Agradarache saber…

Entre o 22 e o 29 de xaneiro expoñeremos na biblioteca carteis sobre toponimia de rúas da Agra do Orzán, feita pola asociación de veciños do bairro.
Sabiades que Nelle e Outeiro eran nomes de aldeas?

Son oito carteis con información básica sobre o nome de oito rúas: sobre os persoeiros que lles dan o nome (Francisco Añón, José Baldomir, Andrés Gaos, Almirante Mourelle, Pascual Veiga, Teixeira de Pascoaes) e sobre algúns dos escasos topónimos tradicionais que aínda perviven (Agramela, Nelle).

Tamén nas vitrinas da entrada haberá bibliografía sobre o tema.

Comeza un novo curso, na Biblioteca podemos axudarte

asAs competencias informacionais, ou conxunto de capacidades que nos permiten recoñecer cando precisamos a información para buscala, xestionala, avaliala e comunicala dun xeito adecuado, son imprescindibles  para acadar uns bos resultados nas calificacións, e forman oarte dos currículums das distintas materias. Na Biblioteca podémoste axudar a manexar as distintas fontes de información, a ser autónoma ou autónomo na procura de información sobre un tema, localizar artigos, xestinar os documentos atopados, avaliar a información que atopes en internet e moitas cousas máis, xa que somos especialistas en xestión da información. Pásate pola biblioteca

O Principio

O Principio é un álbum ilustrado, escrito pola actriz e narradora Paula Carballeira e ilustrado por Sonja Danowski, artista plástica alemana, no que, ante un tema dunha gran dureza como é a guerra, amósaxe unha mensaxe de esperanza. “O principio” tamén é unha homenaxe aos libros e ás bibliotecas como ferramentas pacíficas e instrumentos para fomentar a tolerancia e o achegamento a través do coñecemento e da palabra” (Libros para soñar, 5-2012).

No Recuncho de lectura da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación: Exposición dalgunhas das ilustracións que Sonja Danowski realizou para este conto. Durante todo o mes de decembro.

No salón de actos da Facultade, o martes 4 de decembro, ás 13 horas, presentación do libro realizada pola súa autora, Paula Carballeira.

Colabora  

Sexenios

Nace un novo servizo, sexenios.com, destinado a asesorar a investigadoras/os na solicitude de sexenios ante a CNEAI e na acreditación da ANECA e outras axencias. Podedes seguilos Twitter  ou en Facebook.

Está formado por Álvaro Cabezas-Clavijo e Rafael Repiso ambos Licenciados en Documentación e Máster en Información Científica por la Universidad de Granada e Máster en Información Científica pola Universidad de Granada, e membros do grupo EC3 de la Universidad de Granada.

Na sua web tedes información e tarifas.

“Manual básico para investigadores: quién cita mis artículos, dónde y cómo publicar los resultados de mis investigaciones”. Realizado por bibliotecarias da Universitat Politécnica de Valencia

Manual básico para investigadores: quién cita mis artículos, dónde y cómo publicar los resultados de mis investigaciones”. Realizado por bibliotecarias da Universitat Politécnica de Valencia e colgado na plataforma UPV OpenCourseWare O contido do curso trata os seguintes aspectos:

1  Introducción

2  Citas dos artígos e factor de impacto das revistas

3  Outros recursos alternativos para calcular citas e índices de impacto

4  Aspectos básicos da propiedade intelectual

5  Xestores de referencias bibliográficas

6  O movemento de acceso aberto

7  Claves para mellorar a xestión de dereitos de autor

8  Ferramentas 2.0 para aumentar a difusión das tuas investigacións

Acceso