“Autor público, autor en privado. Da investigación á publicación, da lectura á escrita. Velaí o profesor, a persoa: Héctor Pose”.

Dende hoxe e  ata finais de xaneiro pódese ver na Biblioteca, nas peceiras de creatividade
a exposición “Autor público, autor en privado. Da investigación á publicación, da lectura á escrita. Velaí o profesor, a persoa:  Héctor Pose”.

Trátase dunha mostra sobre un autor e profesor, Héctor Pose Porto, a súa  producción científica, froito da investigación e docencia, así como as súas  fontes máis literarias e a súa creación persoal. Esta exposición, ideada e  montada por Héctor, inicia unha serie adicada ao profesorado do centro, que  desexamos preparen mostras similares co seu traballo. É un xeito de dar a
coñecer ao alumnado unha nova visión, a da/o docente, productor/a de contidos,
investigador e lector. Animámosvos a que a visitedes.
Aquí deixamos unhas imaxes do ben que quedou:

© Fran Moledo

A memoria como fermento.

As nosas peceiras de creatividade énchense de novo de cor, imaxes, obxetos, experiencias, identidade, … MEMORIA, e neste caso “memoria colectiva”, a da sociedade.

Noticia na Voz de Galicia

Deixámosvos o texto sobre a mostra realizado polos seus autires (Hector Pose e Luís Porto) e convidámosvos a visitala e mergullarvos nesas augas mansas da memoria.

A memoria como fermento. O libro como soporte documental dunha entidade de base. Unha experiencia.

A memoria dos territorios e das súas xentes é un recurso fundamental no proceso de construcción da identidade local. Todo profesional da acción educativa e sociocultural debe sabelo.

E ese cúmulo de experiencias colectivas cotiás (festas, fitos deportivos, desastres ou sucedidos…) van amoreando un xeito de vivir e convivir que conforma un pasado, un xeito de ser. Tal pasado fornece o presente de cada comunidade e axúdalle a encarar con mellores garantías o futuro de seu.

Un club de fútbol afeccionado, unha entidade de base, colabora en tal proceso de desenvolvemento comunitario. Co seu desinteresado labor, década tras década, achega lecer, relacións, valores e memoria. Cohesiona socialmente.

O álbum visual “SCD Malpica, 40 anos de fútbol” tenta demostralo. Quere poñer en valor a participación social, o educar patrimonialmente, axudar a visibilizar un labor calado e sostido de xeracións e lexitimar ao libro analóxico como soporte promocional.

Amosámosvos un humilde exercicio de pedagoxía cívica.

O libro custa 15€ e van integramente para o labor social da SCD Malpica.

TOUR DE LECTURAS DO OESTE

A Facultade de Ciencias da Educación xunto coa Rede Internacional de Universidades Lectoras (coordinado na UDC por Héctor Pose), organiza o Tour de Lecturas do Oeste.

Con motivo deste evento na Biblioteca podedes ver duas exposicións, unha de debuxos de Rubén Mariño, no Recuncho de Lectura, e outra, nas peceiras de creatividade,  con cadernos de varios creadores: Berta Dávila, Manoel Bonabal, Enrique Lista, Miguelanxo Prado, Francisco X. Fernández Naval, Mercedes Molares, Ali Ali, Emilio Celeiro, Nacho Baamonde, Javi Montes, Lara Pintos, Miguel Cuba, Dani Montero e Hector Francesch.

 

Ademáis se tedes algún texto que queirades compartir, dispoñedes do “atril aberto”, non tedes máis que contactar con nós e buscamos o mellor momento para que o acheguedes ao público.

Así foi o Tour