Revistas “depredadadoras e secuestradas”

bealls-list-logoOllo investigadoras e investigadores!!!!, ás revistas “Predators”, fraudulentas ou depredadoras, que carecen de todo tipo de calidade científica, engádense agora as “revistas secuestradas”, que suplantan a identidade de revistas de impacto e envían correos a investigadorxs solicitándolles publicar nelas.

No blogue de Rafael Repiso tedes máis información sobre este tema.

O bibliotecario Jeffrey Beall, da Universidad de Colorado realizou unha listaxe, tanto coas depredadoras como coas secuestradas, actualizadas en xaneiro de 2015. En febreiro, xa había case 600 revistas detectadas. Hai que estar ao tanto xa que o número de revistas deste tipo se vai incrementando, polo que o propio Bell redactou unha serie de criterios a ter en conta para detectar se a revista que nos solicita un artigo é ou non é “de fiar”. Algúns dos criterios que debemos ter en conta son:

  1. A revista ou editora debe ter un consello editorial e de redación. Os seus membros deben estar identificados e acompañados da súa filiación institucional. Comprobar que sexan autoas/es que xa teñen publicado e en revistas de prestixio. Ollo!, ás veces inclúen expertos sen o seu consentemento.
  2. O autor/a debe quedar con dereitos sobre a distribución da obra, non cedelos todos á editora.
  3. A información en cuestión de costes económicos (se é que é unha revista / editora na que hai que pagar por publicar) debe estar sempre clara. Hai revsitas que despois envían facturas coas que non contabamos, ou editoras de libros que esixen un número de vendas determinado para publicar ou que o libro, de impresión a demanda, ten uns costes desorbitados. Publicar en este tipo de editoriais e revistas non supón ningún beneficio para a/o autor/a.
  4. Debe ter información clara sobre a revista, con ISSN, politicas de aceso aberto, DOI para os artigos, enderezo postal e electrónico claro…

Tamén é bo que cando recibimos un correo dalgunha “editora ou revista” sospeitosa, o comentemos cos nosos colegas xa que é posible que les/as tamén o recibiran, o cal xa “canta moito”. Estas revistas normalmente publicitan índices de impacto fraudulentos, ficticios, que non nos van servir para a avaliación científica.

No portal de CIRC (Clasificación Integrada de Revistas Científicas, aparece xa integrada esta listaxe e cando buscamos unha revista nos indica se é depredadora.

Hai un artigo moi interesante de Manuel Bagues, profesor de economía na Aalto University de Helsinki, sobre este tema no blog “Nada es gratis”

ESCI (Emerging Sources Citation Index)

S024651_FlyerThompson dará acceso a un novo producto a partir novembro e qeu se incluirá dentro do paquete de productos ao que xa temos acceso a través da Fecyt. Trátase de ESCI (Emerging Sources Citation Index). A existencia de productos alternativos aos de Thompson (JCR, SCI, SSCI…) e que utilizan outros índices de impacto, métricas alternativas, como o SJR de Scopus, o Índice H, utilizado por Google Scholar, o SNIP …, así como o cuestionamento do seu FI polo marcado sesgo hacia publicacións do ámbito anglosaxón, porque non penaliza autocitas e pola ausencia das ciencias humans no JCR, entre outros, pode ser a causa do nacemento de ESCI, vamos, que se están “poñendo as pilas”. Neste novo producto aparecerán as revistas que están sendo avaliadas para entrar en WOS, seguindo o método do seu factor de impacto. Os criterios:
  • revistas con revisión por pares
  • prácticas de publicación éticas
  • contidos de interés para comunidade experta na súa área
  • requisitos técnicos…
Xa está aparecendo noticias nas webs dalgunhas revistas nas que anuncian que estarán neste novo producto, como la UCM que indica as revistas da súa edición que aparecerán en ESCI.
As revistas que aparezan en ESCI seguirán o seu camiño para o posterior paso “ou non” a JCR e WOS, pero, aínda que non pasen seguirán aí. E agora a esperar que nas vindeiras convocatorias da CNEAI, ANECA, ACSUG… comecen a incluir este producto.
Sería un puntazo que a túa estivera aí.

Da cita ao texto completo. As revistas electrónicas

11122773785_8603e017b0_zCando facemos unha procura nunha base de datos, non sempre atopamos o texto completo do artigo. O máis frecuente é que obteñamos unha referencia bibliográfica do documento e teñamos que buscar o texto por outros camiños. Atoparémolo unicamentoe nos seguintes casos:

1. Bases de datos a texto completo. Como é o caso das bases de datos de lexislación de westlaw (Aranzadi, contrata e internacional) ou a bd de normas UNE, de Aenor.

2. Bases de datos nas que a propia bd, aínda que non é a texto completo, ofrece o enlace directo a artigos que están en libre acceso ou ben a artigos que ofrece a propia base de datos coa subscripción.

Se non 6961051384_5dc494bcc1_zé ningún destos casos, deberemos comprobar se a biblioteca está ou non subscrita a esa revista:

1. En papel, na nosa biblioteca hai 702 revistas, das que 334 non se reciben actualmente. Algunhas delas tamén con acceso electrónico.

2. Ademáis a biblioteca está subscrita a 83 títulos de revista en formato electrónico. E a través de paquetes de revistas electrónica temos acceso a perto de 19.000 títulos máis, dos que máis de 2.000  son de CC da educación, psicoloxía e materias que se imparten na facultade (filosofía, ciencias do deporte, relixión, literatura…).

porticoComo saber se temos o un artigo nunha revista electrónica?
Utilizando o buscador Pórtico, ao que enlazaremos dende a páxina web da biblioteca (no apartado revistas electrónicas. Se estamos nunha bd poderemos enlazar directamente se vemos o icono SFX.
De non estar aquí a buscaremos no catálogo da Biblioteca por se atemos en papel.
Tamén podemos buscar o artigo no buscador científico Google scholar por se estivera en libre acceso, colgado nalgún repositorio institucional.

Se precisamos un artigo e non a atopamos por ningún destes camiños, acudiremos ao servizo de Préstamo interbibliotecario.

Hai demasiadas revistas en ciencias sociais?

Hai demasiadas revistas de Ciencias sociais?. É preferible ter poucas e de calidade ou moitas sen filtros?, Sería unha boa opción a fusión de revistas, a publicación colaborativa?, e os Megajournals?. Deixamos aquí unha reflexión de Luís Rodríguez-Yunta sobre os modelos actuais de publicacións de  revistas científicas en España, realizada dentro da la 3ª Conferencia sobre calidad de revistas de ciencias sociales y humanidades, CRECS 2013, celebrada en Sevilla e organizada polo Grupo ThinkEPI e El profesional de la información.

Fusión de revistas como alternativa a las revistas institucionales (En CRECS, 2013), de Luís Rodríguez-Yunta: