Prensa dixital

Galiciana é a Biblioteca Dixital de Galicia impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura e xestionada pola Biblioteca de Galicia co obxectivo de difundir e preservar o rico acervo bibliográfico galego.

O proxecto pretende non só a dixitalización dos fondos senón tamén a normalización do acceso mediante a aplicación de normativas abertas e internacionais, co fin de facilitar a máxima visibilidade da biblioteca e de cada unha das súas obras.

Galiciana integra, ademais de fondos da propia Biblioteca de Galicia, recursos das principais bibliotecas patrimoniais galegas e de centros galegos en América. Intégrase en Hispana, o directorio e colleiteiro de recursos dixitais españois e en Europeana, a Biblioteca Dixital Europea xurdida como unha forma de contribuír á preservación e difusión do patrimonio bibliográfico e co fin de mostrar ao mundo a riqueza cultural dos pobos de Europa. [texto tomado da propia web]. En Galiciana podemos acceder e descargar 3.642 obras entre elas 75 manuscritos, 3.139 libros impresos do século XV ao século XX, 260 cabeceiras da prensa galega e 186 de cartografía.Galiciana proporciona acceso a máis de 1.200.000 páxinas dixitalizadas correspondentes ós 136.751 obxectos dixitais.[Carlos Pedreira Novo]

E para prensa está o catálogo de publicacións periódicas dixitalizadas do Centro Superior Bibliográfico de Galicia, tamén con publicacións de América e o a colección dixital da Biblioteca da Universidade de Santiago.

Outros recursos:

Periódicomanía. Portal da BNE, con recursos sobre todo tipo de publicacións periódicas (prensa, publicacións oficiais, revistas científicas). Os recursos incluirán unha breve presentación extractada da súa propia páxina e se mantendrán permanentemente actualizados.