Revistas “depredadadoras e secuestradas”

bealls-list-logoOllo investigadoras e investigadores!!!!, ás revistas “Predators”, fraudulentas ou depredadoras, que carecen de todo tipo de calidade científica, engádense agora as “revistas secuestradas”, que suplantan a identidade de revistas de impacto e envían correos a investigadorxs solicitándolles publicar nelas.

No blogue de Rafael Repiso tedes máis información sobre este tema.

O bibliotecario Jeffrey Beall, da Universidad de Colorado realizou unha listaxe, tanto coas depredadoras como coas secuestradas, actualizadas en xaneiro de 2015. En febreiro, xa había case 600 revistas detectadas. Hai que estar ao tanto xa que o número de revistas deste tipo se vai incrementando, polo que o propio Bell redactou unha serie de criterios a ter en conta para detectar se a revista que nos solicita un artigo é ou non é “de fiar”. Algúns dos criterios que debemos ter en conta son:

  1. A revista ou editora debe ter un consello editorial e de redación. Os seus membros deben estar identificados e acompañados da súa filiación institucional. Comprobar que sexan autoas/es que xa teñen publicado e en revistas de prestixio. Ollo!, ás veces inclúen expertos sen o seu consentemento.
  2. O autor/a debe quedar con dereitos sobre a distribución da obra, non cedelos todos á editora.
  3. A información en cuestión de costes económicos (se é que é unha revista / editora na que hai que pagar por publicar) debe estar sempre clara. Hai revsitas que despois envían facturas coas que non contabamos, ou editoras de libros que esixen un número de vendas determinado para publicar ou que o libro, de impresión a demanda, ten uns costes desorbitados. Publicar en este tipo de editoriais e revistas non supón ningún beneficio para a/o autor/a.
  4. Debe ter información clara sobre a revista, con ISSN, politicas de aceso aberto, DOI para os artigos, enderezo postal e electrónico claro…

Tamén é bo que cando recibimos un correo dalgunha “editora ou revista” sospeitosa, o comentemos cos nosos colegas xa que é posible que les/as tamén o recibiran, o cal xa “canta moito”. Estas revistas normalmente publicitan índices de impacto fraudulentos, ficticios, que non nos van servir para a avaliación científica.

No portal de CIRC (Clasificación Integrada de Revistas Científicas, aparece xa integrada esta listaxe e cando buscamos unha revista nos indica se é depredadora.

Hai un artigo moi interesante de Manuel Bagues, profesor de economía na Aalto University de Helsinki, sobre este tema no blog “Nada es gratis”

VIII Semana Internacional do acceso aberto (II)

OA1A Universidade da Coruña dispón dun repositorio dixital, RUC, no qeu podedes depositar os documentos resultado da vosa investigación: teses, artigos, actas de congresos, comunicacións, documentos de docencia…

Deixamos aquí unha infografía realizada pola CRUE cos beneficios de publicar nun repositorio institucional.

OA4Debedes saber que todas as publicacións derivadas de proxectos de investigación que se sufragan con fondos públicos deben publicarse despois en aberto, nalgún repositorio dixital (ruta verde) ou nunha revista OA (ruta dourada). No caso da UDC a canle maís doada e rápida e o RUC. Son estas directrices que veñen marcadas:

  1. No Programa Horizon 2020, no que se obriga a depositar en aberto o resultado da investigación entre 6 e 12 meses despois da súa publicación.
  2. O artigo 37 da Lei da Ciencia, a Tecnoloxía e a Innovación, pola que todxs os investigadorxs cuxa actividade fose financiada maioritariamente cos orzamentos xerais do Estado deben publicar en acceso aberto os resultados das súas investigacións, antes de 12 meses desde a súa publicación.
  3. O Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro que regula os estudos de doutoramento, no art. 15.5 no que di que “unha vez aprobada a tese de doutoramento, a universidade ocuparase do seu arquivo en formato electrónico aberto nun repositorio institucional”.

E, como debemos facer para publicar no RUC?. Deixamos aqui un video realizado pola Sección de Proceso técnico da Biblioteca da UDC no que se explica calramente todo o procedemento. Aínda así, se tedes calquera dúbida, na Biblioteca vos podemos axudar.

OA3Antes de publicar debes coñecer os tipos de licencias de dereitos de autor/a que existen para saber cal é máis axeitada para o teu traballo. No caso de que o teu traballo xa fora publicado antes deberás asegurarte de qeu a editorial na que o publicaches (revista, monografía…) permite o seu depósito en aberto e cal é o modelo que podes subir (draft, preprint, postprint, versión de editor).

Pensa que publicar en aberto sempre lle vai dar maior difusión aos resultados da túa investigación.OA2

 

VIII Semana Internacional do acceso aberto (I)

Do 19 ao 25 de outubro conmemórase a VIII Semana Internacional do acceso aberto, este ano co tema “Aberto para a colaboura”. A finalidade desta inicitiva é fomentar o acceso aberto entre a comunidade científica.

Lembrade que para publicar en acceso aberto tedes duas vías paralelas:

•”Vía dourada”: publicación en revistas científicas de acceso aberto. Artigos quedan dispoñibles sen restricións desde a súa publicación

•”Vía verde”: auto-arquivo por parte dos autores dos seus traballos de investigación en repositorios institucionais de libre acceso.

RUTA DOURADA: REVISTAS

DOAJ Portal de revistas OA que abarca todas as áreas do coñecemento, dende as ciencias exactas ata as humanidades, en todos os idiomas.

Open Science Directory Directorio de revistas en acceso aberto que ofrece acceso a 13.000 revistas.

Outros exemplos de portais de revistas OA:

REDIB Red Iberoamericana de Innovación y Conocimiento Científico: que agora sustuirá a e-revistas do CSIC. Trátase dunha plataforma plataforma de agregación de contidos científicos e académicos en formato electrónico producidos no ámbito iberoamericano, creada polo CSIC e Universia.

Redalyc: Rede de revistas científicas de América Latina, Espoña y Portugal.

Latindex: “portal de portais” proporciona acceso aos contidos e textos completos de revistas académicas dispoñibles en hemerotecas dixitais de América Latina, o Caribe, España e Portugal, adheridas ao movemento de acceso aberto.

E-revistas: A Plataforma Open Access de Revistas Científicas Electrónicas Españolas e Latinoamericanas e-Revistas é un proyecto impulsado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) coa finalidade de contribuir á difusión e visibilidade das revistas científicas publicadas en América Latina, Caribe, España e Portugal.

RUTA VERDE: REPOSITORIOS

Un repositorio é un arquivo dixital de produtos intelectuais xestionado por un organismo ou institución. É un arquivo do seu propio patrimonio investigador que ten como obxectivo pór a disposición da sociedade e do resto de investigadores a produción científica para o seu beneficio mutuo.

Algúns exemplos:

RUC: Repositorio que recolle, difunde e preserva as publicacións dixitais en acceso aberto produto da actividade científica e institucional da UDC

Dialnet é un dos maiores portais bibliograficos de acceso libre. Acceso á literatura científica hispana a través de Internet. Contido: referencias, artígos, teses doctorais, documentos de traballo e pre-prints, etc.

E-Prints Complutense: Archivo Institucional en acceso aberto da Biblioteca da Universidad Complutense de Madrid para xestionar la documentación dixital froito da actividade dos seus docentes, investigadores e dos grupos de investigación validados pola UCM.

RECERCAT (depósito investigación Cataluña):

TDR: repositorio cooperativo que contén, en formato dixital, teses de doutoramento lidas nas universidades de Catalunya e outras comunidades autónomas. A consulta das teses é de libre acceso e podemos realizar a procura no texto completo, autor/a, director/a, título, palabras clave, universidade e departamento no que se teña lido, ano de defensa, etc.