Felicidade clandestina: Lectura dos textos seleccionados na libraría Libros para Soñar

 

O pasado 13 de xuño tivo lugar na libraría Libros para soñar a lectura dos textos seleccionados no concurso “Felicidade clandestina”, organizado por Patricia Carballal e a nosa Biblioteca, coa colaboración de Kalandraka e Estaleiro edicións.
Aquí podedes ver algunhas fotografías realizadas por Marta e María, da libraría, ás que agradecemos moito a sua colaboración.
Noraboa a todas e a todos e moitas grazas por participar.

 

A exposición cos textos e fotografías das cubertas das obras quedou inaugurada o 4 de xuño e no blogue da librería están colgadas algunhas fotografías así como detalles das obras escollidas. Lembrade que podedes ler os textos na exposición no noso blogue e visitar a exposición durante todo o verán.

FELICIDADE CLANDESTINA: faio do concurso e exposición dos textos

O concurso “Felicidade Clandestina” é unha iniciativa de Patricia Carballal Miñán, profesora na nosa Facultade de Ciencias da Educación, á que agradecemos a sua colaboración e implicación no desenvolvemento das actividades da Biblioteca. As autoras e autores dos textos gañadores son parte do alumnado de segundo curso de Educación Primaria, da materia Lingua e literatura castelán e a sua didáctica, aínda que no concurso tamén participou alumnado doutras titulacións e materias..

Unha vez lidos todos os textos remitidos ao concurso-exposición “Felicidade Clandestina”, unha comisión, formada por Patricia Carballal Miñán, María Gutiérrez Calvete e Inma Doval Porto (tendo en conta os criterios especificados nas bases da convocatoria) seleccionou os remitidos polos seguintes autores:

Ainara Bermúdez Lodeiro
Aranzazu Cotelo Vázquez
Carmen Nieto Moreira
Consuelo Caamaño Esmorís
Irene Rodriguez Anta
Ivan Calderon Santos
Javier Galindo Infante
Maria Jose Pose Porto
Sandra Outón López
Susana Gestal Jiménez

De entre eles, os textos de Consuelo Caamaño e Ivan Calderón serán premiados cun lote de libros cada un, cedidos polas editoriais Kalandraka e Estaleiro Editora.

  1. 1.      Exposición:

Os dez textos seleccionados, xunto coas súas correspondentes fotografías, serán expostos no “Recuncho de lectura” da biblioteca dende o día 4 de xuño ata o día 15 de setembro de 2012.

A exposición inaugurarase o día 4 de xuño ás 13:00. No acto de inauguración entregaranse os lotes de libros aos dous autores dos textos premiados.

 3. Lectura pública.

Todos os textos seleccionados serán lidos polos seus autores na Libraría Libros para soñar (Kalandraka), na Coruña (Avda. Fisterra) o día 13 de xuño ás 18:00h.

Moitas grazas a todas e a todos por participar.

Deixamos aquí uns enlaces a portais con libro infantil e conto en formato electrónico.

Cuentos sin fin. Portal con contos en español ou traducidos ao español de escritoras e escritores diversos.

Biblioteca digital Ciudad Seva. Portal de Luís López Nieves. Contos clásicos en html.

Free-books net. Portal de libro electrónico gratuíto, cun apartado para libro infantil. Formatos: html, pdf, epub, mobopocket e txt.