III Edición do curso “Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación”

Nova convocatoria do curso “Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación”, impartido polo Servizo de Biblioteca Universitaria e as bibliotecas dos centros, en colaboración co CUFIE. O curso é semipresencial, un total de 12 horas (8 horas teóricas a través da plataforma Moodle e 4 horas de prácticas en obradoiros presenciais nas bibliotecas dos centros. Información e inscripción.

Na Facultade de Ciencias da educación realizaron a primeira edición 8 docentes e na segunda 10 e 6 alumnas/os de doutoramento.

Cada participante rematará a sesión co seu perfil creado en ORCID e con todas as súas publicacións engadidas, perfís unificados en Scopus, Researcher Id, correccións en Dialnet, etc. Tamén depositará algúns dos seus documentos no RUC, analizando os tipos de licencias a aplicar en cada caso. Outro aspecto a tratar son algunhas recomendacións para publicar con impacto en revistas científicas. Recomendámosvos a súa realización. O prazo remata o 15 de xaneiro, as prazas son limitadas, adxudicadas por orde de inscripción.

Exposición fotográfica “Futillos” de Xacobe Meléndrez Fassbender

cartace9pDende o 17 de outubro pódese ver no Recuncho de lectura a exposición “Futillos”, de Xacobe Meléndrez Fassbender.  “Futillos” é como lle chaman en Guatemala ao futbolín. Esta  serie é unha homenaxe ao inventor deste xogo, Alexandre de Fisterra, apelido tomado do nome do seu pobo. “Os matracos” ou “matraquiños”, como lles chaman en Portugal, son un xogo que tivo moita relevancia na xuventude de moitas xeracións… marcaba, e ainda o fai, retos, primeiros contactos, amizades, discusións, canalizaba enerxía…
Alejandro Rodríquez Campos (o seu nome de nacemento) foi republicano persequido e exiliado en moitos países: Francia, Ecuador, Guatemala… pero sobre todo en México, onde coñeceu ao poeta León Felipe, do que foi amigo e editor. Foi un grande axitador social na sombra, e como poeta deixou dous versos que se repetiron nas suas necolóxicas e que nos achegan ao seu perfil inconformista, os mesmos que inspiraron estas fotografias:Xacobe Meléndrez Fassbender

“…estais ahí muertos
como si fueseis a vivir toda la vida
Alexandre de Fisterra (1919-2007)

 A exposición fotográfica compleméntase cunha mostra sobre Alexandre de Fisterra nas vitrinas da entrada.

ESCI (Emerging Sources Citation Index)

S024651_FlyerThompson dará acceso a un novo producto a partir novembro e qeu se incluirá dentro do paquete de productos ao que xa temos acceso a través da Fecyt. Trátase de ESCI (Emerging Sources Citation Index). A existencia de productos alternativos aos de Thompson (JCR, SCI, SSCI…) e que utilizan outros índices de impacto, métricas alternativas, como o SJR de Scopus, o Índice H, utilizado por Google Scholar, o SNIP …, así como o cuestionamento do seu FI polo marcado sesgo hacia publicacións do ámbito anglosaxón, porque non penaliza autocitas e pola ausencia das ciencias humans no JCR, entre outros, pode ser a causa do nacemento de ESCI, vamos, que se están “poñendo as pilas”. Neste novo producto aparecerán as revistas que están sendo avaliadas para entrar en WOS, seguindo o método do seu factor de impacto. Os criterios:
  • revistas con revisión por pares
  • prácticas de publicación éticas
  • contidos de interés para comunidade experta na súa área
  • requisitos técnicos…
Xa está aparecendo noticias nas webs dalgunhas revistas nas que anuncian que estarán neste novo producto, como la UCM que indica as revistas da súa edición que aparecerán en ESCI.
As revistas que aparezan en ESCI seguirán o seu camiño para o posterior paso “ou non” a JCR e WOS, pero, aínda que non pasen seguirán aí. E agora a esperar que nas vindeiras convocatorias da CNEAI, ANECA, ACSUG… comecen a incluir este producto.
Sería un puntazo que a túa estivera aí.

asesoramento ao investigador/a: creación dun perfil de investigador/a

perfil de inestigaodorPERFIL DE INVESTIGADOR/A

Un investigador ou investigadora debe buscar sempre a visibilidade do seu traballo, que a súa producción científica sexa recuperada nas principias fontes de referencia e que as súas publicacións sexan citadas por colegas de todo o mundo. Un dos primeiros pasos que debe dar é crear un perfil de investigador, cunha sinatura recoñecida que o identifique en todos os seus traballos e en todas as fontes nas que apareza citado/a. Unha vez creado o seu perfil deberá crear alertas bibliográficas nas distintas bases de datos para saber en todo momento quen o vai citando. Tamén debe contar cun CV normalizado e actualizado.

Cando un investigador/a aparece con diferentes nomes nos distintos traballos é máis difícil de atopar e polo tanto de citar, esto disminúe a súa visibilidade científica. FECYT publica una guía con recomendacións e axuda para a normalización do seu nome, Propuesta de manual de ayuda a los investigadores españoles para la normalización del nombre de autores e instituciones en las publicaciones científicas, creado polos grupo sde investigación EC3 (Universidad de Granada) e ACUTE, Análisis Cuantitativo en Ciencia y Tecnología dol IEDCYT-CSIC.

Moitos autores/as utilizan variantes do nome nas distintas publicacións, ademáis as propias bases de datos cometen erros, moitas veces influenciados pola utilización dun só apelido por parte do mundo anglosaxón, por iso se recomendan unhas pautas:

1. Insistir ao autor/a na necesidade de utilización dunha única sinatura, que identifique claramente ao investigador/a e o diferencie dos demáis

2. Que o lugar de traballo pareza claramente e tamén co seu nome normalizado. Esto facilita a identificación do autor

3. A sinatura científica non ten que coincidir coa do DNI ou pasaporte.

4. No caso de apelidos pouco correntes recomendase utilizar só un e nos moi común os dous con guión. Tamén é preferible non utilizar as partículas que unen os nomes, etc… Tamén inclúe recomendacións para os enderezos electrónicos.

Onde podemos crear un perfil de investigador?

Existen varios sistemas de rexistro nos que un autor/a se pode dar de alta, crear e xestionar una conta persoal co seu nome normalizado vinculado á súa producción científica. Deste xeito poderemos asegurar que as distintas bases de datos Terán o noso nome ben e aumentaremos a nosa visibilidade científica.

orcidORCID

(Open Researcher and ContributorID) é un proxecto aberto, global e sen ánimo de lucro,de colaboura entre varias institucións científicas (universidades, institutos de investigación, editoriais científicas…) que proporciona un identificador único (p.e. orcid.org/0000-0003-4452-2751) e persistente para autores do ámbito científico e académico. É aceptado por organización e editores científicos editores científicos de gran importancia como Elsevier, Thomson-Reuters, CrossRef, Springer, Wiley, etc. Hai xa moitos investigadores españoles en Orcid  tal vez pola estructura dos nosos nomes, con dous apelidos e en moitas ocasións con máis dun nome, e tamén pola presión dos sistemas de avaliación nacional e autonómica. O identificador ORCID pódese sincronizar con BD bibliográficas e bibliométricas como Scopus ou Web of Science tanto para capturar rexistros nosos xa indexados como para exportar dende ORCID. A estas ventaxas podemos engadir que ás veces podemos asinar artigos de revistas co noso nº Orcid, así como as solicitudes de finaciación ou o CV do Fecyt. O autor/a pode engadir ademáis as súas propias webs e blogues.

Como podo obter o meu perfil Orcid?

1. Individualmente, entrando na páxina de Orcid e rexistrándome. Despois iremos engadindo as nosas publicacións, currículum, e se temos xa creados os perfís en Scopus ou Research Id podremos transferir as referencias bibliográficas.

2. A través da institución á que pretencemos. Unha institución pode xerar perfís Orcid para os seus investigadores, aínda que será o propio autor/a quen teña o control do seu perfil.

Máis información.

Videotitorial en español

 

ReesearchId logoResearcher ID

É un producto gratuíto de Thomson & Reuters que está asociada aos seus productos, entre eles á web of Knowledge. Como Orcid, nos permite crear un identificador único de investigador/a que evita duplicidades nas autorías. Como ORCid, proporciona información sobre as publicacións do autor/a, temén íncide H…

reserachidex

Como podo conseguir o meu Research ID?

Deberás entrar na plataforma de Web of Knowledge e crear un rexistro de usuaria/o. Despois premer no enlace Resarch Id.

Titorial en inglés 

Integración de Orcid e Research Id 

Scopus Author Identifier

Producto de Elsevier para a normalización dos nomes de investigadores. Permite asignar un identificador a todas/os autores/as que teñen documentos indizados en Scopus.

scopusex

Como crear o noso identificador en Author-Id de Scopus?

Entrar na plataforma de Scopus e buscar en Author search o noso nome.No caso que as nosas publicacións aparezan con diferentes nomes poderemos unificalas, despois de seleccionadas, coa opción “request to merge authors” onde o solicitaremos a partir dun formulario (os cambios poden tardar meses).

Igual que veíamos no caso de ResearcherID, tamén é posible conectaro perfil de ORCID co de Scopus.Despois poderemos buscar polo noso código Orcid.

Videotitorial para vincular as duas contas 

Google Scholar Citations

Producto de google. Para ter un perfil só é preciso ter unha conta de google e aprtir de aí poderemos ir engadindo as nosas publicacións.Permítenos ver o noso índice h e índice i10.

 IraLis

International Registry for Authors Links to Identify Scientists. Xurdíu en 2006 a iniciativa do repositorio E-LIS, o directorio EXIT e a revista EPI (El professional de la información) para solucionar os problemas de indización dos autores/as españois que publicaban en EPI. A idea é crear un rexistro de autoridades.

iralisex

Hai outras ferramentas para construir perfís de investigador/a, ferramentas das redes sociais como é o xestor de referencias Mendeley, ou a rede Linked-In, onde se poden engadir as publicacións, datos de contacto, empresas e institucións nas que se desenvolve a investigación, intereses, webs…

O CURRICULUM VITAE NORMALIZADO (CVN)

O CVN da Fecyt é un curriculum normalizado que permite ser trasladado dunha base de datos a outra sen ter que introducir os datos de novo, e que se actualiza automáticamente.

Foi creado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

É o aceptado polas entidades de avaliación da producción científica.Ademáis podes presentalo en todas as convocatoria do Plan Nacional e convocatorias autonómicas.

Podes cargar as publicacións dende Scopus ou WoS.

Tamén o podes traducir automáticamente a seis idiomas: galego, éuscaro, catalán, español, inglés e francés.

Celebramos o día de Rosalía

Rosalía_Castro_de_Murguía_por_Luis_SellierHoxe, 24 de febreiro, é o aniversario de Rosalía de Castro, e ata Google lle rende homenaxe poñendo a súa imaxe no buscador de hoxe e enlazando así a todo o que está publicado na rede sobre ela.

Tamén dende hoxe podemos acceder ao libro dixital 150 Cantares para Rosalía de Castro proxecto de colaboura entre 151 poetas de varios países, 15 ilustracións de 16 artistas plásticos galegos baixo a dirección de Suso Díaz, con limiar de Mercedes Queizas Zas e prefacio de Ramón Nicolás.

Na web da Fundación Rosalía de Castro tedes información sobre a súa vida e obra. Na nosa biblioteca podedes consultar ou levar en préstamo Cantares Gallegos, Follas novas, El cadiceño, En las orillas del Sar… E aquí vos deixamos unha ampla bibliografía sobre ela e a súa obra.

NÉBEDA Clube de lectura e encontros literarios

imaxe: Raul Lieberwirth “readingontheroof”
A Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación comeza o seu Clube de lectura e encontros literarios “Nébeda”, con “Adios María” de Xohana Torres. Coordinan o clube María Gutiérrez Calvete e Inma Doval Porto, bibliotecarias. O Clube está aberto a toda a comunidade universitaria, que deberá anotarse no enderezo mdoval@udc.es. Trátase dun Clube virtual, a través do blogue, no que todas e todos os que participan poderán comentar a obra durante a súa lectura, se ben cada lectura contará cun encontro literario cun escritor ou escritora con quen se debatirá sobre a mesma. O primeiro encontro será con Dores Tembrás, escritora,  a finais do mes de abril no que falaremos sobre a obra “Adios María”. Paralelamente levaremos a cabo un Cineclube, con películas, curtas ou documentais relacionados coa obra, moderado por Juan José Bueno Aguilar, profesor da facultade. O Clube conta coa colaboración de Patricia Carballal Miñán e Iria Sobrino Freire, profesoras do centro,  e Francisco X. Fernández Naval, escritor.

Agradarache saber…

Entre o 22 e o 29 de xaneiro expoñeremos na biblioteca carteis sobre toponimia de rúas da Agra do Orzán, feita pola asociación de veciños do bairro.
Sabiades que Nelle e Outeiro eran nomes de aldeas?

Son oito carteis con información básica sobre o nome de oito rúas: sobre os persoeiros que lles dan o nome (Francisco Añón, José Baldomir, Andrés Gaos, Almirante Mourelle, Pascual Veiga, Teixeira de Pascoaes) e sobre algúns dos escasos topónimos tradicionais que aínda perviven (Agramela, Nelle).

Tamén nas vitrinas da entrada haberá bibliografía sobre o tema.