Revistas electrónicas

As revistas electrónicas son publicacións periódicas das que se nos ofrece o texto completo en versión dixital. Hai ocasións nas que temos a revista en papel e tamén en formato dixital, e outras nas que temos subscrita a revista unicamente en formato dixital. Algunhas están subscritas individualmente e otras están incluídas dentro de paquetes de revistas electrónicos contratados con grandes proveedores. Hai revistas que son de pago, subscritas pola UDC, e outras que están dentro do movemento “open acces” ou acceso aberto, e que están gratuítas na rede.

foto de EFF foto

PAPEL + DIXITAL. En papel, na nosa biblioteca hai 716 revistas, das que 366 están abertas.  Algunhas delas tamén con acceso electrónico. Hai revistas que ata agora tiñamos por subscripción en papel e agora pasaron a estar en acceso libre, gratuítas, como son: Anales de psicología, Arbor, Canadian journal of education, Crítica, Historia de la educación, Pisicothema, Papeles de psicólogo, Revista de educación, Revista interuniversitaria de formación del profesorado, Revista latinoamericana de psicología, e Spanish journal of psychology. Todas estas revistas en papel ou formato electrónico que temos subscritas individualmente, incluídas estas últimas xa gratuítas, están accesibles dende o catálogo da biblioteca (se buscamos por título de revista ou por materia, incluñindo neste caso os téminos “publicaciones periódicas”). Tamén na web da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación, no apartado colección, revistas suscritas na facultade, hai unha listaxe con todas as revistas subscritas de interese para o noso centro.

ELECTRÓNICAS EN PAQUETES. A UDC tamén fai subscripcións a revistas electrónicas “en bloque”, o que chamamos “paquetes de revistas electrónicas”, cos que  temos acceso a perto de 19.000 títulos, dos que aproximadamente 2.200  son de CC da educación, psicoloxía e materias que se imparten na facultade (filosofía, ciencias do deporte, relixión, literatura…). Para acceder a todas estas revistas temos 2 opcións:

1. Utilizando o Metabuscador Pórtico e o xestor de enlaces SFX, aplicación que integra o acceso a todos os recursos electrónicos desde unha única plataforma. Para acceder deberemos estar conectados á rede de investigación da UDC. Con esta ferramenta podemos:

titulo

– Ver que revistas electrónicas hai dunha área do coñecemento dentro de todos os paquetes que temos contratados. Buscamos por materia. Educación estaría dentro de Artes e humanidades – Carreiras educativas (é a opción que da o programa, non somos nós quen pon as materias), mentras que psicoloxía está no apartado de ciencias da saúde -psicoloxía e psiquiatría.

– Buscar unha revista individual. Buscando por título.
– Tamén buscar por proveedor combinándoo con materia: busca avanzada.
– Buscar un artigo en concreto, na opción de localizador de artigos.

Dende Pórtico e SFX tamén podemos acceder aos libros electrónicos e as bases de datos que ten subscritos a UDC.

2. A outra opción é buscar por PROVEEDOR. Para iso debemos ir á web da Biblioteca da UDC, e en Recursos de información seleccionar Revistas electrónicas. Aquí aparecen os enlaces a todos os proveedores con quen temos contratadas as revistas electrónicas e premendo en cada un deles nos levará á súa páxina web con variadas opcións de busca. Son moitos: Sage, Taylor & Francis, JSTOR, Cambridge Journals… Para acceder deberemos estar conectados á rede de investigación da UDC.

            

En casi todas elas poderemos buscar por materias, ou por unha revista en concreto.

Johanna84

Ademáis existen moitas revistas de LIBRE ACCESO na rede, que están dentro do movemento OPEN ACCESS (OA). Temos varios portais de revistas electrónicas en OA, entre eles:

 

portais revistas electronicas

DOAJ  Portal de revistas OA que abarca todas as áreas do coñecemento, dende as ciencias exactas ata as humanidades, en todos os idiomas.

Open Science Directory Directorio de revistas en acceso aberto que ofrece acceso a 13.000 revistas.

Redalyc:  Rede de revistas científicas de América Latina, España e Portugal.

Latindex:  “portal de portais” proporciona acceso aos contidos e textos completos de revistas académicas dispoñibles en hemerotecas dixitais de América Latina, o Caribe, España e Portugal, adheridas ao movemento de acceso aberto.

E-Revistas: plataforma open Access de revistas electrónicas científicas españolas e latinoamericanas – área de ciencias sociais. Creada polo CSIC.

Se a revista que buscas non está dentro das subscritas pola UDC, e tampouco dentro das gratuítas, lembra que podes utilizar o servizo de Préstamo Interbibliotecario para solicitar algún artigo a outra biblioteca que si teña esa revista. Normalmente os artigos os envían axiña e en formato electrónico.