Galgo. A beleza da fraxilidade, exposición de Víctor Arufe Giráldez

Galgo. A beleza da fraxilidade,
exposición fotográfica de Víctor Arufe Giráldez.
do 26 de xaneiro ao 28 de febreiro, no Recuncho de lectura da Biblioteca.

“Son as fotografías de Victor Arufe unha documentación sobre a vida dos galgos. Amósanse co carácter didáctico de quen se implica honestamente nun mundo que fai seu e que quere partillar. Tan seu que aparece un certo carácter de humanización dos cánidos a través da técnica do retrato por unha banda, cun esforzo importante en descifrar o xeito de sentir de cada can, e pola outra da reportaxe que quere ensinar o xeito de vida e as relacións cotiás con outros conxéneres. Prescinde intencionadamente da presencia humana, que tan só se adiviña nos reflexos das pupilas e pouco máis, e localiza as súas tomas en contornas naturais onde area e auga centran a interese nos modelos e a súa actividade favorita, a carreira.
Os desenfoques selectivos e a limpeza das imaxes nos achegan aos individuos, mentres que o uso de obxetivos máis longos e as grandes velocidades de obturación que permite as condicións de iluminación (e a tecnoloxía dixital) transmiten todo o dinamismo que os caracteriza. Noutras ocasións apóiase na edición dixital, que lle facilita amosarmos os seus frecuentes momentos de descanso” (Xacobe Meléndrez Fassbender).

A mostra inaugúrase o 26 de xaneiro ás 12.30 no Recuncho de lectura da Biblioteca, onde se poderá visitar ata finais de febreiro.  Contará coa presencia do autor, que virá acompanhado de Khaleessi, a súa galga, nunha proposta educativa de sensibilización de cara á protección e contra o maltrato de galgas e galgos. Tamén nos acompañará unha persoa voluntaria da asciación SOSgalgos, que nos falará da función que eles realizan.

Os galgos son frecuentemente maltratados e abandonados, entre febreiro e xuño un 30% dos animais recollidos por asociacións son galgos. A razón é que moitos cazadores os utilizan e despois, se non obteñen os rendementos esperados e xan non lles son útis, os maltratan, ás veces incluso ata a morte. Trátase dunha práctica moi común, especialmente nalgunhas comunidades como Castilla-La Macha, Castilla-León, Andalucía ou Extremadura, para a que non existe unha protección e seguemento por parte das autoridades, nin hai control das crueldades ás que son sometidos. A asociación SOSgalgos fala na súa web de que cada ano, en España, “ decenas de miles de galgos son aforcados, tirados a pozos e gavias”.

No ámbito profesional, Víctor Arufe é doctor en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidad de A Coruña. É  editor xefe da Revista Científica Sportis Scientific Technical Journal e organiza e participa en numerosos congresos nacionais e internacionais. Ten un blog, “Educación, innovación y empredimiento” no que analiza a situación actual do ensino e publica reflexións persoais sobre aspectos relacionados coa educación, a infancia, as TICs ou deporte.

Inauguración do Recuncho de lectura, da exposición “retrata un libro” e entrega de premio

Hoxe, 20 de maio, ás 13 horas inauguramos o noso novo espazo na Biblioteca, o “Recuncho de lectura”, que pretende ser un lugar de achegamento ás letras, así como unha sala informal e cómoda para ler con tranquilidade, para reconciliarse coa lectura, convidando a ler, pensar e imaxinar, un punto de encontro entre lectoras/es e autoras/es, entre docentes e alumnado para compartir actividades relacionadas coa lectura: coloquios en torno a un libro, lecturas dramatizadas, recitais…

Deixamos aquí algunhas fotos da inauguración.

O acto de inauguración deste espazo enmarcase dentro das actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas, e con ese motivo comezamos coa primeira actividade, a exposición de 19 fotografías selecionadas entre as que alumnas/os, docentes e PAS realizaron dentro do noso concurso “Retrata un libro” e que se exhiben nesta sala. Durante o acto farase entrega do premio á persoa gañadora, unha obra do artista galego Oscar Cabana.

QUE É?

  1. Un espazo informal e cómodo para ler con tranquilidad
  2. Un lugar de achegamento do alumnado á lectura
  3. Unha sala de exposicións de obras creadas pola comunidade universitaria para a Biblioteca con motivo da conmemoración dun evento, día internacional ou ben para exhibir mostras de mail art convocadas por nós ou prestadas por outras institucións.
  4. Un punto de encontro entre lectoras/es e autoras/es, entre docentes e alumnado para compartir actividades relacionadas coa lectura: coloquios en torno a un libro, lecturas dramatizadas, recitais…
  5. Un rincón de paz e de achegamento ás letras
  6. Unha zona para reconciliarse coa lectura que convide a ler, pensar e imaxinar.

MOBILIARIO:

  1. Sillóns e mesas
  2. Revisteiros
  3. Estanterías móbiles en cubo

MATERIAL DOCUMENTAL NAS ESTANTERÍAS:

  1. Revistas de divulgación, cultura xeral, boletíns de novas, ou relacionadas co libro e a lectura: Bloc, Boletín Xove, Cerna: revista galega de ecoloxía e meio ambiente, Cuadernos de literatura infantil y juvenil: CLIJ, Fada morgana, GC: Revista de gestión y cultura, Infoxove, Manos Unidas, Paraíso: revista da rede galega de teatros…, Peneira, A, Protexta (Suplemento Tempos Novos), Revista galega de teatro, Tempos novos…
  2. Unha selección de libros que variará no tempo, realizada polo persoal da biblioteca, ou ben, poderá tratarse dunha selección temporal realizada por algún docente com motivo dun traballo co alumnado.
  3. Colección de banda deseñada.

Obras seleccionadas no concurso “Retrata un libro”

Obras seleccionadas no concurso de fotografía “Retrata un libro” convocado pola Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación:
A Comisión de selección na que están representados o alumnado, PAS e PDI da Facultade de Ciencias da Educación e integrada por Román Montesinos (fotógrafo e docente), Roberto Suárez Brandariz (docente), Lucía Martínez Grela (alumna de segundo grao de educación primaria) e Inma Doval Porto (bibliotecaria) tras un longo debate acordou seleccionar por unanimidade as obras de:

Autora: Amanda Bello Mantiñán
Libro: Milú (Manuel Rivas e Aitana Carrasco)
Autora: Amaya Bouza
Libro: Tristes armas (Marina Mayoral)
Autora: Ana María López Sanesteban
Libro: A pesca está no vento (Xosé A. Ventoso Mariño)
Autora: Gala Álvarez Puente
Libro: A Esmorga (Eduardo Blanco Amor)
Autora: Iris Sanmartín
Libro: Os bolechas van de viaxe: unha noite em Compostela (Pepe Carreiro)
Autor: José María Mesías Lema
Libro: Contos da néboa (capítulo a néboa pare fantasmas) (Anxel Fole)
Autora: Laura Vázquez Balsas
Libro: A Esmorga (Eduardo Blanco Amor)
Autora: Leticia Parga Suevos
Libro: Os xemelgos (Marcos Ta e Simón Espinosa)
Autora: Lucía Díaz Blanco
Libro: Avós (Chema Heras e Rosa Osuna)
Autora: Lucía Garrido Taibo
Libro: O pazo baleiro (Xabier P. Docampo)
Autora: María Dávila Ibáñez
Libro: A Esmorga (Eduardo Blanco Amor)
Autora: María de Francisco García
Libro: A Esmorga (Eduardo Blanco Amor)
Autora: María José Gutiérrez Calvete
Libro: Em nome da terra (Vergílio Ferreira)
Autora: Marta Peña Nogueiras
Libro: O misterio dos fillos de lúa (Fina Casalderrey)
Autora: Miriam Pérez Barreiro
Libro: Catecismo do labrego (Marcos Da Portela)
Autor: Óscar Lodeiro Hermida
Libro: Historias que ninguén cré (Ánxel Fole)
Autora: Sonia Quintás
Libro: O misterio dos fillos de lúa (Fina Casalderrey)
Autora: Soraya Pita Freire
Libro: Un día de caca e vaca (Fina Casalderrey)
Autora: Susana Castro Vázquez
Libro: Livro do Desassossego (Fernando Pessoa)
Autora: Tamara Bello Varela
Libro: Os xemelgos (Marcos Ta e Simón Espinosa)

As obras estarán expostas no Recuncho de lectura da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, do 20 de maio ao 31 de agosto de 2011. O día 20 de maio a comisión de selección dará a coñecer o nome da/o autor/a da obra gañadora no concurso duranto o acto de inauguración.

Retrata un libro: fotos recibidas

Xa chegaron as fotografías para o noso concurso “Retrata un libro”.  Queremos agradecer a todas e a todos os que participáchedes o voso interés.

As obras elexidas foron:
“A néboa pare pantasmas” do libro “Contos da néboa” de Ánxel Fole
“O pazo baleiro” de Xabier P. Docampo
“Milú” de Manuel Rivas e Aitana Carrasco
“Sonia na lancha” (Os Bolechas) de Pepe Carreiro
“Denso recendo a salgado” de Manuel Portas
“Cartas de inverno” de Agustín Fernández Paz
“A arrasadeira” (Os Biosbardos) de Eduardo Blanco Amor
“A Esmorga” de Eduardo Blanco Amor
A lus do candil” de Anxel Fole
“A nena de auga e o príncipe de lume” de XAbier P. Docampo
“A pesca está no vento”, de Xosé Antonio Ventoso Mariño
“Asústate Merche!, de Fina Casalderrey
Avós, de Chema Heras
Azul e rosa”, de Pillado Vega
“O Catecismo do labrego”, de Marcos Da Portela
“O libro das viaxes imaxinarias”, Xabier P. Docampo
Em nome da terra”, de Vergilio Ferreira
Historias que ninguén cre”, de ANxel Fole
Unha tarde no parque”, de Laura López
Livro do Dessasossego, de Fernando Pesoa
Memorias dun neno labrego, Neira Vilas
Nenas e nenos de todo o mundo, de Vicente Muñoz
No ano do cometa, de Xoán Bernárdez Vilar
O armario novo de Rubén, de Xabier P. Docampo
O misterio dos fillos de lúa, de Fina Casalderrey
Orellas de Bolboreta, de Luísa Aguilar
Os amigos de Martiño, de Xesús Santos Suárez0
Os xemelgos, de Marcos Ta
Praia das Furnas, de Xosé María Álvarez Cácamo
Soños de algodón, de Amalia Pérez Otero
Tristes armas, de MArina Mayoral
Un día de caca de vaca, de Fina Casalderrey
“Cando petan na porta pola noite”  de Xabier P. Docampo
“Sorrir en Frades”, de Siro López
“Lugar”, de Raúl Dans
“Herba moura” de Teresa Moure

RETRATA UN LIBRO: concurso de fotografía

 


© Xacobe Meléndrez

RETRATA UN LIBRO

Concurso de fotografía, convocado pola Biblioteca coa colaboración da Comisión de Cultura da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

1. Participación

Poderán participar no concurso todas as alumnas e alumnos, PAS e PDI da Facultade de Ciencias da Educación desta Universidade.

2. Tema: retrata un libro

Trátase de retratar un libro en lingua galega ou portuguesa, dun autor/a galego ou portugués, do fondo da nosa Biblioteca, polo que o tema en cuestión é o contido deste. A fotografía deberá estar relacionada co que ao “retratista” lle suxira o libro ou algún episodio deste.

3. Técnica

As imaxes deberán ser entregadas en formato dixital,  e poderán ser branco e negro ou en cor, retocadas ou non. A Biblioteca encargarase da impresión das imaxes seleccionadas en 20×30 cm.

4. Número de obras e formato de presentación das imaxes.

As/os participantes enviarán a imaxe por email á biblioteca. Só poderá ser enviada unha fotografía por participante, quen deberá ter a propiedade intelectual da mesma e no caso de ser retratos o consentimento das persoas que nela aparezan. O tamaño de envio será de 800 pixeles no lado maior, en jpg compresión 8.

5. Prazo de presentación

O prazo máximo de recepción de imaxes será o 25 de abril. Enviaranse ao correo mdoval@udc.es con asunto “RETRATA UN LIBRO”. Ademáis da imaxe a/o participante deberá enviar o título do libro no que se inspirou para tirar a fotografía, e de ser un capítulo en concreto poderá reseñalo. Incluirá tamén os seus datos persoais (nome e apelidos, teléfono de contacto, indicar se é alumna/o, PAS ou PDI e titulación).

6. Selección e premio

Haberá un único premio dotado cunha obra do artista galego Oscar Cabana.

Unha comisión seleccionará 20 obras tendo en conta a calidade técnica e artística, a adecuación temática, a orixinalidade e a creatividade para ser expostas na Biblioteca, dentro das que elexirá a premiada.

Comunicarase as/aos autoras/os seleccionados para que as envíen en maior resolución, cun tamaño mínimo de 3600 pixeles no lado maior, en jpg compresión 10 para a sua impresión.

O faio da comisión de selección darase a coñecer na última semana do més de abril na web da biblioteca www.educacion.udc.es/biblioteca.

7. Exposición

A Biblioteca encargarase da sua impresión en papel fotográfico 20 x 30 cm e da montaxe para a exposición. Tamén imprimirá as cartelas.

As obras seleccionadas serán expostas no Curruncho de lectura dende o 20 de maio ata o 31 de agosto de 2011, así como no blogue da Biblioteca.

As imaxes expostas poderán ser recollidas polas/os autores ao finalizar a exposición, entre o 1 e o 30 de setembro na Biblioteca, posteriormente as obras non recollidas pasarán ao arquivo da Biblioteca.

8. Dereitos de uso das imaxes

As/os participantes autorizan o uso non comercial das imáxes á Biblioteca de Ciencias da Educación para a súa exposición e divulgación do Concurso fotográfico unicamente, mencionandose en todo momento a autoria.

As/os participantes responsabilílzanse de que non hai dereitos de terceiros sobre as imaxes que presentan, respondendo ante calquera reclamación que poida xurdir por deleitos alegados de terceiros.