EXPOSICIÓN DE ISABEL PINTADO

IMG_20151007_121719 (1)Cambio de mes e renovamos exposición no Recuncho de lectura e nas peceiras de creatividade. Durante os meses outubro e novembro podedes vir e coñecer a obra dunha grande artista, Isabel Pintado, licenciada en Belas artes pola Universidad Complutense de Madrid, profesora de pintura e gravado en varias institucións (Museo de Belas Artes da Coruña ou MAC, entre outros), ilustradora, colaboradora en espectáculos teatrais facéndose cargo da escenografía e atrezzo (Pisados Botamán de Melide ou Snakizados, de Gustavo Pernas), realiza ademáis instalacións artística, pintura en seda, etc. Acadou numerosos premios e bolsas artísticas.

A obra que presenta na nosa Biblioteca xira en torno ao libro. No recuncho de lectura hai unha pequena mostra dalgunhas das súas pinturas en papel. E nas peceiras de creatividade unha selección de libros intervidos, nos que podemos atopar poemarios de Eva Veiga, Miguel Anxo Fernán Vello, Francisco X. Fernández Naval, Yolanda Castaño, Antonio Gamoneda, Diana Varela Puñal…, cos que dialoga con debuxos e sedas.

Exposicións de maio

Comezamos o mes de maio con duas interesantes exposicións na Biblioteca.

IMG_20150505_084716Coincidindo e colaborando coas xornadas do festival Marea alta na nosa Facultade, entre o 4 e o 7 de maio, teremos na Biblioteca algunha das obras de Xosé Manuel Barros Hermida, da asociación Mar de fábula. Xosé Manuel traballa con crebas, refugallo que nos devolve o mar, e que transforma en fermosos barcos e no que el denomina “criaturas caóticas”. Case podemos navegar no Norah Crane, no Titan ou no Costa dos mosquitos… ou lembrar a Humphrey Bogart e Katharine Hepburn no African Queen.

Con motivo destas xornadas, nas nosas peceiras de creatividade temos unha mostra sobre a contaminación dos océanos e a poesía do mar.

E no noso Recuncho de lectura, tamén temos cambio de exposición. Nesta ocasión será Teresa Candal quen nos encha a sala de arte e de cor. Teresa é licenciada en Belas artes pola Universidade de Vigo, ten realizado numerosas exposicións de pintura, ademais é deseñadora gráfica e conta con formación en Arteterapia, cun postgrado realizado en Barcelona e o ciclo superior en Madrid. A cor domina nas súas obras, que en moitas ocasións a leva a abstración. Xoga con textos, dialogando con grandes autoras e autores, como Rosalía de Castro ou Cortázar, como podemos ver nalgunhas das obras aquí expostas. Nesta ocasión, Teresa, preséntanos unha serie de acuarelas, algunhas delas pertencen a unha homenaxe a Rosalía, un grande traballo.

Podesdes ver a súa exposición a partir do 7 de maio ata finais de xuño.

Michael W Apple Doutor Honoris causa pola UDC

IMG_20150313_125637Michael W. Apple naceu no ano 1942 en Patterson, New Jersey, USA.  Exerceu como mestre en escolas locais. Actualmente é profesor na Universidade de Wisconsin Madison, unha universidade pública dos Estados Unidos. Ten un número importante de publicacións – libros e artigos de revistas- das que  vos ofrecemos unha listaxe.

Considérase unha persoa moi política, fondamente comprometida coa transformación educativa e social. A pregunta De quen é o coñecemento que se está a ensinar nas escolas? é a clave do traballo da súa vida. (entrevista do profesor Jurjo Torres Santomé na revista Cuadernos de Pedagogía, nº 275, decembro de 1998).

Nesa mesma entrevista conta que a orixe deste compromiso está na súa infancia. A cidade onde naceu era unha das máis pobres dos Estados Unidos e alí coñeceu loitas sindicais e antirracistas. Na  súa propia familia había activistas e a escola  onde estudaba tiña un importante número de alumnado afroamericano e,  en xeral,  de clase traballadora inmigrante, polo que logo se decatou do valor da loita política.

O feito de vir dunha familia de impresores e traballar él mesmo na imprenta , onde se  vía como algo consustancial a relación entre o traballo de impresor co  da alfabetización, foi algo que o levou a ser profesor.

Na súa edade adulta, este compromiso levouno a implicarse activamente: indo ao Sur para abrir escolas que pecharan grupos racistas e sendo presidente de un sindicato de profesorado.

Este ano, a Universidade da Coruña vaino facer Doutor Honoris Causa.  Que sexa un educador quen recibe tal distintivo fai que nos sintamos orgullosas/os nós tamén,  quer coma membros da Facultade de Ciencias da Educación , quer  coma cidadás e cidadáns que confían na educación como “unha arma de futuro”. O seu padriño, nesta ocasión é Jurjo Torres Santomé, profesor doutor da UDC.

Nós unímonos a esta homenaxe cunha mostra sobre a súa obra nas nosas peceiras de creatividade. Asi mesmo deixamos unha relación coas obras que temos no catálogo escritas por el ou que falan sobre el, e unha bibliografía sobre Apple.

TROULAS, AS OUTRAS ORLAS

TROULAS DEFTROULAS, AS OUTRAS ORLAS

Exposición das orlas realizadas polo alumnado das promocións do Mestrado Universitario en profesorado de ensino secundario, no Itinerario de artes plásticas e visuais. A mostra está coordinada polo profesor Roberto Suárez Brandariz.

Troula: no argot dos afiadores ourensáns “mentira”. Esta exposición quere mostrar as interpretacións que os alumnos do Mestrado de Ensino Secundario fan da orla da súa promoción. Utilizando os elementos básicos: imaxe dos seus compoñentes, os seus nomes, o texto que define os seus estudos e o ano da promoción, pero dun xeito non convencional (Roberto Suárez Brandariz).


???????????????????????????????

???????????????????????????????

Ao alumnado formulóuselle o reto de expresarse dun modo orixinal empregando un medio tan anodinamente convencional como adoita ser unha ORLA, e aquí están os resultados.

A exposición pode verse no Recuncho de lectura e nas Peceiras de creatividade da Biblioteca durante todo o mes de febreiro.

 

 

Exposición de pintura na Biblioteca: Carlos Botana

cartacecarlosbotanaDurante os meses de novembro e decembro podedes visitar a exposición de pintura de Carlos Botana. No recuncho de lectura da Biblioteca.
Dez obras realizadas con acrílico sobre papel, nas que, como é habitual na obra do artista, o mar e os seus habitantes son os protagonistas.
Carlos Botana é un grande creador galego, e un dos mailartistas máis activos na comunidade internacional.

Deixamos aquí unhas imaxes da mostra na Biblioteca.
IMG_20141112_143518 IMG_20141112_143537 IMG_20141112_143548

Exposición de Ex-libris na Biblioteca

O grupo Inkprint Group (Porto- Portugal) e o colectivo arTeu ( Galicia) presentan un proxecto de intercambio de ex-libris entre artistas portugueses, galegos, españois e arxentinos, que será exposto en 2014
en diferentes países. Os artistas convidados son: Ariel Kofman, Carmen Cierto, Cristina Camargo, Inma Doval, Isabel Pintado, Juan Sebasatián Carnero, Manuel
Ramos, Manuel Silvestre, Paz Amorim, Maribel Longueira, María Verdugo, Mariana de Castro, Miriam Rodrigues, Mercedes Molares, Nacho Baamonde, Renata Carneiro, Roberto Suárez Brandariz, Rosa Puente, Susana Bravo e Teresa Pedroso.
Recuncho de lectura, ata o 7 de marzo. Máis información sobre o proxecto na web Ex-libris.

Os   ex-libris son pequenos selos, estampas, creadas con técnicas de gravado, para   identificar ao propietario dun libro. Levan a inscripción EX,  indicativo de orixe e procedencia e LIBRIS, do liber-libro, o nome do  propietario de devandito libro, así como unha imaxe alegórica á súa personalidade, ocupación, gustos persoais.
Van situados no interior do libro, como quen garda un segredo.  Dada a posibilidade do gravado, de estampación orixinal múltiple, a partir da   matriz é posible imprimir tantos exlibris como libros posúa o dono da biblioteca.  É así como quen presta a outra persoa un exemplar da súa colección cun exlibris no seu interior, está pedindo que ese libro volva ás súas mans. Presta un libro, que ademais do seu contido leva unha estampa que indica que ese prezado libro é “de entre os libros de…” e debe voltar ao seu dono para que el mesmo se sinta completo e integro.
A beleza da lectura, entre outros aspectos, é compartir, coñecer, viaxar a través das palabras e imaxinar… Nesta ocasión reunímonos para imaxinar, pensar nosoutros, os nosos colegas, os nosos amigos. Debuxamos, imprimimos, mergullámosnos no especial mundo da outra persoa. Somos 20 artistas provenientes de España, Portugal e Arxentina, hermanados pola estampa, polo profundo cheiro a tinta e a textura do papel. Hoxe tócanos pensar no outro: Cales son os seus gustos persoais? A onde vai? De onde vén? Involucrámonos, investigamos, engadimos símbolos, buscamos a metáfora… Dedicamos un exlibris!  
Juan Sebastián Carnero

 

De cerca

Cartace e programa
Retransmisión en UDCTV das xornadas
Presentación de Andoni Calderón

Durante os días 22 e 23 de abril terán lugra na Facultade de Ciencias de Educación as xorndas De Cerca, nas que se fará un achegamento á lectura na universidade, coa presentación da Rede Interncaional de Universidades lectoras.

Contaremos con destacados relatores (docentes e bibliotecarios), con autores e lectores.
A Biblioteca participa, ademáis de na organización, con varias exposicións paralelas:

“Retratando libros”, exposición que ven da Biblioteca Central da Universidade de Vigo. A mostra parte dunha selección de 28 fotografías de entre as case 200 que compoñen o álbum “Retratando Libros” en Flickr, realizado pola Sección de Adquisicións da BUV, e “son un perfecto exemplo do que esta iniciativa quixo ser dende o seu comezo en 2008: unha invitación a retratar o mundo do libro, en calquera contexto, sen mais” (blogdabiblio). Lugar: Recuncho de lectura da Biblioteca”

“Baixo cuberta”. Un paseo pola historia do libro, dende a invención da escritura ata o libro electrónico. Pódense ver algunhas xoias como un orixinal de “L’Architettura” de León Battista Alberti, datado en 1565, pertencente ao fondo da biblioteca da ETSA da UDC, ou unha Biblia de 1723 que procede dunha colección privada. Todo esto e moito máis nas nosas Peceiras de creatividade.

“Verbas ao vento”, instalación artística que pendura do Auditorio da facultade, realizada por Roberto Suárez Brandariz e Inma Doval Porto coa grande colaboración do alumnado de terceiro (A e B) de Grao en Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da UD. Nela participan 20 artistas:  Amelia Seoane Secas (Galicia), Augusto Metztli (México), Carmen Cierto (Galicia), Ceu Costa (Portugal), Inma Doval (Galicia), Isabel Pintado (Madrid), Julia Pintão (Portugal), Lara Pintos (Galicia), Manoel Bonabal (Galicia), Manuel Silvestre (Valencia), María Verdugo Althofer  (Madrid), Mariana de Castro (Portugal), Maribel Longueira (Galicia), Marthazul (Galicia), Mercedes Molares (Galicia), Miriam Rodrigues (Portugal), Novais (Galicia), Ramiro Torres Maceiras (Galicia), Renata Carneiro (Portugal), Xacobe Meléndrez Fassbender (Galicia.

A creación poética e fotográfica na Biblioteca

Como sabedes temos na Biblioteca duas exposicións con motivo da celebración do día Internacional da Muller Traballadora, que poderedes visitar durante todo o mes de marzo. Begoña Pastoriza realizou esta fermosa reportaxe fotográfica.

“A creación poética: Eva Veiga, Yolanda Castaño e Berta Dávila”. Peceiras de creatividade.

Exposición de fotografía “Anónimas”, de Begoña Pastoriza, fotógrafa galega, membro do Grupo Surrealista Galego. Recuncho de lectura.

Tamén hai unha reseña sore elas na Webzine Mirai.

Actividades do mes de marzo

deseño e maquetación de Alicia Montero Arias e Diego RodríguezA Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña únese á conmemoración do Día da muller traballadora (oito de marzo), adicándollo á poderosa presencia da muller na poesía e na fotografía. Así, as nosas peceiras de creatividade  acollerán a mostra “A creación poética: Eva Veiga, Yolanda Castaño e Berta Dávila, tres mulleres poetas galegas, nadas en décadas diferentes. Estes contenedores de cristal deixarán ver non só as súas obras publicadas, se non tamén  unha serie de obxectos seleccionados por elas mesmas que están relacionados coa súa creatividade.

O día 8, ás 11 da mañá, haberá unha lectura de textos simultánea en todas as bibliotecas da universidade, no noso caso leeranse poemas das tres poetas que eleximos para representar a nosa poesía. A lectura será de 10 minutos e serán lidas por alumnado do Centro de Voluntariado da UDC, aos que agradecemos xa de antemán a súa implicación.

Deseño e maquetación de Begoña Pastoriza

Contaremos tamén coa exposición “Anónimas”, de Begoña Pastoriza, fotógrafa coruñesa, membro do Grupo Surrealista Galego, que se poderá visitar no horario da biblioteca no noso Recuncho de lectura.

O día 13 de marzo, no Salón de Graos da Facultade, ás 17 h, haberá outra actividade,fotografía de Paula Gómez del Valle “En conversa con… Berta Dávila”, na que a autora nos falará da súa creación poética e recitará algúns dos seu poemas. Contaremos nesta ocasión coa colaboración de Patricia Carballal Miñan, docente do centro e o seu alumnado do Grao de Educación Primaria.

A Oficina para a Igualdade de Xénero realizou un gran traballo de compilación de material enviado dende as bibliotecas da UDC que conmemoran con exposicións e otras actividades o día internacional da muller traballadora, e con el elaborou un dosier informativo, un triptico con toda a información e un cartace, que podedes consultar aquí.