TOUR DE LECTURAS DO OESTE

A Facultade de Ciencias da Educación xunto coa Rede Internacional de Universidades Lectoras (coordinado na UDC por Héctor Pose), organiza o Tour de Lecturas do Oeste.

Con motivo deste evento na Biblioteca podedes ver duas exposicións, unha de debuxos de Rubén Mariño, no Recuncho de Lectura, e outra, nas peceiras de creatividade,  con cadernos de varios creadores: Berta Dávila, Manoel Bonabal, Enrique Lista, Miguelanxo Prado, Francisco X. Fernández Naval, Mercedes Molares, Ali Ali, Emilio Celeiro, Nacho Baamonde, Javi Montes, Lara Pintos, Miguel Cuba, Dani Montero e Hector Francesch.

 

Ademáis se tedes algún texto que queirades compartir, dispoñedes do “atril aberto”, non tedes máis que contactar con nós e buscamos o mellor momento para que o acheguedes ao público.

Así foi o Tour

Exposición “A ilustración do libro infantil hoxe”

A ILUSTRACIÓN DO LIBRO INFANTIL HOXE

A figura do ilustrador/a de contos infantis foi adquirindo nos últimos anos o protagonismo que lle corresponde, deixando de ser quen unicamente engade algunha imaxe a o conto dun escritor/a para compartir a coautoría do mesmo.

Ata hai pouco era moi frecuente que o editor/a, cando decidia publicar un conto buscara a un artista que o ilustrara. Agora cada vez é mais frecuente que ambos autores se unan e decidan crear unha obra común, o que chamamos un “álbum lustrado”, no que ilustración e texto se unen e funden para dar paso a fermosas obras. Incluso hai ocasións nas que é a ilustración a única protagonista do conto, e son as imaxes as que nos dan a súa lectura (Emigrantes de Shaun Tan). Tamén é cada vez mais habitual que é um mesmo artista o que escribe o texto e fai as ilustracións (Maurice Sendak, Ian Falconer, Rocio Martínez, Leo Lionni, Jimmy Liao, Anthony Brown ou Pepe Carreiro cós Bolechas…).

Hai escritores/as que empatizan con algún/ha artista en particular e viceversa, de modo que é habitual velos traballar xuntos en varias obras, como Teresa Moure e Leandro Lamas ou Roald Dahl e Quentin Blake…

As editoriais tamén se preocupan cada vez mais pola boa factura dos libros, algunhas especialízanse en conto infantil e especialmente no álbum ilustrado como é o caso de Barbara Fiore ou en Galicia Kalandraka, Faktoría K e OQO. Incluso aquelas que non están especializadas neste tipo de xénero crean series para nenos e nenas contando cos mais relevantes ilustradores/as do momento, así por exemplo Mcmillan ten unha importante sección para público infantil, Edelvives con fermosos contos ilustrados por exemplo por Rebeca Dautremer, Xerais coa colección Merlin, A Nosa Terra coa serie dos Bolechas ou a colección Tartaruga de Galaxia.

A poesia infantil vai tendo cada vez mais forza, así temos poesia ilustrada dalguns clásicos do século XX como Miguel Hernández, García Lorca ou Rosalia de Castro, que saen á luz agora xunto con outros de poetas e poetisas actuais como Yolanda Castaño ou Bernardino Graña, com ilustracións de Xosé Tomás ou Anxo Fariña respectivamente.

E tamén a música convive cos contos, creándose agora fermosísimos contos ilustrados aos que acompañan CDs de música, tanto com adaptacións de grandes obras clásica e de óperas, como con composicións creadas especialmente para os mais pequenos/as (colección Musicontos).

Adaptacións dos contos de sempre rexurden con novas ilustracións, como unha fiel adaptación da Cincenta ilustrada por Isabel Forestier publicada por Ediciones B, A Sereíña ilustrada por Max ou a Alicia anotada ilustrada por John Tenniel.

Este auxe da ilustración ten unha boa resposta nos numerosos premios que se convocan cada ano e que dan a coñecer a unha listaxe cada vez mais grande de bos e boas artistas que atopan na ilustración infantil un maravilloso camiño para a súa creatividade. Alguns dos premios mais recoñecidos son: o Premio Nacional de Ilustración, creado no 2008 e que gañou Miquel Calatayud no

2009; o premio Pura e Dora Vázquez, que convoca todos os anos a Diputación de Ourense, e que este ano foi concedido á arousana Nuria Diaz pola obra Palabra era un universo paralelo escrita por Xoán Babarro; ou Premio Internacional Compostela, do Concello de Santiago e Kalandraka, otorgado este ano a Pep Bruno e a ilustradora Mariona Cabassa pola obra “A familia C”. Ademais de moitos outros convocados por editoriais, concellos ou institucións.

Na mostra que hoxe presentamos na Biblioteca hai unha pequena selección de contos ilustrados por alguns das/os mellores ilustradoes/as do momento como son: Ian Falconer, Quentin Blake, Isabelle Forestier, Shaun Tan, Rebeca Dautremer, Pepe Carreiro, Leandro Lamas, Mª Fé Quesada, Maurice Sendak, Ánxeles Ferrer, Federico Fernández, Max, Rocio Martínez, Rosa Osuna, Elena Odriozola, Anthony Browne, Jimmy Liao, John Tenniel, Leo Lionni, Wolf Erlbruch, Manel Cráneo e Aitana Carrasco.

Acompaña á exposición o poema “A estatura do relâmpago” de Ramiro Torres.

A estatura do relámpago

                       Para o Fran, em Xiada, experto em livros e afectos.

Para o Xoán Abeleira, mago da palavra e a doçura.

Para Juana Vázquez e Ana Corral, na biblioteca dos sonhos.
Os dedos descobrem livros

com fome luminosa,

bebem numa cosmologia

até andarem na superfície pura

do universo, como emanações

de uma órbita secreta:

sabem dos estranhos

silêncios dos astros,

nutrem os sentidos desde

uma altura esquecida.

No poema devoram-se

as palavras solares para

orientar-nos na ingravidez:

filhas de energia inabarcável,

executam danças nômades para

nos transportar longe

do que não somos,

até a incipiente terra da procura.

Devemo-nos a este trabalho

de atingir a estatura do relâmpago,

e aprendermos a arte de ver com

todas as vértebras do tempo

abertas, como pálpebras

de uma deusa inextinguida.

 Ramiro Torres, maio de 2010.