De cerca

Cartace e programa
Retransmisión en UDCTV das xornadas
Presentación de Andoni Calderón
Animación a la lectura en bibliotecas universitarias con el apoyo de las TIC (conferencia de Andoni Calderón)
Comentario sobre as xornadas en La Biblioteca informa al bibliotecario (por Andoni Calderón)

22 e 23 de abril de 2013.

A matrícula é de balde. Reserva a túa praza en mdoval@udc.es

Preténdese dar información sobre a participación da UdC na Rede Internacional de Universidades Lectoras e as posibilidades que brinda tal asociación para a nosa comunidade universitaria. Mais tamén rebozar dito obxectivo con accións e actividades que poñan en valor ao mundo do libro, da lectura e da escrita e os seus axentes (editoras, bibliotecas, autores/as, lectores/as…).

Nestas xornadas contaremos coa presencia de escritores, docentes, periodistas, bibliotecarios e lectores, así estarán con nós: Ángel Gabilondo, Andoni Calderón Rehecho, Héctor Pose, Anxo Fariña, María Solar, Tonhito de Poi, Consuelo Bautista, Quico Cadaval  e Fernando Vázquez.

Promove: Vicerreitoría de Estudantes, Deporte e Cultura da UdC.
Sufraga:  Vicerreitoría de Estudantes, Deporte e Cultura
Comisión Actividades Culturais da Facultade de Ciencias da Educación                   Servizo de Normalización Lingüística da UDC
Organiza: Héctor Pose [coordinador da UdC da RIUL] e  Inma Doval  [Biblioteca Facultade Ciencias da Educación da UDC]
Colabora: Edicións Xerais de Galicia, Editorial Galaxia, Oficina de Cursos e Congresos da UDC.

A Biblioteca participa, ademáis de na organización, con varias exposicións paralelas:

“Retratando libros”, exposición que ven da Biblioteca Central da Universidade de Vigo. A mostra parte dunha selección de 28 fotografías de entre as case 200 que compoñen o álbum “Retratando Libros” en Flickr, realizado pola Sección de Adquisicións da BUV, e “son un perfecto exemplo do que esta iniciativa quixo ser dende o seu comezo en 2008: unha invitación a retratar o mundo do libro, en calquera contexto, sen mais” (blogdabiblio). Lugar: Recuncho de lectura da Biblioteca”

“Baixo cuberta”. Un paseo pola historia do libro, dende a invención da escritura ata o libro electrónico. Pódense ver algunhas xoias como un orixinal de “L’Architettura” de León Battista Alberti, datado en 1565, pertencente ao fondo da biblioteca da ETSA da UDC, ou unha Biblia de 1723 que procede dunha colección privada. Todo esto e moito máis nas nosas Peceiras de creatividade.

“Verbas ao vento”, instalación artística que pendura do Auditorio da facultade, realizada por Roberto Suárez Brandariz e Inma Doval Porto coa grande colaboración do alumnado de terceiro (A e B) de Grao en Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da UD. Nela participan 20 artistas:  Amelia Seoane Secas (Galicia), Augusto Metztli (México), Carmen Cierto (Galicia), Ceu Costa (Portugal), Inma Doval (Galicia), Isabel Pintado (Madrid), Julia Pintão (Portugal), Lara Pintos (Galicia), Manoel Bonabal (Galicia), Manuel Silvestre (Valencia), María Verdugo Althofer  (Madrid), Mariana de Castro (Portugal), Maribel Longueira (Galicia), Marthazul (Galicia), Mercedes Molares (Galicia), Miriam Rodrigues (Portugal), Novais (Galicia), Ramiro Torres Maceiras (Galicia), Renata Carneiro (Portugal), Xacobe Meléndrez Fassbender (Galicia.

Unha reflexión sobre “De cerca

  1. Pingback: De cerca | Blogue da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación

Os comentarios están pechados.