Curso MOOC da UPV, Tecnologías educativas

moocHoxe comeza unha nova edición do curso en aberto (MOOC) da Universitat Politècnica de València, Tecnologías educativas, destinado a docentes de todos os niveis, impartido por Miguel Ferrando Bataller, Ignacio Despujol Zabala, José Manuel Martínez González e Ana María Checa Rubio. Duración 11 semanas.

Os MOOCs nas universidades españolas

Cada vez son máis numerosos os MOOCs( Massive Online Open Courses = Cursos online masivos e abertos), e, segundo un informe da Cátedra Telefónica da Universitat Pompeu Fabra, en España no 2014 hai ofertados 200 MOOCs e máis dun 30% das universidades españolas ofertan este tipo de cursos. A mayoría deles por 3 universidades, Universidade Politécnica de Valencia, a UNED e a Universidade de Cantabria.

Son cursos de matriculación masiva, calquera pode acceder a eles, impártense en liña, son abertos e gratuítos. Además ofrecen un certificado de realización do mesmo. A mayoría duran unas 7 semanas e é preciso dedicarlles unas 4 horas semanas. Utilizan diferentes plataformas, sendo a máis popular Miriada X, añinda que algunas como a UNEd teñen plataforma propia. As clases son amenas, a través de videos de non máis de 10 m de duración, con enlaces, textos, prácticas…

Hainos de todas as materias. Aquí tedes unha selección dos que están relacionados coa educación:

Universidade Politécnica de Valencia
Tecnologías educativas. Setembro 2014. 11 semanas

Universidade de Cantabria
Aprendizaje, Conducta Social, Emoción y Creatividad: Bases Neurobiológicas (Miríada X).

UNED COMA
É preciso rexistrarse para poder ver os cursos que ofertan, e neste momento non está activo ningún de educación.

Tamén outras universidades españolas ofrecen MOOCs. A Universidad Complutense de Madrid ofertou a finais do ano pasado un moi interesante, que é posible que se repita, Gestión de la información Científica en Abierto.

Hai moitos máis cursos en aberto, ofertados por universidades e por outras institucións de ámbito internacional e en diferentes idiomas. Na web http://www.mooc.es/ podes filtrar por materia, idioma e data de inicio.