Formacións: Presentacións e titoriais

Aula Ci2: PLANO DE FORMACIÓN EN COMPETENCIAS INFORMACIONAIS DA BIBLIOTECA DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓN.

CALENDARIO DE FORMACIÓNS

Autoaprendizaxe ou complemento para a túa formación presencial na plataforma Moodle, 2 cursos, solicítanos as claves de convidada/o.

cartacecursos2016_2listopEntre os cursos que ofertamos están

  • Visitas guiadas e introdución ao catálogo: Coñeceredes os nosos servizos. os fondos de que dispón a Biblioteca (en papel e electrónicos), aprenderedes a utilizar o catálogo en liña, e a facer unha procura simple de artigos en Dialnet.
    Cando?: martes de 12-12.30 e xoves de 18-19.30. Elixe dia e quenda e reserva a túa praza.
  • Formacións en Competencias informacionais: Aula Ci2, elixe a que mellor responda ás túas necesidades. Podes descargar aquí o programa completo.
  1. Aula CI2-A. Curso semipresencial paralelo ás matérias docentes. Formación gradual en varias fases: Grao e TFG e TFM, seguindo os níveis de competencia dixital estabelecidos por Rebiun no DIGCOMP.
  2. Aula CI2PAS. Seminario de formación para PAS do centro, especialmente indicado para aquel que traballa na UADI.
  3. Aula CI2-D. Seminarios de formación para PDI e alumnado de doutoramento, semipresencial, que se desenvolverán ao longo do ano académico, en grupos reducidos.
  4. Aula CI2-I. Individualizada. Asesoramento directo e individual para PDI e alumnado de doutoramento

Tamén ofrecemos formacións á carta, nalgunha base de datos específica ou xestor bibliográfico, na utilización de ferramentas de xestión de imaxes, de creación de presentacións dinámicas, creación de videotitoriais…

cartacecurso2016profes2pContamos cun servizo de asesoramento ao investifigador/a  con formacións específicas para grupos, seminarios prácticos e asesoramento individual, sobre avaliación da produción científica (CNEAI, ACSUG, ANECA), creación dun perfil de investigador/a, xestores bibliográficos, onde publicar con impacto, como depositar no RUC, ferramentas educativas na rede… Elixe o que precises e fala con nós.

MATERIAL DIDÁCTICO PARA AS FORMACIÓNS

GRAO PRIMEIRO
Presentación Primeiro educación infantil e primaria Loli Cotelo 2016-2017

Guia de como facer unha procura bibliográfica

Onde podemos buscar a información (material complementario)

TFG: Habilidades na procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFG.

Presentación curso 2016-2017

TFM: Habilidades na procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFM

Presentación TFM 2016-2017

REFWORKS (versión nova)

Como incorporar citas a Refworks


como crear citas e bibliografía dende Refworks a Word

Guías e titoriais do novo Refworks (web oficial en español)

REFWORKS (versión antiga

Como utilizar Write in Cite (titorial oficial de Refworks)

Como utilizar Write-in-cite (titorial da Biblioteca CC Educación)
Guía rápida de uso de Refworks (Bugalicia)
Tutoriais sobre Refworks (precisa java)
Como importar rexistros bibliográficos do catálogo da UDC
a Refworks Biblioteca)
Xestores de referencia (Biblioteca Facultade Ciencias da Educación 2013)
Importar con Refgrab-it (dunha web a Refworks) (Biblioteca, 2013)

Normativa da APA

O estilo da APA, da American Psychological Association, é o máis indicado para os traballos de investigación en psicoloxía, pedagoxía e afíns, e é o que se debe utilizar para a realización do TFG. Na Biblioteca temos a última edición deste manual en inglés e en castelán.

Guia rápida realizada pola Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación.

Mastering APA style : instructor’s resource guide : an instructional guide to help teach students the style rules of the “Publication of the American Psychological Association”. Washington, DC : American Psychological Association, [2010]. 6º ed. 6th ed., 3rd printing

Manual de publicaciones de la American Psychological Association / traducción puesta al día según la sexta edición del inglés por Miroslava Guerra Frías ; revisión y adaptación lingüística, Silvia Rosa Peña Alfaro González. México, D.F. : El Manual Moderno, [2010] (2011 imp.)

Existen ademáis numerosos resumes e axudas na web. Deixamos aquí unha pequena selección:

Ferramentas da web da APA con tutoriais, FAQS, resumes… (en inglés)

Avendaño Avendaño, Y. (2010). Introducción a las citas y referencias: Manual estilo APA 6ta edición

Resume feito pola biblioteca da Universidade de Vigo.

Guía a la redacción en el estilo APA, 6ta edición Biblioteca de la Universidad Metropolitana, de Sylvia Zavala Trías, MLS (Universidad Metropolitana de Venezuela)

Resume do Manual de publicacións da APA (&ª ed.) feito pola Universidad de Alcalá de Henares. Con exemplos para cada tipo de documento.

Lembra que utilizando Refworks para xestionar as tuas citas podes crear as citas e bibliografía dun xeito automático. Se tes dúbidas infórmate na Biblioteca.

Investigación na nube (creado por Biblioteca de CC eConómicas e Empresariais)
Guía de uso do catálogo