Plataforma Proyecta

Presentámosvos hoxe a Plataforma Proyecta,unha iniciativa educativa da Fundación Amancio Ortega e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, que responde á labor comprometida de ambas institucións co fomento da innovación no ámbito educativo e a mellora da calidade da ensinanza. A Plataforma Proyecta conta cunha nova imaxe, un blogue dende o que podedes acceder a cantidade de aplicacións sinxelas, gratuítas, na rede, para facer mais doada e dinámica a didáctica nas aulas. As TICs na aula. Unha plataforma chea de contidos e videos sobre como aprender a utilizalas, dende crear unha presentación máis dinámica, facer un programa de radio, compartir traballos, repositorio de contidos por materias… Non deixedes de consultala, é unha grande axuda.

Evernote, unha ferramenta colaborativa

Moitas e moitos de vós xa coñeceredes as ventaxas que ofrece a ferramenta Evernote. Permítenbos almacenar información, ben introducida directamente por nós ou ben capturada da web e insertar arquivos. Uremos creando cadernos que poderemos modificar cando queiramos e compartir con quen o desexemos para traballar en colaboración. Texto, imaxes, arquivos de audio…Ten aplicación para dispositivos móbiles. Podes gardar tanta información como desexes, na nube. Moi útil para traballar na clase co alumnado ou ben para traballo persoal. Deixamos aquí un video moi didáctico sobre esta ferramenta realizado por Tati Mancebo na Plataforma Proyecta.