, indicando os cuartís nos que deben estar situadas as revistas.
  4. O JCR que se utilizará será o do ano de publicación do artigo ou, cando é do ano da convocatoria, o do último ano publicado.

Polo que se refire ás áreas que se imparten na nosa facultade:

CAMPO 7. Ciencias sociais, políticas, do comportamento e da educación:

  1. Engádese Scopus como fonte preferente, xunto ao JCR e Arts and Humanities Citation Index, apartados 3.a) e 3.b).
  2. Na área de ciencias da educación como carácter orientador para unha valoración positiva non se especifica a opción de que unha das aportacións sexa un libro de difusión ou referencia internacional, e só se indica que 2 revistas estean indizadas en JCR, Arts an Humanities Citation Index,  ou Scopus.
  3. Especifícase que non se consideran aportacións: os libros de texto ou manuais, as obras de divulgación, enciclopedias, actas de congresos e as reseñas e recensións.
  4. A área de psicoloxía endurécese, e agora esíxese que polo menos 4 das aportacións sexan de artigos publicados en revistas do aprtado 3.a), ou sexa, o JCR, e 3 delas do I ou II cuartil da súa categoría.

CAMPO 11. Filosofía, filoloxía e lingüística.

  1. Hai unha especificación polo que á autoría se refire: “Salvo que estuviera plenamente justificado por la complejidad del tema, el tamaño del corpus utilizado o la extensión y carácter innovador de la aportación, la existencia de más de un autor puede reducir la calificación asignada a la misma”
  2. Amplíase o número de fontes a utilizar, pero mixturando fontes máis comerciais con fontes de caracter máis científico.

 

Para máis información sobre os cambios nas distintas disciplinas podedes consultar a análise exhaustiva realizada por Emilio Delgado López-Cózar, publicado no repositorio E-LIS, Sexenios 2014: algo más que retoques estéticos (2014).

As fontes ás que fai referencia a convocatoria cos seus enlaces son:

Productos do ISI:
JCR Base de datos do ISI que proporciona un medio “obxetivo” para determinar a relevancia das revistas (Índice de impacto), frecuencia das citas dunha revista, as revistas en que foi citada, etc. Avalía as revistas en función do número de citas que éstas reciben e do número de artigos que publican nun período de dous anos.
•   Cobertura dende1997. (Do 1989 ao 1997) pódese consultar na web da Universidadede Oviedo
•   Edición Ciencias: 6500 revistas científicas (171 categorías temáticas).
•   Edición Ciencias Sociais: 1900 revistas (55 categorías temáticas).
•   Actualización anual (Xuño/Xullo)
Revistas españolas recvollidas no JCR (realizado por Universidad Sevilla xullo 2012)

Arts & Humanities Citation IndexDisponible a través da plataforma Web of Knowledge, do ISI (Institute for Scientific Information) , Web of Science ofrece acceso mediante web aos índices de citas ISI Citation Index. Documentos: ademáis de artigos podense buscar cartas, correccións, adicións, editoriais ou revisións que apareceron na revista. Permite busca por referencia citada.
Revistas españolas indizadas no Web of Science (realizado por Universid de Sevilla abril 2011).

Scopus. Producida por Elsevier. A maior bd de resumes e referencias bibliográficas de literatura científica revisada por pares (+ de 18000 títulos).  Ferramenta para estudos bibliométricos e de avaliación da produción científica. Utiliza Utiliza o SCImagoJournal Rank (SJR) indicator e o SNIP, e ofrece a posibilidade de ver o índice H. Conta co Journal Analizer para ver o Snipe e SJR. Integra o buscador científico máis importante Science Direct.

CLASIFICACIÓN CIRCRealizado por diferentes expertos en bibliometría dos grupos Ec3, EPUC, LEMI… Integrado en Dialnet.Ten por obxetivo a construcción dunha clasificación de revistas científicas de Ciencias Sociais e Humanas en función da sua calidade integrando os productos de avaliación existentes considerados positivamente polas diferentes axencias de avaliación nacionais como CNEAI, ANECA).

DICE Difusión y Calidad Editorial de las Revistas Españolas de Humanidades, Ciencias Sociales y Jurídicas. Base de datos producida polo CSIC e ANECA para avaliar revistas.
•   Os criterios que utiliza para establecer a calidade dunha revista son: presencia en bases de datos, uso de avaliadores externos, cumprimento da periodicidade,  apertura exterior do consello editorial e apertura exterior dos autores e se aparece ou non no catálogo Latindex.
•   Complementa a RESH, xa que obtén os datos a partir dos últimos fascículos publicados dunha revista.

ERIH Plus. Creada pola ESF (European Science Foundation) para os campos de humanidades. Non proporciona factor de impacto nin índice de citas. Divide as revistas en 3 categorías A, B ou C segundo o seu prestixio sexa alto ou medio a nivel internacional, ou só sexa a nivel europeo.

Acreditadas pola FECYT Listaxe definitiva de revistas científicas españolas que superaron a convocatoria de avaliación para a renovación do selo de calidade editorial e científica da Fundación Española para a Ciencia e Tecnoloxía (FECYT).

Ulrichsweb. Descripción, materias e información de 230.000 títulos de revistas de todo o mundo. Indica ademáis en que bases de datos están indizadas. Non inclúe factor de impacto.

CAPES. Órgano máis importante de clasificación de revistas científicas de Brasil, a través do método de avaliación Qualis. O principal criterio para a clasificación é o índice de impacto do ISI.

MIARBase de datos da Universitat de Barcelona que informa sobre a presencia / ausencia dunha determinada revista na propia base e se se inclúe noutras bases de datos e catálogos.

IN-RECS Índice de impacto Revistas Españolas en Ciencias Sociales. Realizado pola Universidad de Granada.
•   Utiliza a mesma metodoloxía que o ISI.
•   Ofrece datos desde 1994 ata 2011. Actulamente cesou as actualizacións.

RESH. Sistema para a avaliación de Revistas Españolas de Ciencias Sociales y Humanas (1999-2004). Índice de citas e factor de impacto.
•Revistas Españolas de Ciencias Sociais e Humanas
•   Estuda as revistas españolas de Ciencias Sociais e Humanas que recolle a base de datos ISOC (elaborada no centro de documentación do CSIC).
•   Empléanse indicadores en función do número de citas recibidas e parámetros de calidade (editorial e de visibilidade internacional), en función do número de anos que leva publicándose a revista, periodicidade, criterios Latindex, etc.
•   Permite ver índice de citas e factor de impacto
•   Só ofrece datos desde 1999 hasta 2004.

Llistes CARHUS. Do Departament d’Universitats, Recerca i Societat de la Informació (DURSI). Listaxes que avalían as revistas de Ciencias Sociais e Humanidades.

LATINDEX Sistema Regional Información en Línea para Revistas Científicas de América Latina, España e Portugal
•Sistema Regional de Información en liña para Revistas Científicas de América Latina, Caribe, España e Portugal.
•   Producto da cooperación dunha rede de institucións que funcionan de manera coordinada para reunir e diseminar información bibliográfica sobre as publicacións científicas seriadas producidas na rexión.

Ademáis existen outras fontes para buscar indicios de calidade, cando non aparece a revista nas anteriores:

JSTOR é unha organización sen ánimo de lucro que proporciona un arquivo dixital materiais académicos publicados en máis de mil de las revistas e publicaciónss académicas de gran calidade, nos ámbitos das ciencias sociais, humanidades e as diversas ramas da ciencia, así como monografías e outros materiales valiosos . Ofrece índice de citas dos traballos.

Google scholarhttp://scholar.google.es/
 

•   Buscador que permite obter bibliografía específica sobre un tema determinado.

•A información recuperad provén de distintas fontes: estudos revisados por especialistas, teses, informes, libros, resumes, artígos de editoriais académicas, preprints, documentos de universidades, actas de congresos…

•   Permite ver as citas dun libro determinado e dos artigos tanto da versión preprint como da definitiva, sumando ambas.

•   Non ofrece o factor de impacto.
PublishorPerish. Descarga gratuíta e doada utilización
•   Analiza factores de calidade a partir de datos obtidos de Google Scholar.

•   Pódese procurar por autor, título de revista ou artig

•   Obtemos o Índice H, Índice G e Factor de Impacto, entre outros.

MONOGRAFÍAS

1. Prestixio editorial:

  • Buscar indicios de calidade na web da editorial: selección, peer review, traduccións…
  • Utilizar SPI (Scholary Publishers Indicators): Financiado por CSIc e desenvolto por EPUC (Grupo de investigación de avaliación de publicacións científicas).       Ranking basado na opinión de máis de 3000 expertos.       ACCESO.http://epuc.cchs.csic.es/SPI/index.html
  • Utilizar o Book Ciation Index, do ISI. De pago, non incluído na licencia do FECYT. Según un estudo realizado por Daniel Torres Salinas (Grupo Ec3, Universidad de Navarra) eEmilio Delgado López-Cózar (Grupo EC3, Universidad de Granada), o 96% das publicacións que presenta de Ciencias sociais e humanidades é procedente de 4 países (Inglaterra, Estados Unidos, Alemania e Holanda), só 1 publicación de España, o 95 % son publicacións en inglés.
2. Citas e reseñas
  • Citas: Google Scholar, Google Books
  • Google poñer o término reseña seguido de título entrecomillado.
  • Reseñas: BDI (Psyinfo, Web of Science, Dialnet e CSIC). Nestas duas buscar polo título entrecomillado.

Tamén se publicou a convocatoria co procedemento e prazo de presentación das solicitudes. Resolución de 1 de diciembre de 2014, de la Secretaría de Estado de
    Educación, Formación Profesional y Universidades.

E se a nosa axuda non é suficiente, existe un novo servizo, sexenios.com, destinado a asesorar a investigadoras/os na solicitude de sexenios ante a CNEAI e na acreditación da ANECA e outras axencias. Podedes seguilos Twitter  ou en Facebook.

Bibliografia

Cabezas-Clavijo, Álvaro; Delgado-López-Cózar, Emilio (2012). “¿Es posible usar Google Scholar para evaluar las revistas científicas nacionales en los ámbitos de Ciencias Sociales y Jurídicas? El caso de las revistas españolas. EC3 Working Papers, 3 http://ec3noticias.blogspot.com.es/2012/04/es-posible-usar-google-scholar-para.html 

Giménez-Toledo, Elea; Torres-Salinas, Daniel. Book citation index: nueva historia sobre big science y little science. Anuario ThinkEPI, 2011, v. 5, pp. 203-205

Giménez-Toledo, Elea; Tejada-Artigas, Carlos; Mañana-Rodríguez, Jorge. Scholarly Publishers Indicators (SPI). 1º edición 2012. Disponible en: http://epuc.cchs.csic.es/SPI[19, 09, 2012].

webs interesantes sobre o tema
Manual básico para investigadores: quién cita mis artículos, dónde y cómo publicar los resultados de mis investigaciones”. Realizado por bibliotecarias da Universitat Politécnica de Valencia e colgado na plataforma UPV OpenCourseWare O contido do curso trata os seguintes aspectos:1  Introducción2  Citas dos artígos e factor de impacto das revistas3  Outros recursos alternativos para calcular citas e índices de impacto4  Aspectos básicos da propiedade intelectual5  Xestores de referencias bibliográficasPreguntas frecuentes (do grupo EC3 da Universidad de Granada) En contínua actualización.