Revistas “depredadadoras e secuestradas”

bealls-list-logoOllo investigadoras e investigadores!!!!, ás revistas “Predators”, fraudulentas ou depredadoras, que carecen de todo tipo de calidade científica, engádense agora as “revistas secuestradas”, que suplantan a identidade de revistas de impacto e envían correos a investigadorxs solicitándolles publicar nelas.

No blogue de Rafael Repiso tedes máis información sobre este tema.

O bibliotecario Jeffrey Beall, da Universidad de Colorado realizou unha listaxe, tanto coas depredadoras como coas secuestradas, actualizadas en xaneiro de 2015. En febreiro, xa había case 600 revistas detectadas. Hai que estar ao tanto xa que o número de revistas deste tipo se vai incrementando, polo que o propio Bell redactou unha serie de criterios a ter en conta para detectar se a revista que nos solicita un artigo é ou non é “de fiar”. Algúns dos criterios que debemos ter en conta son:

  1. A revista ou editora debe ter un consello editorial e de redación. Os seus membros deben estar identificados e acompañados da súa filiación institucional. Comprobar que sexan autoas/es que xa teñen publicado e en revistas de prestixio. Ollo!, ás veces inclúen expertos sen o seu consentemento.
  2. O autor/a debe quedar con dereitos sobre a distribución da obra, non cedelos todos á editora.
  3. A información en cuestión de costes económicos (se é que é unha revista / editora na que hai que pagar por publicar) debe estar sempre clara. Hai revsitas que despois envían facturas coas que non contabamos, ou editoras de libros que esixen un número de vendas determinado para publicar ou que o libro, de impresión a demanda, ten uns costes desorbitados. Publicar en este tipo de editoriais e revistas non supón ningún beneficio para a/o autor/a.
  4. Debe ter información clara sobre a revista, con ISSN, politicas de aceso aberto, DOI para os artigos, enderezo postal e electrónico claro…

Tamén é bo que cando recibimos un correo dalgunha “editora ou revista” sospeitosa, o comentemos cos nosos colegas xa que é posible que les/as tamén o recibiran, o cal xa “canta moito”. Estas revistas normalmente publicitan índices de impacto fraudulentos, ficticios, que non nos van servir para a avaliación científica.

No portal de CIRC (Clasificación Integrada de Revistas Científicas, aparece xa integrada esta listaxe e cando buscamos unha revista nos indica se é depredadora.

Hai un artigo moi interesante de Manuel Bagues, profesor de economía na Aalto University de Helsinki, sobre este tema no blog “Nada es gratis”

VIII Semana Internacional do acceso aberto (I)

Do 19 ao 25 de outubro conmemórase a VIII Semana Internacional do acceso aberto, este ano co tema “Aberto para a colaboura”. A finalidade desta inicitiva é fomentar o acceso aberto entre a comunidade científica.

Lembrade que para publicar en acceso aberto tedes duas vías paralelas:

•”Vía dourada”: publicación en revistas científicas de acceso aberto. Artigos quedan dispoñibles sen restricións desde a súa publicación

•”Vía verde”: auto-arquivo por parte dos autores dos seus traballos de investigación en repositorios institucionais de libre acceso.

RUTA DOURADA: REVISTAS

DOAJ Portal de revistas OA que abarca todas as áreas do coñecemento, dende as ciencias exactas ata as humanidades, en todos os idiomas.

Open Science Directory Directorio de revistas en acceso aberto que ofrece acceso a 13.000 revistas.

Outros exemplos de portais de revistas OA:

REDIB Red Iberoamericana de Innovación y Conocimiento Científico: que agora sustuirá a e-revistas do CSIC. Trátase dunha plataforma plataforma de agregación de contidos científicos e académicos en formato electrónico producidos no ámbito iberoamericano, creada polo CSIC e Universia.

Redalyc: Rede de revistas científicas de América Latina, Espoña y Portugal.

Latindex: “portal de portais” proporciona acceso aos contidos e textos completos de revistas académicas dispoñibles en hemerotecas dixitais de América Latina, o Caribe, España e Portugal, adheridas ao movemento de acceso aberto.

E-revistas: A Plataforma Open Access de Revistas Científicas Electrónicas Españolas e Latinoamericanas e-Revistas é un proyecto impulsado polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) coa finalidade de contribuir á difusión e visibilidade das revistas científicas publicadas en América Latina, Caribe, España e Portugal.

RUTA VERDE: REPOSITORIOS

Un repositorio é un arquivo dixital de produtos intelectuais xestionado por un organismo ou institución. É un arquivo do seu propio patrimonio investigador que ten como obxectivo pór a disposición da sociedade e do resto de investigadores a produción científica para o seu beneficio mutuo.

Algúns exemplos:

RUC: Repositorio que recolle, difunde e preserva as publicacións dixitais en acceso aberto produto da actividade científica e institucional da UDC

Dialnet é un dos maiores portais bibliograficos de acceso libre. Acceso á literatura científica hispana a través de Internet. Contido: referencias, artígos, teses doctorais, documentos de traballo e pre-prints, etc.

E-Prints Complutense: Archivo Institucional en acceso aberto da Biblioteca da Universidad Complutense de Madrid para xestionar la documentación dixital froito da actividade dos seus docentes, investigadores e dos grupos de investigación validados pola UCM.

RECERCAT (depósito investigación Cataluña):

TDR: repositorio cooperativo que contén, en formato dixital, teses de doutoramento lidas nas universidades de Catalunya e outras comunidades autónomas. A consulta das teses é de libre acceso e podemos realizar a procura no texto completo, autor/a, director/a, título, palabras clave, universidade e departamento no que se teña lido, ano de defensa, etc.

NOVEDAD: guías temáticas e recursos por materias

fiador3A Biblioteca da UDC ven de poñer a disposición de usarias/os da universidade unha nova guía temática con recursos de todas as materias, o Fiador. Esta selección foi realizada polo persoal das distintas bibliotecas da UDc, utilizando unha ferramenta de acceso aberto, SubjectPlus, que foi implemantada por Bugalicia, Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia para a organización dos recursos electrónicos das tres universidades galegas. Dentro dos recursos que se selecionaron están bases de datos subscritas pola universidade e gratuítas, fontes de acceso aberto, páxinas webs, revistas electrónicas, videos, etc.

fiadorHai recursos que poden interesar a todas as disciplinas, como é o caso dos relacionados co cine, o de Avaliación e acreditación, a guía de open access, a de fotografía, ou a de publicación e divulgación. Pero tamén hai outras específicas para cada especialidade. Dentro das creadas por nós para as nosas áreas están a de educación, Educación Social, Logopedia, Cine e educación e a de Ferramentas educativas utilizando as TICs.

budc

Cada guía contén varios recursos que aparecen descritos e coas súas características principais e accesos. Tedes unha descripción máis ampla no blogue da Biblioteca Central.

 

Da cita ao texto completo. As revistas electrónicas

11122773785_8603e017b0_zCando facemos unha procura nunha base de datos, non sempre atopamos o texto completo do artigo. O máis frecuente é que obteñamos unha referencia bibliográfica do documento e teñamos que buscar o texto por outros camiños. Atoparémolo unicamentoe nos seguintes casos:

1. Bases de datos a texto completo. Como é o caso das bases de datos de lexislación de westlaw (Aranzadi, contrata e internacional) ou a bd de normas UNE, de Aenor.

2. Bases de datos nas que a propia bd, aínda que non é a texto completo, ofrece o enlace directo a artigos que están en libre acceso ou ben a artigos que ofrece a propia base de datos coa subscripción.

Se non 6961051384_5dc494bcc1_zé ningún destos casos, deberemos comprobar se a biblioteca está ou non subscrita a esa revista:

1. En papel, na nosa biblioteca hai 702 revistas, das que 334 non se reciben actualmente. Algunhas delas tamén con acceso electrónico.

2. Ademáis a biblioteca está subscrita a 83 títulos de revista en formato electrónico. E a través de paquetes de revistas electrónica temos acceso a perto de 19.000 títulos máis, dos que máis de 2.000  son de CC da educación, psicoloxía e materias que se imparten na facultade (filosofía, ciencias do deporte, relixión, literatura…).

porticoComo saber se temos o un artigo nunha revista electrónica?
Utilizando o buscador Pórtico, ao que enlazaremos dende a páxina web da biblioteca (no apartado revistas electrónicas. Se estamos nunha bd poderemos enlazar directamente se vemos o icono SFX.
De non estar aquí a buscaremos no catálogo da Biblioteca por se atemos en papel.
Tamén podemos buscar o artigo no buscador científico Google scholar por se estivera en libre acceso, colgado nalgún repositorio institucional.

Se precisamos un artigo e non a atopamos por ningún destes camiños, acudiremos ao servizo de Préstamo interbibliotecario.

Hai demasiadas revistas en ciencias sociais?

Hai demasiadas revistas de Ciencias sociais?. É preferible ter poucas e de calidade ou moitas sen filtros?, Sería unha boa opción a fusión de revistas, a publicación colaborativa?, e os Megajournals?. Deixamos aquí unha reflexión de Luís Rodríguez-Yunta sobre os modelos actuais de publicacións de  revistas científicas en España, realizada dentro da la 3ª Conferencia sobre calidad de revistas de ciencias sociales y humanidades, CRECS 2013, celebrada en Sevilla e organizada polo Grupo ThinkEPI e El profesional de la información.

Fusión de revistas como alternativa a las revistas institucionales (En CRECS, 2013), de Luís Rodríguez-Yunta: