solta a lingua

Solta a lingua.  Clube de conversa

A Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña inicia en abril de 2013 un novo proxecto, “Solta a lingua”, un clube de conversa en diferentes idiomas que se realizará no Recuncho de lectura e que ten como obxectivo a inmersión lingüística noutra lingua.

O Recuncho de lectura da Biblioteca naceu coa finalidade de ser un lugar de achegamento ás letras, así como unha sala informal e cómoda para ler con tranquilidade, para reconciliarse coa lectura, convidando ademais a pensar e imaxinar, un punto de encontro entre lectoras/es e autoras/es, entre docentes e alumnado para compartir actividades relacionadas coa palabra escrita: coloquios en torno a un libro, lecturas dramatizadas, recitais… Solta a lingua favorecerá ese encontro entre lectores e lectoras para comunicarse nunha lingua diferente á propia e charlar sobre temas variados.

Está dirixido á comunidade universitaria. Os participantes formarán grupos por lingua cun mínimo de tres persoas e un máximo de dez.

É preciso anotarse previamente na biblioteca.

A conversa non está dirixida, aínda que a Biblioteca, a través do seu blogue, engadirá enlaces a libros, películas, temas, que poden axudar a romper o xeo. Tamén programará proxeccións de películas en versión orixinal. Ademais convidará nalgunhas ocasións a nativas/os a participar, o cal se avisará con antelación.

Comezaremos cos seguintes grupos:

horarios
Inglés Luns de 13 a 14 Mércores de 19 a 20
Francés Martes de 13 a 14 Xoves de 19 a 20
Italiano Mércores de 13 a 14 Xoves de 18 a 19
Galego para neofalantes Xoves de 13 a 14 Luns de 19 a 20
Alemán Venres de 13 a 14 Martes de 19 a 20

O horario poderá variar nalgunha ocasión por necesidade do Recuncho para algunha actividade programada. Avisarase con antelación. Poderán crearse máis grupos a petición da comunidade universitaria (chino, xaponés, árabe…)