O clube do medo, de Mariano Casas

O CLUBE DO MEDO
Mariano Casas

 Mércores 12 de decembro ás 17 horas no Salón de Graos
Facultade de Ciencias da Educación

 Mariano Casas é creador e ilustrador, autor de numerosas obras de de banda deseñada: Historias de Mariano, una inquietante recopilación de algunas historias que fueron verdad, y otras que no, Mensaxes, que recibíu o premio Castelao 2008,  La Mancha negra , A Historia xamais contada xamais contada, premiada coas I Axudas á creación da Consellería de Cultura de Galicia en 2010, ou Luces/ Farwest. Participou ademáis  en proxectos colectivos, fanzines,  revistas, e películas. E agora presenta, recén saída do prelo, a sua obra El Club del Miedo, da que tamén nos falará nesta ocasión.

 

O Clube do medo fala do  proceso creativo na narración e no comic, da necesidade de narrar, de contar historias, e tamén de escoitalas, velas ou lelas. A ficción, e por extensión a cultura, poden servir de bálsamo ante os avatares da vida, como escudo ante os momentos escuros, tanto das persoas como das sociedades. É este un tema que está tamén no fondo doutras das suas obras, como La Mancha Negra ou MENSAXES.

marianocasas.com
elestudiodemariano.blogspot.com.es

Achégate ao mundo do cómic

Do 15 de novembro ao 15 de decembro poderedes ver na biblioteca, dentro das nosas peceiras de creatividade, unha pequena mostra cos cómics que temos na nosa sección de Banda deseñada. Mariano Casas (autor da ilustración do cartace), Miguelanxo Prado, Tonucci, Bagieu, Otomo, Joe Sacco, Tezuka… son só algúns das autores e autoras desta novena arte. Podedes ver aquí unha listaxe coas obras expostas. Acompañan a exposición fermosas figuriñas cedidas para esta ocasión por David Pazos, da libraría on line Endobooks e creador, xunto a Mariña Eiroa do blog Serial experiments, especializado en manga, anime e cultura xaponesa.

Deixamos aquí algúns enlaces de interés:

Banda deseñada galega. Blogue do Consello da Cultura galega. Novas de interés, cursos, autores/as, exposicións…

Xornadas de banda deseñada de Ourense. Un proxecto da Fundación Benito Losada, creador e impulsor destas ata o seu pasamento.

Viñetas desde o Atlántico. Celébrase anualmente no mes de agosto na Coruña desde 1998. O festival é unha actividade da Concellería de Cultura do Concello da Coruña.

La cárcel de papel. Blogue especializado en comics e TBOs, con moitas novas interesantes, de Álvaro Pons, pero que desafortunadamente pechou hai uns meses. Pódense consultar as entradas antigas.

Ciclo de conferencias da Fundación Mapfre “El comic y sus relaciones con la literatura y el cine”. De  setembro de 2011, moi interesantes.

Serial experiments. Do que xa falamos anteriormente. Nace hai tres anos para dar cobertura á animación xaponesa coñecida como “anime experimental”. A través de artgos, charlas, exposicións… achegan ao público produccións  diferentes.

Escola Joso. Centro de cómic i arts visuals, de Barcelona. Especializado en cómic, fundado en 1984 polo humorista gráfico Joso.

A Biblioteca de Arquitectura Técnica da nosa Universidade conta tamén cunha importante sección de banda deseñada.

Na nosa sección de cine temos tamén películas relacionadas con esta arte, Miyazaki, Felicioli… Consultade a nosa sección de cine.

Na cidade para mercar comic e banda deseñada tedes, ademáis de libarías que non son especializadas na materia pero sí teñen algúns en stock e poden pedir outros (Libros para soñar, Nova Colón…), Alita comics e a libraría Endo, online, con moita oferta, experiencia  e rapidez no servizo.