amoresQmatan. Decisión do xurado

Imaxe de Sara Formoso para concurso amoresQmatan

Imaxe de Sara Formoso para concurso amoresQmatan

Reunido o xurado, composto por Lucía Martínez Grela (alumna de TFG), Roberto Suárez Brandariz (profesor de educación artística), Juan José Bueno Aguilar (profesor de educación social) e Inma Doval Porto (bibliotecaria), acordouse por unanimidade:

  1. Conceder o premio de fotografía á obra de Sarai Formoso, baseada na película “Te doy mis ojos”, de icíar Bollaín.
  2. Deixar o premio de video para votación popular, o que teña máis “gústame” no propio twitt, habendo de prazo ata o día 4 de marzo. Deste xeito quedan dosu premios populares, un para fotografía e outro para video.
  3. Despois de avaliar 100 parcicipacións, das que 85 eran fotografías, decidíu seleccionar 20 fotografías para exposición, que se inaugurará o día 8 de marzo ás 12 h, as asinadas por: @Xiana_Sanchez, @emejotacorona, @Ione994, @monica94_capela, @noensqms, ‏@saracaramelo,@iria_boedo, @martaoreirog, @merceditasramos, ‏@SaraRocknRoll1, @SaraiFormoso, @CrisRamilo11, @migui_16, Raquel Martínez ‏@R_Martinez_D, @Sheila_Pedreira, Nuria Amigo Ferreiro @yatatodo 11, @ThaisMartnez, Manuel Orol Tallón ‏@manuelorol1991, Ramón Ferreiro Viadé ‏@Reimon_fV e Trini Castiñeira ‏@tcastineira.
    Na valoración o xurado tivo en conta, entre outros aspectos a orixinalidade, a calidade técnica e a mensaxe
  4. No caso no qeu o premio de votación popular coincida coa obra premiada polo xurado seleccionarase a seguinte. Unha obra só pode levar un premio.
  1. Os 10 videos que teñan máis “gústame” no twitter será os seleccionados e serán proxectados o día 8 de marzo no Recuncho de lectura, no momento da entrega de premios.

Cada un dos premios consitirá nun vale de 50 € a canxear nunha libraría da Coruña.

amoresQmatan: concurso de fotografía e videocreación

AMOR DEFINITIVO

Concurso de fotografía e videocreación.
8 de marzo 2016.
Organiza a Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación en colaboración con Roberto Suárez Brandariz Brandariz e alumnado de Linguaxes audiovisuais e educación artística do Grao en Educación infantil.
Envíanos un twitt cunha foto ou video antes do 26 de febreiro. Debe constar  #amoresQmatan e @biblioeduca. A partir da lectura ou visualización dun dos libros ou películas propostas pola Biblioteca.  das obras propostas.
Descargar Bases.
Se non sabes como subir videos a twitter aquí tes duas guías básicas Videograber e  Twittboy.

O lapiz do neto do carpinteiro

CARTEL 2Lugar: Recuncho de lectura e peceiras de creatividade da Biblioteca da Facultade
Datas: xaneiro-marzo 2016

O lápiz do neto do carpinteiro é unha exposición de caricaturas realizadas por Roberto Suárez Brandariz, arquitecto e profesor titular na nosa Facultade, onde imparte educación artística. Nas caricaturas de Roberto non existe unha esaxeración de rasgos físicos das persoas retratadas, se non que nos achegamos á parte máis interior de delas, nunha clave humorística, non satírica, cunha visión cómica e amable dalgúns dos seus compañeiros e compañeiras da Facultade. A pericia no debuxo, do neto do carpinteiro, do neto dun ebanista que, como el, aprendeu o debuxo dende moi neno, a partir do trazado de formas xeométricas básicas, así como a captación do aspecto psicolóxico déixase ver na representación de cada personaxe. Roberto publicou as súas primeiras tiras cómicas, de crítica e reivindicación social xa no ano 1978, no suplemento do periódico El Ideal Gallego. Realizou ademáis carteis por encargo, traballando daquela nunha empresa de publicidade, como o que podemos ver, tamén no recuncho, para Estrella Galicia. O proceso creativo de cada una das caricaturas parte do debuxo a lápiz, que despois continuará con rotulador e lápices de cores.

imaxe da Wikipedia

imaxe da Wikipedia, caricatura de Darwin

A caricatura é un xénero artístico que aparece na Italia renacentista, fálase da súa creación pola familia Carraci en Bolonia no século XVI, aínda que xa Leonardo da Vinci realizaba debuxos con rasgos esaxerados que poderiamos incluír neste campo. Pero podemos rastrexar os seus comezos nas culturas mesopotámicas e o antigo Exipto, que continuaría en Grecia e Roma, (Aristóteles cita a un “pintor malévolo”, Poson), e incluso temos exemplos na arte medieval (Peláez, 2002). É no Renacemento cando se realizan obras satíricas e burlescas que moitas veces traían de cabeza á Igrexa, non só en Italia, se non tamén na pintura flamenca. As caricaturas  adéntranse no psicolóxico, trazando unha relación entre o caracter e a fisonomía, vencellándose nun principio con aspectos máxicos, como aparecen no tratado de Giambattista Della Porta, moi asociados no Renacemento a animales fantásticos e seres monstruosos.  (Grose, Burucúa  e Kwiatkowski  2011). A partir do XVII se utilizaría a caricatura para a ridiculización política e social, incluso nas loitas parlamentarias en Inglaterra que florecería no XVIII, “século de ouro” da caricatura inglesa, cun gran autor, William Hogarth e coa publicación do primeiro libro de debuxos de caricaturas, hacia 1762,  Mary Darly’s A Book of Caricaturas. No século XVIII e XIX en Francia e Gran Bretaña hai xa importantes revistas de caricaturas, como “La caricature” ou “The comic almanac”, respectivamente.

imaxe da Wikipedia

imaxe da Wikipedia. Caricatura realizada por Daumier

A historia ofrécenos nomes de excelentes caricaturistas como Carraci, Callot, John Tenniel , Sir Max Beerbohm, Honoré Daumier , Goya, Wilhelm Busch , Mort Drucker ou Sebastian Krüger, máis tamén existiron e existen mulleres moi boas nesta arte, como son Cintia Bolio, Raima Suprami, Guadalupe Rosas, só por citar algunhas delas…

En Galicia tivemos e temos maravillosos autores deste xénero: Castelao, Isaac Diaz Pardo, Siro López, Pinto, Leandro, Carrera, Abraldes, Xaquín Marín ou Kiko da Silva.

Caricatura de Laura Valenzuela realizada por Siro. Imaxe da BNE.

Caricatura de Laura Valenzuela realizada por Siro. Imaxe da BNE.

De feito, durante varios anos contou cunha Bienal específica, a Bienal da caricatura de Ourense, que tivo 9 edicións, baixo a dirección do grande activista cultural Benito Losada, na que se expoñían obras dos máis representativos caricaturistas a nivel internacional.

As caricaturas expostas no segundo andar da Biblioteca compleméntanse co material exposto nas vitrinas da entrada, nas que se poden ver outros traballos de Roberto, fases do proceso creativo e algunhas obras disponibles na biblioteca sobre caricatura e outros autores deste xénero.

Grose, F., Burucúa, J. E., & Kwiatkowski, N. (2011). Principios de la caricatura; seguidos de un ensayo sobre la pintura cómica. Madrid: Katz.

Peláez Malagón, J. E. (2002). Historia de la caricatura. Clío: History and History Teaching., (27)

EXPOSICIÓN DE ISABEL PINTADO

IMG_20151007_121719 (1)Cambio de mes e renovamos exposición no Recuncho de lectura e nas peceiras de creatividade. Durante os meses outubro e novembro podedes vir e coñecer a obra dunha grande artista, Isabel Pintado, licenciada en Belas artes pola Universidad Complutense de Madrid, profesora de pintura e gravado en varias institucións (Museo de Belas Artes da Coruña ou MAC, entre outros), ilustradora, colaboradora en espectáculos teatrais facéndose cargo da escenografía e atrezzo (Pisados Botamán de Melide ou Snakizados, de Gustavo Pernas), realiza ademáis instalacións artística, pintura en seda, etc. Acadou numerosos premios e bolsas artísticas.

A obra que presenta na nosa Biblioteca xira en torno ao libro. No recuncho de lectura hai unha pequena mostra dalgunhas das súas pinturas en papel. E nas peceiras de creatividade unha selección de libros intervidos, nos que podemos atopar poemarios de Eva Veiga, Miguel Anxo Fernán Vello, Francisco X. Fernández Naval, Yolanda Castaño, Antonio Gamoneda, Diana Varela Puñal…, cos que dialoga con debuxos e sedas.

Exposicións de maio

Comezamos o mes de maio con duas interesantes exposicións na Biblioteca.

IMG_20150505_084716Coincidindo e colaborando coas xornadas do festival Marea alta na nosa Facultade, entre o 4 e o 7 de maio, teremos na Biblioteca algunha das obras de Xosé Manuel Barros Hermida, da asociación Mar de fábula. Xosé Manuel traballa con crebas, refugallo que nos devolve o mar, e que transforma en fermosos barcos e no que el denomina “criaturas caóticas”. Case podemos navegar no Norah Crane, no Titan ou no Costa dos mosquitos… ou lembrar a Humphrey Bogart e Katharine Hepburn no African Queen.

Con motivo destas xornadas, nas nosas peceiras de creatividade temos unha mostra sobre a contaminación dos océanos e a poesía do mar.

E no noso Recuncho de lectura, tamén temos cambio de exposición. Nesta ocasión será Teresa Candal quen nos encha a sala de arte e de cor. Teresa é licenciada en Belas artes pola Universidade de Vigo, ten realizado numerosas exposicións de pintura, ademais é deseñadora gráfica e conta con formación en Arteterapia, cun postgrado realizado en Barcelona e o ciclo superior en Madrid. A cor domina nas súas obras, que en moitas ocasións a leva a abstración. Xoga con textos, dialogando con grandes autoras e autores, como Rosalía de Castro ou Cortázar, como podemos ver nalgunhas das obras aquí expostas. Nesta ocasión, Teresa, preséntanos unha serie de acuarelas, algunhas delas pertencen a unha homenaxe a Rosalía, un grande traballo.

Podesdes ver a súa exposición a partir do 7 de maio ata finais de xuño.

Esperando os deuses en Chanquillo

Esperando a los Dioses Universidade (1)pA partir do xoves 11 de marzo e ata o 30 de abril podedes visitar no Recuncho de lectura da nosa Biblioteca a exposición Esperando os deuses en Chanquillo, de Gustavo García Roig. Trátase dunha fotoreportaxe sobre o observatorio astronómico máis antigo de América, construído hai 2.300 anos, en Chankillo (Perú), polo pobo Mochica. Gustavo trasládase Chankillo, pero a ese tempo mochica no que os deuses indicaban o camiño e déxase guiar por Quilli e Inti, escoita a voz do Curaca, transfórmase en mochica e o resulatdo son estas marabillosas fotografías.

Puidemos contar coa presencia de Gustavo García Roig que nos falou deste observatorio, da cultura mochica, da súa viaxe e da realización desta reportaxe. O Recuncho estaba cheo. Queremos agradecer a Roberto Suárez Brandariz que se achegara cunha boa parte do seu alumnado.

Gustavo déixanos un texto que el escribíu e que foir traducido ao galego por Francisco X. Fernández Naval.

Comapartimos tamén este video publicado na revista Palavracomun con imaxes da súa exposición na Coruña o ano pasado.

ALLIN HAMUSKA / BENVIDOS

Cando?: do 5 de marzo ao 30 de abril.
Inauguración, día 5 ás 11 horas, coas presencia do autor.
Onde?: Recuncho de lectura da Biblioteca

?????????? ?????????? ?????????? ??????????

TROULAS, AS OUTRAS ORLAS

TROULAS DEFTROULAS, AS OUTRAS ORLAS

Exposición das orlas realizadas polo alumnado das promocións do Mestrado Universitario en profesorado de ensino secundario, no Itinerario de artes plásticas e visuais. A mostra está coordinada polo profesor Roberto Suárez Brandariz.

Troula: no argot dos afiadores ourensáns “mentira”. Esta exposición quere mostrar as interpretacións que os alumnos do Mestrado de Ensino Secundario fan da orla da súa promoción. Utilizando os elementos básicos: imaxe dos seus compoñentes, os seus nomes, o texto que define os seus estudos e o ano da promoción, pero dun xeito non convencional (Roberto Suárez Brandariz).


???????????????????????????????

???????????????????????????????

Ao alumnado formulóuselle o reto de expresarse dun modo orixinal empregando un medio tan anodinamente convencional como adoita ser unha ORLA, e aquí están os resultados.

A exposición pode verse no Recuncho de lectura e nas Peceiras de creatividade da Biblioteca durante todo o mes de febreiro.

 

 

Exposición de pintura na Biblioteca: Carlos Botana

cartacecarlosbotanaDurante os meses de novembro e decembro podedes visitar a exposición de pintura de Carlos Botana. No recuncho de lectura da Biblioteca.
Dez obras realizadas con acrílico sobre papel, nas que, como é habitual na obra do artista, o mar e os seus habitantes son os protagonistas.
Carlos Botana é un grande creador galego, e un dos mailartistas máis activos na comunidade internacional.

Deixamos aquí unhas imaxes da mostra na Biblioteca.
IMG_20141112_143518 IMG_20141112_143537 IMG_20141112_143548

Encontro literario con Eva Veiga

 

encontro evaO vindeiro mércores, 1 de outubro, ás 17 horas, terá lugar, no Recuncho de lectura da Biblioteca, un encontro literario con Eva Veiga, con quen os compoñentes do Clube de lectura Nébeda falarán sobre o seu último poemario, “A distancia do tambor”, que obtivo o XIII Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño. Eva Veiga  é poeta, xornalista, presentadora de tv, actriz de teatro e de cine e difusora cultural. En 2004 forma, xunto aos músicos Bernardo Martínez (percusión e clarinete) e Fito Ares (frauta traveseira e saxo) o grupo Ouriol, no que a poesía e a música se funden nunha fonda aperta. Eva sempre está aberta ao diálogo entre as artes, realizando tamén proxectos con artistas plásticos como Alfonso Costa ou Masafumi Yamamoto.

 

Se alguén que non sexa do clube quere asistir que contacte co persoal da biblioteca. Máis información no blogue Nébeda.