Manuel María, poeta

cartaceO Día das Letras Galegas de 2016 foi adicado a este poeta chairego, galego de nacemento, oficio e vocación.

Como este ano as datas cadraron co Centenario das Irmandades da Fala, a biblioteca adiou a exposición deste autor para setembro-outubro, época na que, dende hai oito anos, a Fundación Manuel María lle fai unha homenaxe na Coruña chamada “Lúas de Outono”, tendo en conta a súa data de nacemento (6 de outubro) e pasamento (8 de setembro).

No andar-2 da biblioteca están 10 paneis explicativos da vida e obra deste grande poeta, cuxa vida e obra están unidas no amor e compromiso co país.

Nestas vitrinas temos unha pequena mostra da súa obra e estudos sobre él e aqui deixamos unha bibliografía realizada por nós sobre el e a súa obra. Na web da Casa Museo Manuel María hai unha relación completa da súa obra. Na Biblioteca da UDC temos disponible para levar en préstamo moitas delas, asi como recursos didácticos e na Biblioteca Virtual Galega podedes ler algunas en rede.

Queremos destacar que foi o primeiro autor en editar en galego despois da guerra civil e en editar poesía para crianzas.

Hai temáticas da súa poesía que persisten ao longo da súa obra: a natureza, a casa, o país (paisaxe e paisanaxe), o idioma, o amor, a palabra…Na súa lírica destaca a súa musicalidade, o que o levou ser un dos autores máis cantados e popularizados por diversos cantores e cantoras.

Informativo monográfico sobre Manuel María realizado no CPI dos Dices-Rois

Que o gocedes!