Encontro literario con Eva Veiga

 

encontro evaO vindeiro mércores, 1 de outubro, ás 17 horas, terá lugar, no Recuncho de lectura da Biblioteca, un encontro literario con Eva Veiga, con quen os compoñentes do Clube de lectura Nébeda falarán sobre o seu último poemario, “A distancia do tambor”, que obtivo o XIII Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño. Eva Veiga  é poeta, xornalista, presentadora de tv, actriz de teatro e de cine e difusora cultural. En 2004 forma, xunto aos músicos Bernardo Martínez (percusión e clarinete) e Fito Ares (frauta traveseira e saxo) o grupo Ouriol, no que a poesía e a música se funden nunha fonda aperta. Eva sempre está aberta ao diálogo entre as artes, realizando tamén proxectos con artistas plásticos como Alfonso Costa ou Masafumi Yamamoto.

 

Se alguén que non sexa do clube quere asistir que contacte co persoal da biblioteca. Máis información no blogue Nébeda.

 

A creación poética e fotográfica na Biblioteca

Como sabedes temos na Biblioteca duas exposicións con motivo da celebración do día Internacional da Muller Traballadora, que poderedes visitar durante todo o mes de marzo. Begoña Pastoriza realizou esta fermosa reportaxe fotográfica.

“A creación poética: Eva Veiga, Yolanda Castaño e Berta Dávila”. Peceiras de creatividade.

Exposición de fotografía “Anónimas”, de Begoña Pastoriza, fotógrafa galega, membro do Grupo Surrealista Galego. Recuncho de lectura.

Tamén hai unha reseña sore elas na Webzine Mirai.

Actividades do mes de marzo

deseño e maquetación de Alicia Montero Arias e Diego RodríguezA Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña únese á conmemoración do Día da muller traballadora (oito de marzo), adicándollo á poderosa presencia da muller na poesía e na fotografía. Así, as nosas peceiras de creatividade  acollerán a mostra “A creación poética: Eva Veiga, Yolanda Castaño e Berta Dávila, tres mulleres poetas galegas, nadas en décadas diferentes. Estes contenedores de cristal deixarán ver non só as súas obras publicadas, se non tamén  unha serie de obxectos seleccionados por elas mesmas que están relacionados coa súa creatividade.

O día 8, ás 11 da mañá, haberá unha lectura de textos simultánea en todas as bibliotecas da universidade, no noso caso leeranse poemas das tres poetas que eleximos para representar a nosa poesía. A lectura será de 10 minutos e serán lidas por alumnado do Centro de Voluntariado da UDC, aos que agradecemos xa de antemán a súa implicación.

Deseño e maquetación de Begoña Pastoriza

Contaremos tamén coa exposición “Anónimas”, de Begoña Pastoriza, fotógrafa coruñesa, membro do Grupo Surrealista Galego, que se poderá visitar no horario da biblioteca no noso Recuncho de lectura.

O día 13 de marzo, no Salón de Graos da Facultade, ás 17 h, haberá outra actividade,fotografía de Paula Gómez del Valle “En conversa con… Berta Dávila”, na que a autora nos falará da súa creación poética e recitará algúns dos seu poemas. Contaremos nesta ocasión coa colaboración de Patricia Carballal Miñan, docente do centro e o seu alumnado do Grao de Educación Primaria.

A Oficina para a Igualdade de Xénero realizou un gran traballo de compilación de material enviado dende as bibliotecas da UDC que conmemoran con exposicións e otras actividades o día internacional da muller traballadora, e con el elaborou un dosier informativo, un triptico con toda a información e un cartace, que podedes consultar aquí.