ALFIN docentes

O xoves 8 de marzo, de 10 a 12 horas impartirase unha formación de usuarias/os para docentes na Sala de Xuntas do Departamento de Pedagoxía e Didáctica. Se alguén quere asistir que contacte coa Biblioteca.
Programa
1. Fontes de información científica: primarias (monografías, teses, revistas, normas…) e secundarias (catálogos,bases de datos, índices de citas, repositorios, internet)
2. Revistas electrónicas e libro elctrónico.
3. Recuperación da información: selección das fontes de información, estratexias de busca, traducción a linguaxe máquina, avaliación de resultados, obtención do documento.
4. Metabuscador Pórtico e xestor de enlaces SFX
5. Bases de datos científicas: multidisciplinares e especializadas.
6. Alertas bibliográficas
7. Xestores bibliográficos
8. Outros recursos para investigadores: repositorios e buscadores científicos
9. Foros e listas de distribución

COMEZA O CURSO CON BOAS PRÁCTICAS: Proba os nosos menús


PETISCOS: ½ HORA
Calquera dia, de 13 a 14 h e de 17 a 18 h na nosa Biblioteca
MENÚ 1: Introdución á biblioteca e aos seus recursos. 1.30 HORAS
MENÚ 2: Curso de formación en fontes de información para terceiro ciclo. 4 HORAS
MENÚ 3: Avaliación da producción científica. 2.30 HORAS
MENÚ 4: Refworks. 1 HORA
Todos os nosos menús inclúeN alegría e respostas a calquera dúbida

CARTA
Se prefires pedir á carta, temos unha oferta variada de pratos nos que elexir, e ademáis facemos menus adaptados ao cliente. Fai a reserva canto antes.

Infórmate na Biblioteca

Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
www.educacion.udc.es/biblioteca

PETISCOS: ½ HORA

Acabas de chegar á Facultade, non coñeces a Biblioteca, non probaches ningunha das nosas especialidades… para comezar o curso con boas enerxías o mellor é comezar con estos petiscos da Biblioteca, que te axudarán a moverte con liberdade entre traballos de clase e exames. Son imprescindibles, ninguén pode quedar sen probalos, e ademais… non engordan. Poderaos probar calquera dia, de 13 a 14 h e de 17 a 18 h na nosa Biblioteca e en tan só ½ hora. Fai a reserva no mostrador da
Biblioteca.

Algúns dos nosos afamados pinchos e tapas:

• A Biblioteca e os seus servizos
• Servizo de préstamo
• Catálogo da biblioteca.
• Mostra dos distintos espazos da Biblioteca
• Outros recursos de interés

MENÚ 1: Introdución á biblioteca e aos seus recursos. 1 1/2 HORAS

Se o único que probaches son os nosos petiscos, ou nin iso, levas pouco na Facultade e xa empezas a darte conta de que non é doado vivir nela sen entrar a fondo nas nosas ofertas culinaárias, non esperes máis, achégate á biblioteca e en pouco mais dunha hora podrás sair co bandullo ben cheo de ferramentas
útis para renovar os teus coñecementos e sair con boa nota de calquera proba académica. Ademáis, se algún dos teus profesores/as o desexan poderemos facer un menu especial para toda a clase na aula multimedia.

1º prato
o A Biblioteca e os seus servizos
o Catálogo da biblioteca.
2º prato
o Análise e definición das necesidades de información
o Acceso á información en liña
Sobremesa: Recursos electrónicos da biblioteca. SFX e Pórtico

MENÚ 2: Curso de formación en fontes de información para terceiro ciclo. 4 HORAS

Aqueles/as que xa probaron os noso petiscos e alguna das nosas especialidades, poderán repetir e ademáis, dado o seu padal adestrado, probar outros pratos máis
condimentados. Precisarán 4 horas para saciar os seus ávidos estómagos. A
comilona será na aula multimedia da Facultade. Menú especial preparado para grupos, normalmente formados a petición dun departamento. Tamén hai a posibilidade de engadirvos a un xa formado ou se sodes máis solitarios amañaríamos un máis breve para un/una.

Entrantes
o Repaso do catálogo
1º prato
o O que debo saber antes de comezar unha tese.
2º prato
o Análise e definición das necesidades de información
o Acceso á información: Bases de datos, creación de alertas, foros, listas de distribución e comunidades
Sobremesa:
o Organización e presentación da información: xestores de referencias bibliográficas. Repositorios dixitais.

MENÚ 3: Avaliación da producción científica. 2 1/2 HORAS

Se es docente nesta facultade calquera dos nosos menus, poder ser do teu
gusto, e se non sempre podes acudir á carta. Se o que precisas é avaliar a tua
produción científica hai un menu especial. Organiza un grupiño de colegas e nós
poderemos adentrarvos no mundo máxico dos índices de citas.

Entrantes
o Normativa vixente.
Avaliar, para que?
o Criterios de
avaliación xerais
1º pratos
o Criterios de avaliación en Ciencias Sociais, do comportamento, educación e filosofía
o Indicios de calidade de libros e revistas
o Como localizar bases de datos
2º pratos
o Os principais: JCR, SCR, Scopus
o Iniciativas para productos españoles: factor IME, DICE, Latindex, INRECs, RESH…
o Indización en bases de datos específicas: ULrich e MIARS
o Obtención de nº de citas: Web of Science, JSTOR, Google académico,
Sobremesa: Índice H

MENÚ 4: Refworks. 1 HORA

Como, que aínda non utilizas Refworks para xestionar as tuas citas bibliográficas?, é unha das nosas especialidades e podémosche asegurar que quedarás co bandullo cheo e ademáis aforrarás moitísimo traballo. Próbao, non te arrepentirás. É prato único pero moi completo. Xunta algúns compas e pasádevos pola biblio para ver cando se pode preparar.

MENÚ ESPECIAL DA CASA: “Acceso e xestión da información en Ciencias da Educación”. 6 HORAS. Semipresencial

Nesta ocasión poderedes probar deliciosos pratos nos que estarán todos os ingredientes da nosa horta. E claro, para non coller un empacho o mellor e dividilo en varios días e así poder ir facendo ejercicios a través da plataforma Moodle. Se estades interesados podedes solicitarnos que vos deamos de alta e así ides botando un ollo. É o máis completo e se sodes bós comensales sairedes con todas as recetas para triunfar nos vosos traballos.

Entrantes: utilización da plataforma Moodle.
1º pratos:
o MODULO 1: A Biblioteca, o seu espazo físico e virtual
o MODULO 2: Análise e definición das necesidades de información
2º prato
o MÓDULO 3: Acceso á información
o MÓDULO 4: Avaliación da producción científica
o MODULO 5: Organización e presentación da información:
Sobremesas:
o MÓDULO 6: Avaliación da información
o MÓDULO 7: Antes de comezar unha tese…

CARTA
Se prefires pedir á carta, temos unha oferta variada de pratos nos que elexir, e
ademáis facemos menus adaptados ao cliente. Fai a reserva canto antes.

Catálogo da biblioteca
Páxina web
Recursos electrónicos: SFX e Pórtico
Bases de datos: tipos e cómo localizalas
Cómo realizar unha procura bibliográfica
Refworks
Dialnet
Revistas em papel e revistas electrónicas
Base de datos ERIC
Bases de datos do CSIC
Base de datos Psycinfo
Bases de datos de Web of Knowledge
Índices de citas
Onde publicar
Bases de datos para teses
Alertas informativas
Web 2.0
Crear um blog ou un wiki
E moito mais…