Menús da Biblioteca: as excelencias da nosa cociña

Non podes pasar pola Facultade sen probar as especialidades da Biblioteca. Somos expertas chefs da información, preparamos os nosos pratos con ingredientes saudables e levamos máis de 20 anos de experiencia. Adaptámonos ao teu tempo e ás túas necesidades. Podes tomar un café ou un té con nós e en 15 minutos saberás utilizar unha nova ferramenta, ou ben encher o bandullo con algo máis consistente. Ben saborosos, e non engordan. Algúns os podes levar para casa e degustalos pouco a pouco no momento que o precises, outros son para compartir cun grupo de colegas na aula ou na Biblioteca. Temos incluso un menú con premio para quen sexa quen de rematalo todo, 1 ECTS. A que agardas? Reserva xa o teu menú e a túa mesa. Deixámosche aquí o menú completo. Se tes algunha dúbida ou prefires algún prato especial, temos para todas as dietas.