IV edición do curso Habilidades na procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFG

 

cartace TFG 20152016
O persoal da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación impartirá a IV edición do curso Habilidades na procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFG, 2015-2016 para o alumnado que estea matriculado no TFG.

Obxetivos do curso:

  1. Coñecer os recursos electrónicos aos que ten acceso a UDC
  2. Adquirir destreza na procura de información nos distintos recursos.
  3. Avaliar e xestionar a información
  4. Evitar o plaxio
  5. Comunicar e publicar

Trátase dunha formación semipresencial, con parte dos contidos en Moodle. As sesión presenciais serán de 3 horas e centraranse na parte práctica.

InfografiaMÓDULO 1. NORMATIVA. ONDE ATOPAR TFG OU TFM XA PRESENTADOS

  1. Guía útil
  2. Ondea topar TFG ou TFM xa presentados (UDC e outras universidades)
  3. Normativa
  4. Bibliografía

MÓDULO 2. ONDE E COMO BUSCAR A INFORMACIÓN

  1. Analizar a necesidades de información
  2. Seleccionar as fontes
  3. Interacción co sistema de recuperación. Estratexia de busca.
  4. Avaliación da información.
  5. Da cita ao texto completo
  6. Alertas informativas

MÓDULO 3.  XESTIONAR E ORGANIZAR A INFORMACIÓN.

  1. Principais xestores bibliográficos
  2. Refworks

MÓDULO 4. REDACTAR UN TRABALLO ACADÉMICO

  1. Evitar plaxio
  2. Ética
  3. Citar e crear bibliografía
  4. Obter imaxes copyleft
  5. SNL. Axudas
  6. Publicación no RUC

MÓDULO 5. FERRAMENTAS ÚTIS UTILIZANDO AS TICS

  1. Traballar na nube
  2. Presentacións dinámicas
  3. Xestión de imaxes

Prazo e lugar de matrícula: ata o 23 de outubro, na biblioteca.

Horarios (elexir un dia e quenda). Serán 3 horas.

Quenda de mañán: 3 e 6 novembro de 11 a 14 h

Quenda de tarde:  4 e 5 novembro de 18 a 21 h

Lugar de realización: Aula net

Os cursos derán impartidos por Inma Doval Porto (quenda de mañán) e Chus García García (quenda de tarde), bibliotecarias.

Cursos que imparte o persoal da Biblioteca

steve hanna

imaxe de Steve Hanna, baixo licencia cc

A Biblioteca comeza agora en setembro as formacións para docentes e alumnado. Este ano teremos un novo curso, “Estratexias para incrementar a visibiblidade e o impacto dos resultados da investigación”, de carácter semipresencial, 12 horas (8h en liña e 4h en obradoiros presenciais nas bibliotecas dos centros), en colaboración co CUFIE, para o que xa hai 12 persoas inscritas. O obxectivo deste curso é dotar ao PDI da Universidade da Coruña dos recursos e coñecementos necesarios para optimizar a visibilidade da súa produción científica nas diferentes bases de datos e redes sociais científicas.

Programa do curso:

1. A identificación de autor: nome e filiación.
2. A publicación en acceso aberto. O repositorio institucional da UDC.
3. Plataformas sociais e redes científicas

Preinscripción ata o 15 de setembro

imaxe de Scott Beale, baixo licencia cc

imaxe de Scott Beale, baixo licencia CC.

Lembrámosvos ademáis a nosa oferta anual, que podedes solicitar na Biblioteca. Son formacións para grupos, tanto para docentes e investigadores como para o alumnado e PAS:

 Visita guiada. Xoves de 12-12.30 h. Alumnado 1º

 Presentación dos servizos e utilización do catálogo. Xoves de 13-14 h. Alumnado 1º

 Habilidades para o acceso e xestión da información (I). A Biblioteca e os seus servizos. Principias fontes. 2 horas. Alumnado de grao.

 Habilidades para o acceso e xestión da información (II). Procura avanzada e xestores bibliográficos. 3 horas + plataforma Moodle (mínimo 5 horas). Alumnado grao e mestrado.

 Xestores bibliográficos. Refworks. 1 hora

 TFG e TFM. Buscar e xestionar a información. 3 h + plataforma Moodle (mínimo 5 horas).

No noso blogue publicaremos nestes días as datas dos cursos de axuda bibliográfica para a preparación do TFG e TFM.

Os cursos para alumnado de grao e mestrado poden ser solicitados polo profesorado e impartiranse en grupos dun máximo de 30 alumnxs, ben na propia aula ou ben na aula multimedia.

O curso para TFG e TFM serán solicitados polo alumnado, que deberá anotarse na biblioteca. Serán dados de alta na plataforma e asignados a un grupo para la parte presencial.

Ademáis ofrecemos seminarios prácticos específicos para grupos pequenos como apoio á investigación:

 Avaliación da producción científica

 Organizar a información e traballar na nube

 Ferramentas educativas utilizando as TIC

 Creación dun perfil de invetigador/a

Os seminarios prácticos serán a petición de docentes ou alumnado de terceiro ciclo, para grupos dun mínimo de 3 persoas e máximo de 6 e serán impartidos na propia biblioteca.

Xornadas de xestión da información para a preparación do TFG

autor: shutterbugamarEntre o 16 de febreiro e o 13 de marzo terán lugar as xornadas Habilidades para a procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFG impartidas por persoal da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación. A formación será semipresencial, con 3 horas de aulas, nas que se aprenderá a facer unha procura bibliográfica e a traballar cos resultados nun xestor de referencias bibliográficas, autilización das citas e a creación dunha bibliografía. Complementarase con información e traballo a través da plataforma Moodle. Matrícula ata o 12 de febreiro na Biblioteca. Horarios de mañán e de tarde.
LEMBRA que hai axudas económicas do Servizo de Normalización Linguística para os traballos realizados en galego.

Obxetivos do curso:

  1. Coñecer os recursos electrónicos aos que ten acceso a UDC
  2. Adquirir destreza na procura de información nos distintos recursos.
  3. Avaliar e analizar eficientemente a información.
  4. Organizar a información utilizando os xestores bibliográficos.
  5. Evitar o plaxio na elaboración dos traballos académicos.
  6. Comunicar e publicar a información dun xeito eficaz, ético e legal.
  7. Descubrir ferramentas gratuítas para traballar na nube, crear presentación dinámicas ou editar imaxes.

Programa

  1. Aspectos prévios a ter em conta:
    1. Normativa da UDC e específica para cada grao.
    2. Onde consultar TFG xa presentados
    3. Calendarios e mapas conceptuais.
  2. Reunir a información.
    1. Principais fontes de información: catálogos, bases de datos, repositórios e buscadores académicos.
    2. Como aceder ás fontes dende a UDC e dende ordenadores externos.
    3. A estratexia de busca. Prácticas nos distintos recursos.
    4. Avaliación dos resultados
    5. Creación dunha alerta informativa
  3. Organización e xestión da información.
    1. Os xestores bibliográficos
    2. Refworks
      1. Crear unha base de datos coas nossas referencias
      2. Inserir citas nun texto dende refworks
      3. Crear unha bibliografia
  4. Aspectos éticos e legais antes e despois da elaboración e publicación dun traballo.
    1. Normas éticas
    2. Lexislación a ter en conta
    3. Evitar o plaxio
    4. Obtención de imaxes libres para utilizar nos traballos
  5. Ferramentas TICS que me podem axudar durante e despois do traballo.

Xornadas de formación na xestión da información para alumnado de TFG e TFM

tfgcartacepeqOs días 18 e 25 de novembro, de 12 a 14 horas, terá lugar na aula multimedia da Facultade un curso sobre acceso e xestión da información de ciencias da educación para as/os estudantes do TFG e TFM que o vaian entregar en xaneiro, impartido polo persoal da Biblioteca. No 2015 se realizarán máis sesións para quen o presente en xuño. É necesario asistir os dous días xa que o curso é de 4 horas con apoio a través da plataforma Moodle. Se alguén o quere realizar debe anotarse na Biblioteca.
No curso se tratarán os seguinte puntos:
1. Fontes de información.
2. Interrogar á fonte: a estratexia de busca
3. Creación de alertas bibliográficas
4. Da cita ao texto completo
5. Exportación dos resultados
6. Organizar a información. Xestores bibliográficos: Refworks.
7. Citar e crear bibliografía
8. Evitar o plaxio. Aspectos éticos.
9. Algunhas ferramentas útis: presentacións, infografías, obter imaxes copyleft.
10. Publicación no RUC

 

CURSO: Habilidades para o acceso e xestión da información (I)

Mañán 10 de decembro impartirase o curso Habilidades para o acceso e xestión da información (I) para 1º de Grao de Logopedia, de 2 horas de duración, na aula 2.8. Neste curso coñeceredes os principais recursos cos que conta a Biblioteca e aprenderedes a utilizar o catálogo e a base de datos Dialnet. Deixámosvos aquí unha presentación.

Tamén a podedes descargar nun pdf logopedia2014

Curso para realización dun TFG

A Biblioteca impartirá a partir de finais deste mes o curso Habilidades na procura, xestión e comunicación para a realización dun TFG. para o alumnado que estea matriculado no TFG. A primeira edición realizouse no mes de decembro de 2013.
Os obxectivos do curso son:
1. Coñecer os recursos electrónicos aos que ten acceso a UDC

  1. Adquirir destreza na procura de información nos distintos recursos.
  2. Xestionar a información
  3. Evitar o plaxio
  4. Comunicar e publicar

Consultar o temario e horarios para cada Grao.
Prazo e lugar de matrícula
: ata o 21 de febreiro, na biblioteca.
Información con presentacións do curso, bibliografía e ferramentas útis.

Ademáis dos cursos específicos para cada un dos Graos impartidos na Biblioteca da Facultade, dende a Biblioteca Universitaria impartirase un curso xenérico, para todas as especialidades da universidade, tamén de 6 horas de duración, e coa concesión dun crédito de libre configuración: Formación de usuarios e usuarias na Biblioteca Universitaria. Recursos e utilidades para o traballo de grao. Lugar: Campus da Coruña (Elviña), aula 1 do edificio Xoana Capdevielle. Data:19 e 20 de febreiro, de 10.30 a 13.30 h
Prazo de inscrición: entre o 12 e o 19 de febreiro
Máis información no blogue e no facebook da Biblioteca Universitaria.

Como utilizar Google scholar para mellorar a visibilidade da tua investigación

Daniel Torres Salinas e Emilio Delgado López-Cózar, membros do Grupo de Investigación ‘Evaluación de la Ciencia y la Comunicación Científica (EC3)’, acaban de publicar en Slideshare a presentación do curso que están impartindo na Uviversidade de Granada, Cómo utilizar Google Scholar para mejorar la visibilidad de nuestra producción científica

Google scholar é a fonte de información máis utilizada por investigadores e alumnado. Trátase dun buscador académico gratuíto, multilingüe, universal e sinxelo que ofrece gran cobertura (inclúe repositorios de investigación e recolectores, revistas sí e non peer review), comparable a moitas bases de datos. con googl scholar podemos:

1. Buscar información bibliográfica (busca en revistas, repositorios, bases de datos, libros, congresos, informes científico-técnicos, teses…)
2. Obter textos completos en pdf ou html. Incluso da opción de ver todas as versións do mesmo.
3. Ver as citas dun traballo e coñecer o teu índice h
4. Exportar directamente a un xestor de referencias bibliográficas (incluído Refworks e Endnote)

Se queres que os teus traballos aparezan indizados no Google scholar é importante que estean nun repositorio dixital ou na web da universidade, tamén é importante que te crees un prfil no google scholar e que nel asocies a tua web. LEMBRA: na UDC temos un repositorio dixital ao que podes subir os teus traballos, o RUC, utilízao e mellorarás a tua visibilidade.