Ler, escribir e com@prender na era dixital

seminarioesO venres 25 de setembro terá lugar na Facultade de Educación da Universidade da Coruña o II seminario internacional de educacion social e alfabetización lectora,  baixo o lema Ler, escribir e com@prender na era dixital, organizado por  Héctor Pose (UDC) e José Antonio Caride (USC), coordenadores das respectivas universidades na RIUL (Rede Internacional de Universidades Lectoras). Neste seminario participarán, entre outros, como Daniel Cassany , Roberto Aliaga, Xosé CobasXosé Ballesteros, Javier Marco, Santiago Yubero, Sandra SáchezXulio L. Valcárcel.

IMG_20150924_130912

 

Na Biblioteca, con motivo deste seminario tan atractivo, seleccionamos una serie de libros e material sobre o tema que podedes ver exposto nas nosas vitrinas de creatividade. Ademáis elaboramos una bibliografía con artigos e libros recentes sobre lectura e era dixital que podedes consultar se queredes profundizar máis.

Chega o verán con novas mostras na biblioteca

Durante os meses de xullo e agosto poderemos ver na Biblioteca duas mostras. No Recuncho de lectura unha fermosa exposición de Teresa Pedroso, con gravados (xilografías), cianotipias e fotografías.Teresa Pedroso é artista portuguesa, licenciada en artes plásticas no Porto (ESBAP), que leva moitos anos traballando en escultura e gravado e tempo xa investigando sobre a cianotipia e as súas aplicacións artísticas, aos diferentes materiais e texturas. Tamén é ilustradora científica, habendo realizado o curso de ilustración científica da Universidade de Aveiro. Expón a súa obra habitualmente en Porto, Xapón, España ou Alemania.

A outra exposición está nas “peceiras de creatividade”, na entrada da biblioteca. Trátase dunha mostra con algunhas lecturas recomendadas para este verán, seleccionadas entre as  moitas que temos na biblioteca. Narrativa e poesía, diferentes xéneros, literatura de viaxes, novela histórica,, novela negra, biografías, autoras e autores clásicos e contemporáneos, galegos e de fóra. Para o cartace eleximos unha bonita fotografía dun artista xaponés, Mr Hayata, tomada do seu muro de flickr, e que utiliza creative commons.

Novas sobre lectura e libro electrónico

Un novo número de Documenta (Territorio Ebook (Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca) recolle as últimas noticias sobre lectura e libro electrónico.
Documenta, nº 25. Deborah Caldwell-Stone, subdirectora da ALA fala sobre os riscos do préstamo de ebooks en relación aos dereitos de autor, algúns editores amosan as suas discrepancias con Amazon, se trata o tema dos cambios nos hábitos lectores, de que len os máis pequenos, o renacer do modelo de subscripción para libro electrónico… e moito máis.

Lembrade que tedes na biblioteca ereaders á vosa disposición para levar en préstamo. Son moi cómodos para levar no peto cando un vai de viaxe, neles caben unha morea de libros e non pesa nada, para ler en calquera lugar, non pesan e non reflicten nada a luz.

 

Felicidade clandestina: Lectura dos textos seleccionados na libraría Libros para Soñar

 

O pasado 13 de xuño tivo lugar na libraría Libros para soñar a lectura dos textos seleccionados no concurso “Felicidade clandestina”, organizado por Patricia Carballal e a nosa Biblioteca, coa colaboración de Kalandraka e Estaleiro edicións.
Aquí podedes ver algunhas fotografías realizadas por Marta e María, da libraría, ás que agradecemos moito a sua colaboración.
Noraboa a todas e a todos e moitas grazas por participar.

 

A exposición cos textos e fotografías das cubertas das obras quedou inaugurada o 4 de xuño e no blogue da librería están colgadas algunhas fotografías así como detalles das obras escollidas. Lembrade que podedes ler os textos na exposición no noso blogue e visitar a exposición durante todo o verán.

TOUR DE LECTURAS DO OESTE

A Facultade de Ciencias da Educación xunto coa Rede Internacional de Universidades Lectoras (coordinado na UDC por Héctor Pose), organiza o Tour de Lecturas do Oeste.

Con motivo deste evento na Biblioteca podedes ver duas exposicións, unha de debuxos de Rubén Mariño, no Recuncho de Lectura, e outra, nas peceiras de creatividade,  con cadernos de varios creadores: Berta Dávila, Manoel Bonabal, Enrique Lista, Miguelanxo Prado, Francisco X. Fernández Naval, Mercedes Molares, Ali Ali, Emilio Celeiro, Nacho Baamonde, Javi Montes, Lara Pintos, Miguel Cuba, Dani Montero e Hector Francesch.

 

Ademáis se tedes algún texto que queirades compartir, dispoñedes do “atril aberto”, non tedes máis que contactar con nós e buscamos o mellor momento para que o acheguedes ao público.

Así foi o Tour

30 de xaneiro: día escolar pola paz

A Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación únese á celebración do 30 de xaneiro, día escolar pola paz, cunha pequena mostra de documentos e películas que tratan o tema.

Tanto na selección de documentos, como na de recursos contamos coa colaboración de Cathryn Teasley, que tamén escribíu un texto que acompaña a exposición.

A imaxe elexida para a realización do cartace é un gravado de Ovidiu Battista.

FORXANDO A CULTURA DA PAZ NOS CENTROS (VV.AA.)

Bibliografía sobre o tema (Cathryn Teasley)

Proxecto RedeseartePaz

Guía de libros infantís e xuvenís para achegarse ao mundo árabe (Casa Árabe)

Webs de interese:

Educadores pola paz

Educadores pola paz, do Movemento de Renovación Pedagóxica (MRP) NOVA ESCOLA GALEGA, o primeiro grupo de educación para a paz da historia de Galicia e o máis veterano dos que están en exercicio de España.

Seminario Galego de Educación pola Paz

Sedupaz

Seminario de Educación para la Paz de la Asociación Pro Derechos  Humanos

Edualter

red de recursos en educación para la paz, el desarrollo y la interculturalidad

http://www.iearn.org/

International Education and Resource Network

Rede global que axuda a docentes e a xente nova na utilización das tecnoloxías da información para a realización de proxectos.

Red educativa internacional: recursos, proyectos, debates, …

Escola instrumento de paz

Fundación Seminario de Investigación para la Paz

Exposición “A ilustración do libro infantil hoxe”

A ILUSTRACIÓN DO LIBRO INFANTIL HOXE

A figura do ilustrador/a de contos infantis foi adquirindo nos últimos anos o protagonismo que lle corresponde, deixando de ser quen unicamente engade algunha imaxe a o conto dun escritor/a para compartir a coautoría do mesmo.

Ata hai pouco era moi frecuente que o editor/a, cando decidia publicar un conto buscara a un artista que o ilustrara. Agora cada vez é mais frecuente que ambos autores se unan e decidan crear unha obra común, o que chamamos un “álbum lustrado”, no que ilustración e texto se unen e funden para dar paso a fermosas obras. Incluso hai ocasións nas que é a ilustración a única protagonista do conto, e son as imaxes as que nos dan a súa lectura (Emigrantes de Shaun Tan). Tamén é cada vez mais habitual que é um mesmo artista o que escribe o texto e fai as ilustracións (Maurice Sendak, Ian Falconer, Rocio Martínez, Leo Lionni, Jimmy Liao, Anthony Brown ou Pepe Carreiro cós Bolechas…).

Hai escritores/as que empatizan con algún/ha artista en particular e viceversa, de modo que é habitual velos traballar xuntos en varias obras, como Teresa Moure e Leandro Lamas ou Roald Dahl e Quentin Blake…

As editoriais tamén se preocupan cada vez mais pola boa factura dos libros, algunhas especialízanse en conto infantil e especialmente no álbum ilustrado como é o caso de Barbara Fiore ou en Galicia Kalandraka, Faktoría K e OQO. Incluso aquelas que non están especializadas neste tipo de xénero crean series para nenos e nenas contando cos mais relevantes ilustradores/as do momento, así por exemplo Mcmillan ten unha importante sección para público infantil, Edelvives con fermosos contos ilustrados por exemplo por Rebeca Dautremer, Xerais coa colección Merlin, A Nosa Terra coa serie dos Bolechas ou a colección Tartaruga de Galaxia.

A poesia infantil vai tendo cada vez mais forza, así temos poesia ilustrada dalguns clásicos do século XX como Miguel Hernández, García Lorca ou Rosalia de Castro, que saen á luz agora xunto con outros de poetas e poetisas actuais como Yolanda Castaño ou Bernardino Graña, com ilustracións de Xosé Tomás ou Anxo Fariña respectivamente.

E tamén a música convive cos contos, creándose agora fermosísimos contos ilustrados aos que acompañan CDs de música, tanto com adaptacións de grandes obras clásica e de óperas, como con composicións creadas especialmente para os mais pequenos/as (colección Musicontos).

Adaptacións dos contos de sempre rexurden con novas ilustracións, como unha fiel adaptación da Cincenta ilustrada por Isabel Forestier publicada por Ediciones B, A Sereíña ilustrada por Max ou a Alicia anotada ilustrada por John Tenniel.

Este auxe da ilustración ten unha boa resposta nos numerosos premios que se convocan cada ano e que dan a coñecer a unha listaxe cada vez mais grande de bos e boas artistas que atopan na ilustración infantil un maravilloso camiño para a súa creatividade. Alguns dos premios mais recoñecidos son: o Premio Nacional de Ilustración, creado no 2008 e que gañou Miquel Calatayud no

2009; o premio Pura e Dora Vázquez, que convoca todos os anos a Diputación de Ourense, e que este ano foi concedido á arousana Nuria Diaz pola obra Palabra era un universo paralelo escrita por Xoán Babarro; ou Premio Internacional Compostela, do Concello de Santiago e Kalandraka, otorgado este ano a Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa pola obra “A familia C”. Ademais de moitos outros convocados por editoriais, concellos ou institucións.

Na mostra que hoxe presentamos na Biblioteca hai unha pequena selección de contos ilustrados por alguns das/os mellores ilustradoes/as do momento como son: Ian Falconer, Quentin Blake, Isabelle Forestier, Shaun Tan, Rebeca Dautremer, Pepe Carreiro, Leandro Lamas, Mª Fé Quesada, Maurice Sendak, Ánxeles Ferrer, Federico Fernández, Max, Rocio Martínez, Rosa Osuna, Elena Odriozola, Anthony Browne, Jimmy Liao, John Tenniel, Leo Lionni, Wolf Erlbruch, Manel Cráneo e Aitana Carrasco.

Acompaña á exposición o poema “A estatura do relâmpago” de Ramiro Torres.

A estatura do relámpago

                       Para o Fran, em Xiada, experto em livros e afectos.

Para o Xoán Abeleira, mago da palavra e a doçura.

Para Juana Vázquez e Ana Corral, na biblioteca dos sonhos.
Os dedos descobrem livros

com fome luminosa,

bebem numa cosmologia

até andarem na superfície pura

do universo, como emanações

de uma órbita secreta:

sabem dos estranhos

silêncios dos astros,

nutrem os sentidos desde

uma altura esquecida.

No poema devoram-se

as palavras solares para

orientar-nos na ingravidez:

filhas de energia inabarcável,

executam danças nômades para

nos transportar longe

do que não somos,

até a incipiente terra da procura.

Devemo-nos a este trabalho

de atingir a estatura do relâmpago,

e aprendermos a arte de ver com

todas as vértebras do tempo

abertas, como pálpebras

de uma deusa inextinguida.

 Ramiro Torres, maio de 2010.