amoresQmatan: concurso de fotografía e videocreación

AMOR DEFINITIVO

Concurso de fotografía e videocreación.
8 de marzo 2016.
Organiza a Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación en colaboración con Roberto Suárez Brandariz Brandariz e alumnado de Linguaxes audiovisuais e educación artística do Grao en Educación infantil.
Envíanos un twitt cunha foto ou video antes do 26 de febreiro. Debe constar  #amoresQmatan e @biblioeduca. A partir da lectura ou visualización dun dos libros ou películas propostas pola Biblioteca.  das obras propostas.
Descargar Bases.
Se non sabes como subir videos a twitter aquí tes duas guías básicas Videograber e  Twittboy.

O lapiz do neto do carpinteiro

CARTEL 2Lugar: Recuncho de lectura e peceiras de creatividade da Biblioteca da Facultade
Datas: xaneiro-marzo 2016

O lápiz do neto do carpinteiro é unha exposición de caricaturas realizadas por Roberto Suárez Brandariz, arquitecto e profesor titular na nosa Facultade, onde imparte educación artística. Nas caricaturas de Roberto non existe unha esaxeración de rasgos físicos das persoas retratadas, se non que nos achegamos á parte máis interior de delas, nunha clave humorística, non satírica, cunha visión cómica e amable dalgúns dos seus compañeiros e compañeiras da Facultade. A pericia no debuxo, do neto do carpinteiro, do neto dun ebanista que, como el, aprendeu o debuxo dende moi neno, a partir do trazado de formas xeométricas básicas, así como a captación do aspecto psicolóxico déixase ver na representación de cada personaxe. Roberto publicou as súas primeiras tiras cómicas, de crítica e reivindicación social xa no ano 1978, no suplemento do periódico El Ideal Gallego. Realizou ademáis carteis por encargo, traballando daquela nunha empresa de publicidade, como o que podemos ver, tamén no recuncho, para Estrella Galicia. O proceso creativo de cada una das caricaturas parte do debuxo a lápiz, que despois continuará con rotulador e lápices de cores.

imaxe da Wikipedia

imaxe da Wikipedia, caricatura de Darwin

A caricatura é un xénero artístico que aparece na Italia renacentista, fálase da súa creación pola familia Carraci en Bolonia no século XVI, aínda que xa Leonardo da Vinci realizaba debuxos con rasgos esaxerados que poderiamos incluír neste campo. Pero podemos rastrexar os seus comezos nas culturas mesopotámicas e o antigo Exipto, que continuaría en Grecia e Roma, (Aristóteles cita a un “pintor malévolo”, Poson), e incluso temos exemplos na arte medieval (Peláez, 2002). É no Renacemento cando se realizan obras satíricas e burlescas que moitas veces traían de cabeza á Igrexa, non só en Italia, se non tamén na pintura flamenca. As caricaturas  adéntranse no psicolóxico, trazando unha relación entre o caracter e a fisonomía, vencellándose nun principio con aspectos máxicos, como aparecen no tratado de Giambattista Della Porta, moi asociados no Renacemento a animales fantásticos e seres monstruosos.  (Grose, Burucúa  e Kwiatkowski  2011). A partir do XVII se utilizaría a caricatura para a ridiculización política e social, incluso nas loitas parlamentarias en Inglaterra que florecería no XVIII, “século de ouro” da caricatura inglesa, cun gran autor, William Hogarth e coa publicación do primeiro libro de debuxos de caricaturas, hacia 1762,  Mary Darly’s A Book of Caricaturas. No século XVIII e XIX en Francia e Gran Bretaña hai xa importantes revistas de caricaturas, como “La caricature” ou “The comic almanac”, respectivamente.

imaxe da Wikipedia

imaxe da Wikipedia. Caricatura realizada por Daumier

A historia ofrécenos nomes de excelentes caricaturistas como Carraci, Callot, John Tenniel , Sir Max Beerbohm, Honoré Daumier , Goya, Wilhelm Busch , Mort Drucker ou Sebastian Krüger, máis tamén existiron e existen mulleres moi boas nesta arte, como son Cintia Bolio, Raima Suprami, Guadalupe Rosas, só por citar algunhas delas…

En Galicia tivemos e temos maravillosos autores deste xénero: Castelao, Isaac Diaz Pardo, Siro López, Pinto, Leandro, Carrera, Abraldes, Xaquín Marín ou Kiko da Silva.

Caricatura de Laura Valenzuela realizada por Siro. Imaxe da BNE.

Caricatura de Laura Valenzuela realizada por Siro. Imaxe da BNE.

De feito, durante varios anos contou cunha Bienal específica, a Bienal da caricatura de Ourense, que tivo 9 edicións, baixo a dirección do grande activista cultural Benito Losada, na que se expoñían obras dos máis representativos caricaturistas a nivel internacional.

As caricaturas expostas no segundo andar da Biblioteca compleméntanse co material exposto nas vitrinas da entrada, nas que se poden ver outros traballos de Roberto, fases do proceso creativo e algunhas obras disponibles na biblioteca sobre caricatura e outros autores deste xénero.

Grose, F., Burucúa, J. E., & Kwiatkowski, N. (2011). Principios de la caricatura; seguidos de un ensayo sobre la pintura cómica. Madrid: Katz.

Peláez Malagón, J. E. (2002). Historia de la caricatura. Clío: History and History Teaching., (27)

TROULAS, AS OUTRAS ORLAS

TROULAS DEFTROULAS, AS OUTRAS ORLAS

Exposición das orlas realizadas polo alumnado das promocións do Mestrado Universitario en profesorado de ensino secundario, no Itinerario de artes plásticas e visuais. A mostra está coordinada polo profesor Roberto Suárez Brandariz.

Troula: no argot dos afiadores ourensáns “mentira”. Esta exposición quere mostrar as interpretacións que os alumnos do Mestrado de Ensino Secundario fan da orla da súa promoción. Utilizando os elementos básicos: imaxe dos seus compoñentes, os seus nomes, o texto que define os seus estudos e o ano da promoción, pero dun xeito non convencional (Roberto Suárez Brandariz).


???????????????????????????????

???????????????????????????????

Ao alumnado formulóuselle o reto de expresarse dun modo orixinal empregando un medio tan anodinamente convencional como adoita ser unha ORLA, e aquí están os resultados.

A exposición pode verse no Recuncho de lectura e nas Peceiras de creatividade da Biblioteca durante todo o mes de febreiro.