Ferramentas gratuítas de edición de imaxe e deseño gráfico

Se queres editar imaxes, crear un cartace ou precisas una ferramenta de deseño gráfico doada de utilizar e gratuíta na rede, existen varias opcións, moitas delas con aplicación para dispositiblos móbiles:

Ferramentas en liña:

  1. Pixrl
    pixrlTal vez a máis utilizada sexa Pixrl, con tres versións: Pixlr Editor, moi boa alternativa ao Photoshop, cun deseño case igual e as mesamas función; Pixlr Express con ferramentas rápidas para crear efectos, engadir bordes, un texto con moitas fontes diferentes, ou facer un collage, ideal para cartaces; Pixlr-o-matic con filtros moi bos. As dúas últimas teñen apps. Podemos baixar o resultado ao noso ordenador.
  2. iPiccy.
    ipycciEditor de imaxe que englobaría un pouco as tres de Pixrl. Permite sacar foto coa webcam, ou baixar do ordenador, de Flickr, crear un debuxo… e modificalos. Tamén podemos facer cartaces, engadir fontes moi variadas e ten cantidade de efectos e filtros. Podemos baixar o resultado ao noso ordenador.
  3. Befunky.
    befunkyMoi similar ao anterior, e depois perimite compartir as imaxes nas redes sociais e tamén descargar directamente a foto dende facebook, Photobucket, Picassa, Flickr, webcam… Moitísimos efectos e opción de edición moi completas. Tamén paleta de debuxo.
    Dispón de App.
  4. Photoshop online.
    photoshopTamén Photoshop ten una versión en liña e gratuíta, claro que más limitado. Tamén App.

 

 

 


Ferramentas que debemos baixar ao noso ordenador
:

  1. Para nós a mellor, GIMP, unha alternativa a Photoshop de software libre moi boa. Ten prácticamente as mesmas funcionalidades de edicón, con traballo en capas, ferramentas variadas de selcción (rectangular, esf´rica, lazo manual…), varita máxica…, e ademáis permite ler e descargar a moitos tipos de arquivos. Tamén App.gimp
  2. Inkscape, alternativa de software libre ao Illustrator ou Corel draw. Moi boa para usuarias/os avanzados. Utiliza gráficos vectoriais.inscapetics

Hai moitas máis ferramentas útis na web tanto para edición de imaxe como para creación de cartaces. Podes ver alguna máis na guía que realizamos de Ferramentas educativas utilizando as TICS, dentro do repertorio de recursos temáticos realizados pola Biblioteca da UDC.

 

Ferramentas para crear materiais didácticos

Xa vos falamos nalgunha outra ocasión da Plataforma Proyecta, iniciativa educativa da Fundación Amancio Ortega e da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, na  que podedes atopar moitos recursos relacionados coas TICs aplicadas ao ensino. Hoxe presentámosvos unha páxina con nada menos que 300 ferramentas educativas para crear contidos didácticos, e gratuítas. A web é do Plan FinEs, iniciativa do goberno nacional arxentinos. Con elas poderedes crear animacións, videos, incorporar sons a presentacións, audiostreaming, crear comics, ferramentas colaborativas… e moito máis. Agradecemos a Tati Mancebo, creadora da Plataforma Proyecta, que nola dera a coñecer.