Obradorio de mail art

O día 12 de marzo de 12 a 15 horas e o 19 de 9 a 12 haberá na aula de plástica da Facultade un obradoiro de mail art impartido por Manoel Bonabal. Son duas sesións, pódeste anotar a unha ou a outra na Biblioteca. É gratuíto. Para alumnado, docentes e PAS da Facultade de Ciencias da Educación.
No obradoiro se fará unha introdución ao mail art, historia e filosofía, presentaranse exemplos de distintas convocatorias, falarase da sua aplicación no ensino e o seu valor comunicativo. Además será un obradoiro práctico, no que os participantes poderán realizar algunha obra co material existente na aula e o que cada quen queira levar (pódese utilizar diversas técnicas: collage, pintura, fotografía, estampa…). Tentarase tamén fomentar a participación na II convocatoria de mail art da biblioteca, así como noutras convocatorias abertas.

 

Mail art nas peceiras de creatividade

Con motivo da nosa II convocatoria de mail art “a memoria ferida: memoria e esquecemento” nas nosas peceiras de creatividade poderedes ver durante dous meses distintas coleccións de obras enviadas a convocatorias de mail art de distintos países. Estreamos con obras da colección persoal de Carlos Botana, mailartista galego que leva máis de 20 anos no mundo da arte postal. Son a resposta 3 convocatorias, unha feita dende Galicia, por Carlos Botana, Polbo, outra realizada polo artista alemán Schoco Casana Rosso, Body and soul spezial, e Send me your shaman,  do austríaco  Wilhelm Schramm. As tres convocatorias foron pensadas como coleccións para crear con elas un obxeto único, un libro (no caso de Carlos e Wilhelm), ou una carpeta gráfica (Shoco Casana Rosso).
É esta unha pequena mostra deste xeito de intercambio de arte por correo, do achegamento a un tema e a sua representación simbólica mediante as distintas técnicas artísticas (pintura, fotografía, collage, gravado…).

II convocatoria de mail art da Biblioteca: “a memoria ferida: memoria e esquecemento”

A Biblioteca da Facultade de CC da Educación da Universidade da Coruña, en colaboración coa Biblioteca Central do Campus de Pontevedra fai pública a II convocatoria de mailart, co tema: “A memoria ferida” : memoria e esquecemento.

A primeira mostra tiña por tema “radiografía do medo” e nela participaron 137 artistas que plasmaron, empregando diferentes técnicas, a súa visión persoal do medo. Ademáis de creadores e creadoras nacionais, participaron artistas de México, Alemania, Arxentina, Xapón, Portugal, Uruguay, Tuquía, Siria, Venzuela, Estado Unidos, Gran Bretaña, Finlandia, Rumanía, República Checa, Noruega, Italia, Grecia, Chile, Canadá, Brazil, Bélxica e Austria. A mostra, despois da Biblioteca da nosa Facultade, estivo exposta en Biblioteca Central do Campus de Pontevedra (Universidade de Vigo).

Detalles da convocatoria

Tema. “A memoria ferida: memoria e esquecemento”

Destinatarios: Poden participar todos/as artistas que o desexen de calquera lugar do mundo.

Características técnicas:

Dimensión: Tarxeta postal 20×10 cm
Papel ou calquera outro soporte que se adapte ás medidas.
Técnica: libre
Envío por correo postal, sen sobre.
Máximo dúas obras por artista
Data límite: 30 de abril de 2012

2 exposicións no 2012: maio-setembro na Facultade de CC da Educación e setembro-novembro na Biblioteca Central do Campus de Pontevedra.

Ademáis exposición virtual.

Resposta a todos/as os que participen.

As obras non serán devoltas, despois das exposicións pasarán a formar parte da colección da Biblioteca de Cc da Educación.

Información e entrega das obras:

Biblioteca

Facultade de Cc da Educación

Universidade da Coruña

Campus Elviña s/n

15071 ACoruña

Galicia

España

memoriaeesquecemento@gmail.com