IV edición do curso Habilidades na procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFG

 

cartace TFG 20152016
O persoal da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación impartirá a IV edición do curso Habilidades na procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFG, 2015-2016 para o alumnado que estea matriculado no TFG.

Obxetivos do curso:

  1. Coñecer os recursos electrónicos aos que ten acceso a UDC
  2. Adquirir destreza na procura de información nos distintos recursos.
  3. Avaliar e xestionar a información
  4. Evitar o plaxio
  5. Comunicar e publicar

Trátase dunha formación semipresencial, con parte dos contidos en Moodle. As sesión presenciais serán de 3 horas e centraranse na parte práctica.

InfografiaMÓDULO 1. NORMATIVA. ONDE ATOPAR TFG OU TFM XA PRESENTADOS

  1. Guía útil
  2. Ondea topar TFG ou TFM xa presentados (UDC e outras universidades)
  3. Normativa
  4. Bibliografía

MÓDULO 2. ONDE E COMO BUSCAR A INFORMACIÓN

  1. Analizar a necesidades de información
  2. Seleccionar as fontes
  3. Interacción co sistema de recuperación. Estratexia de busca.
  4. Avaliación da información.
  5. Da cita ao texto completo
  6. Alertas informativas

MÓDULO 3.  XESTIONAR E ORGANIZAR A INFORMACIÓN.

  1. Principais xestores bibliográficos
  2. Refworks

MÓDULO 4. REDACTAR UN TRABALLO ACADÉMICO

  1. Evitar plaxio
  2. Ética
  3. Citar e crear bibliografía
  4. Obter imaxes copyleft
  5. SNL. Axudas
  6. Publicación no RUC

MÓDULO 5. FERRAMENTAS ÚTIS UTILIZANDO AS TICS

  1. Traballar na nube
  2. Presentacións dinámicas
  3. Xestión de imaxes

Prazo e lugar de matrícula: ata o 23 de outubro, na biblioteca.

Horarios (elexir un dia e quenda). Serán 3 horas.

Quenda de mañán: 3 e 6 novembro de 11 a 14 h

Quenda de tarde:  4 e 5 novembro de 18 a 21 h

Lugar de realización: Aula net

Os cursos derán impartidos por Inma Doval Porto (quenda de mañán) e Chus García García (quenda de tarde), bibliotecarias.

Cursos que imparte o persoal da Biblioteca

steve hanna

imaxe de Steve Hanna, baixo licencia cc

A Biblioteca comeza agora en setembro as formacións para docentes e alumnado. Este ano teremos un novo curso, “Estratexias para incrementar a visibiblidade e o impacto dos resultados da investigación”, de carácter semipresencial, 12 horas (8h en liña e 4h en obradoiros presenciais nas bibliotecas dos centros), en colaboración co CUFIE, para o que xa hai 12 persoas inscritas. O obxectivo deste curso é dotar ao PDI da Universidade da Coruña dos recursos e coñecementos necesarios para optimizar a visibilidade da súa produción científica nas diferentes bases de datos e redes sociais científicas.

Programa do curso:

1. A identificación de autor: nome e filiación.
2. A publicación en acceso aberto. O repositorio institucional da UDC.
3. Plataformas sociais e redes científicas

Preinscripción ata o 15 de setembro

imaxe de Scott Beale, baixo licencia cc

imaxe de Scott Beale, baixo licencia CC.

Lembrámosvos ademáis a nosa oferta anual, que podedes solicitar na Biblioteca. Son formacións para grupos, tanto para docentes e investigadores como para o alumnado e PAS:

 Visita guiada. Xoves de 12-12.30 h. Alumnado 1º

 Presentación dos servizos e utilización do catálogo. Xoves de 13-14 h. Alumnado 1º

 Habilidades para o acceso e xestión da información (I). A Biblioteca e os seus servizos. Principias fontes. 2 horas. Alumnado de grao.

 Habilidades para o acceso e xestión da información (II). Procura avanzada e xestores bibliográficos. 3 horas + plataforma Moodle (mínimo 5 horas). Alumnado grao e mestrado.

 Xestores bibliográficos. Refworks. 1 hora

 TFG e TFM. Buscar e xestionar a información. 3 h + plataforma Moodle (mínimo 5 horas).

No noso blogue publicaremos nestes días as datas dos cursos de axuda bibliográfica para a preparación do TFG e TFM.

Os cursos para alumnado de grao e mestrado poden ser solicitados polo profesorado e impartiranse en grupos dun máximo de 30 alumnxs, ben na propia aula ou ben na aula multimedia.

O curso para TFG e TFM serán solicitados polo alumnado, que deberá anotarse na biblioteca. Serán dados de alta na plataforma e asignados a un grupo para la parte presencial.

Ademáis ofrecemos seminarios prácticos específicos para grupos pequenos como apoio á investigación:

 Avaliación da producción científica

 Organizar a información e traballar na nube

 Ferramentas educativas utilizando as TIC

 Creación dun perfil de invetigador/a

Os seminarios prácticos serán a petición de docentes ou alumnado de terceiro ciclo, para grupos dun mínimo de 3 persoas e máximo de 6 e serán impartidos na propia biblioteca.

Curso Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación

Xa falamos nun post anterior sobre a a métrica da información e crecente importancia da presencia na rede da/o investigador/a, algo fundamental para dar visibilidade ao seu traballo.  Para todo isto é imprescindible ter normalizado o nome, seguindo as pautas que veñen marcadas tanto dende a propia universidade como dende o Fecyt ecrear un perfil de investigador/a nalgunha das principais plataformas existentes. A Biblioteca Universitaria da UDC ofrece un servizo de apoio á investigación e segue a traballar na formación do PDI tanto para incrementar a súa visibilidade como para acadar un maior impacto das súas publicacións. Nesta liña, en colaboración co CUFIE, ten programado o curso semipresencial “Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación“, no que ademáis dunha serie de contidos teóricos en liña se realizarán, dende cada unha das bibliotecas dos centros, seminarios prácticos para a creación de prefís de investigadores/as.

 

Programa do curso:

1. A identificación de autor: nome e filiación

2. A publicación en acceso aberto. O repositorio institucional da UDC

3. Plataformas sociais e redes científicas

 

Preinscripción ata o 15 de setembro:

Formulario de inscrición

Certificación do curso:

A participación de proveito no curso implica a emisión dun certficado emitido polo CUFIE

Nun post do blogue da Biblioteca Universitaria podedes ver os datos da cuarta edición do Observatorio IUNE (2015), correspondentes ao período 2004- 2013), así como unha análise dos mesmos.

Xornadas de xestión da información para a preparación do TFG

autor: shutterbugamarEntre o 16 de febreiro e o 13 de marzo terán lugar as xornadas Habilidades para a procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFG impartidas por persoal da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación. A formación será semipresencial, con 3 horas de aulas, nas que se aprenderá a facer unha procura bibliográfica e a traballar cos resultados nun xestor de referencias bibliográficas, autilización das citas e a creación dunha bibliografía. Complementarase con información e traballo a través da plataforma Moodle. Matrícula ata o 12 de febreiro na Biblioteca. Horarios de mañán e de tarde.
LEMBRA que hai axudas económicas do Servizo de Normalización Linguística para os traballos realizados en galego.

Obxetivos do curso:

  1. Coñecer os recursos electrónicos aos que ten acceso a UDC
  2. Adquirir destreza na procura de información nos distintos recursos.
  3. Avaliar e analizar eficientemente a información.
  4. Organizar a información utilizando os xestores bibliográficos.
  5. Evitar o plaxio na elaboración dos traballos académicos.
  6. Comunicar e publicar a información dun xeito eficaz, ético e legal.
  7. Descubrir ferramentas gratuítas para traballar na nube, crear presentación dinámicas ou editar imaxes.

Programa

  1. Aspectos prévios a ter em conta:
    1. Normativa da UDC e específica para cada grao.
    2. Onde consultar TFG xa presentados
    3. Calendarios e mapas conceptuais.
  2. Reunir a información.
    1. Principais fontes de información: catálogos, bases de datos, repositórios e buscadores académicos.
    2. Como aceder ás fontes dende a UDC e dende ordenadores externos.
    3. A estratexia de busca. Prácticas nos distintos recursos.
    4. Avaliación dos resultados
    5. Creación dunha alerta informativa
  3. Organización e xestión da información.
    1. Os xestores bibliográficos
    2. Refworks
      1. Crear unha base de datos coas nossas referencias
      2. Inserir citas nun texto dende refworks
      3. Crear unha bibliografia
  4. Aspectos éticos e legais antes e despois da elaboración e publicación dun traballo.
    1. Normas éticas
    2. Lexislación a ter en conta
    3. Evitar o plaxio
    4. Obtención de imaxes libres para utilizar nos traballos
  5. Ferramentas TICS que me podem axudar durante e despois do traballo.