Publicados criterios SEXENIOS 2016

graduating-with-a-theme-14704285346scNo BOE do sábado 26 de novembro publícanse os criterios específicos aprobados para cada campo de avaliación. Endurécense para o campo 7, de Ciencias Sociais, Políticas, do comportamento e da educación. Amais introdúcese un punto novo, para todos os campos, o “F. Como paso previo a su valoración se establecerá si cada aportación es adecuada a la convocatoria, utiliza un medio de difusión apropiado y muestra responder a una línea de investigación coherente. Ello no implica juicio alguno sobre su calidad intrínseca, sino tan sólo constatar que se trata de una aportación evaluable”.

  1. ARTIGOS:
    1. Especifícase claramente que non van contar igual os artigos en JCR e en SJR ou Arts and Humanities Citation Index. Ata este ano non se especificaba o SJR, simplemente poñía Scopus. A fonte Scimago Journal Rank (SJR) establece un índice de gradación, non así Scopus.
    2. Elimínanse como fontes a ter en conta as bases de datos que non indican gradación, como ERIH, CIRC, DICE… Co cal as publicacións en revistas españolas saen moi perxudicada. Nelas podemos ver se se cumplen ou non certos criterios de calidade que o Comité Asesor poderá considerar ou non, pero a mera inclusión neles non suporá indicio de calidade. Non consideran  ningunha fonte sen “índices de gradación”.
    3. Tamén se especifica que no caso de estar no SJR deberá ter posición relevante (Q1 ou Q2), algo que non esixía a convocatoria anterior.
  2. MONOGRAFÍAS
    1. E se xa estaba complicado para as monografías, agora aínda llo poñen máis difícil, xa que tamén para elas van contar os cuartís que ocupen no SPI (Scholary Publishers Indicators), para as españolas deberá ser o Q!, e para estranxeiras Q1 ou Q2.
    2. As actas de congresos, que xa non se tiñan en conta, agora engade que non o serán aínda estando publicadas en libros ou revistas como proceedings.
    3. Tampouco o serán as “edicións de textos clásicos que non tñan clara relevancia e inclúan estudos preliminares e notas froito dunha investigación persoal e supoñan unha achega apreciable ao seu campo temático”.

Non se menciona para estos campos a inclusión no Emerging Sources Citation Index, a nova fonte que creou Thompsom o pasado ano para as revistas que están no “limbo” , á espera de ser incluídas no JCR, e na que aparecen moitas españolas e de artes e humanidades. Si é tida en conta para os campos 10 e 11.

Se tedes pensado presentarvos ou tedes dúbidas de se serán ou non consideradas “achegas de calidade”, LEMBRÁMOSVOS que na Biblioteca vos podemos axudar, facemos a procura nas distintas fontes e vos entregamos un informe cos criterios que cumplen.

Cursos de formación en Competencias informacionais da Biblioteca: Comeza con bo pé

cartacecursos2016_2listopComezamos un novo curso no que o alumnado precisará  buscar información en numerosas fontes, citar correctamente e crear bibliografías. Na Biblioteca ofrecemos formación especializada e axeitada a cada necesidade.

  • Visitas guiadas e introdución ao catálogo: Coñeceredes os nosos servizos. os fondos de que dispón a Biblioteca (en papel e electrónicos), aprenderedes a utilizar o catálogo en liña, e a facer unha procura simple de artigos en Dialnet.
    Cando?: martes de 12-12.30 e xoves de 18-19.30. Elixe dia e quenda e reserva a túa praza.
  • Formacións integradas na aula, para alumnado de primeiro, en colaboura con docentes. Aprendémosvos no uso do catálogo e da procura bibliográfica, amosámosvos as principais fontes de información, facendo prácticas nelas.
    Cando? O prazo de solicitude para docentes que queiran que o impartamos ao seu alumnado está aberto.
  • Cursos para alumnado de TFG e TFM. Impártense en duas quendas: primeira quincena de outubro e no mes de febreiro. Estade atentas/os á convocatoria ou pasade xa pola Biblioteca para reservar a vosa praza.Teñen 3 horas de duración presencial e compleméntanse con formación en liña en Moodle.

Contamos ademais con dous cursos completos na plataforma Moodle, aos que podedes acceder como convidadas/os coa contrasinal bibliotecaeducacion.

Tamén ofrecemos formacións á carta, nalgunha base de datos específica ou xestor bibliográfico, na utilización de ferramentas de xestión de imaxes, de creación de presentacións dinámicas, creación de videotitoriais…

cartacecurso2016profes2pContamos cun servizo de asesoramento ao investifigador/a  con formacións específicas para grupos, seminarios prácticos e asesoramento individual, sobre avaliación da produción científica (CNEAI, ACSUG, ANECA), creación dun perfil de investigador/a, xestores bibliográficos, onde publicar con impacto, como depositar no RUC, ferramentas educativas na rede… Elixe o que precises e fala con nós.

Journal Scholar Metrics

JSMXa temos un novo producto para medir o impacto das revistas, neste caso para revistas de Arte, humanidades e Ciencias sociais, Journal Scholar Metrics. É unha ferramenta bibliométrica creada polo grupo EC3metrics utilizando os datos de citas de Google Scholar Metrics para as revistas de Arte, Humanidades e Ciencias Sociais. Ofrécenos un ranking de revistas según o índice H5, índice H, ofrece o cuartil, tamén podemos ver o ranking por países e por materias.

En total 9196 revistas editadas de 82 países. Delas 1125 son de educación e 1032 de psicoloxía, 861 españolas. Están agrupadas en 22 disciplinas. Unicamente están as escritas en linguas latinas. Só están incluídas as revistas que teñen publicado máis de 100 artigos entre 2010 e 2014 e que teñan recibido polo menos unha cita. Presenta unha caixa de busca para facer a procura tamén por un título concreto.
Emilio Delgado López-Cózar, do Grupo EC3 preséntanos as seguintes novidades deste producto:
–     Por primeira vez temos todas as revistas do Google Scholar Metrics nas áreas da  Arte, Humanidades e Ciencias Sociaos.
–   Tamén é a primeira vez que se calculan os índices con e sen autocitas no Google Scholar Metrics..
–   Presenta os indicadores H e H5 con e sen autocitas. 
–   Utiliza un sistema novo de categorización das revistas.
Moitas revistas xa están anunciando na súa web que aparecen neste novo índice.

CAMPAÑA ORCID (I): Como crear un perfil en Orcid?

campaña orcid blogue

ORCID (Open Researcher and ContributorID) nace en 2012, é un proxecto aberto, global e sen ánimo de lucro,de colaboura entre varias institucións científicas (universidades, institutos de investigación, editoriais científicas…) que proporciona un identificador único e persistente para autores do ámbito científico e académico.

É aceptado por organización e editores científicos editores científicos de gran importancia como Elsevier, Thomson-Reuters, CrossRef, Springer, Wiley, etc.

A estas ventaxas podemos engadir que ás veces podemos asinar artigos de revistas co noso nº Orcid, así como as solicitudes de finaciación ou o CV do Fecyt. O autor/a pode engadir ademáis as súas propias webs e blogues.

avantaxes oecid

Como crear un perfil en Orcid?

pasos orcidPara inxerir publicacións podes ver o post anterior Como introducir publicacións nos perfís de Orcid e ResearcherId?

CAMPAÑA ORCID (II): Como introducir publicacións nos perfís de Orcid e ResearcherId?

poster exportar orcid

Unha vez creado o noso perfil nas plataformas Orcid e ResearcherId, debemos actualizalos coa nosa vida laboral e investigadora:

  1. Nome, filiación institucional, webs de interés (persoais, de grupos de investigación…)
  2. Unha breve reseña sobre o noso CV
  3. A nosa formación profesional (educación)
  4. Vida laboral (emprego)
  5. Publicacións

Se temos xa creado perfil en ResearcherId (normalmente cando se teñen publicacións na base de datos Web of Science, aínda que non é preciso) e tamén cando temos perfil en Scopus (créase automáticamente se temos máis dunha publicación nesa base de datos), podemos intercambiar datos entre éstos e o de Orcid, xerando automáticamente un enlace a ambos.

Para engadir publicacións en Orcid e ResearcherId temos 3 opcións:

  1. Manualmente, enchendo os campos dun formulario que nos abre cada plataforma.
  2. Importando dende un arquivo con fornmato BibTex (no caso de Orcid) ou RIS (no caso de ResearcherId. Hai moitas bases de datos e catálogos, ademáis de xestores bibliográficos, que permiten exportar as referencias a estos dous formatos (Refworks, Zotero, Dialnet, Google Scholar, Proquest, Ebsco, Jstor, Science Direct, Csic…).
  3. Importacións directas dende diferentes bases de datos ou xestores bibliográficos:
    1. ORCID: Scopus, ResearcherId, Mendeley, Redalyc, Crossref, PubMed, MLA…
    2. ResearcherId: WOS, Endnote, Orcid

Se queredes crear ou actualizar os vosos perfiles en calquera destas plataformas podedes acudir á nosa Biblioteca e nós vos axudaremos. Tamén podemos solucionar calquera dúbida que vos poida xurdir.

Lembrade que é importante elexir ben o nome que queredes utilizar na vosa vida profesional e de investigación, a vosa firma. Tamén debe ir ben a filiación institucional. Para todo iso, asdemáis das normas da FECYT están as recomendacións da UDC.

2ª Edicion do curso “Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación”

POSTER A4 (2)Despois do éxito da primeira edición, o CUFIE e o Servizo de Biblioteca Universitaria e as bibliotecas dos centros, ofertamos o curso semipresencial “Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación“, destinado a persoal docente (PDI) e alumnado de doutoramento da Universidade da Coruña. Trátase dun curso semipresencial, cun total de 12 horas (8 en Moodle e 4 en obradoiros presenciais nas bibliotecas de centro.

Os obxectivos do curso:

  • Motivar ao profesorado da UDC a ter unha presenza profesional activa na rede que reflicta de forma precisa as súas actividades e investigacións.
  • Promover o uso de boas prácticas á hora de crear unha identidade inequívoca como autores e investigadores.
  • Informar aos investigadores dos recursos específicos para a creación de perfís identificativos que faciliten a súa visibilidade nas bases de datos e na rede.  Facilitar aos investigadores estratexias para a visibilidade das súas publicacións científicas.
  • Traballar de forma práctica na creación de perfís e estratexias de visibilidade nos obradoiros.

orcidA Vicereitoría de Política Científica, Investigación e Transferencia enviou hoxe un comunicado a todo o PDI coa importancia de ter creado un perfil de investigación en ORCID, coa finalidade de dar unha maior visibilidade á súa produción científica. Trátase tamén, dunha referencia que xa se solicita á hora de publicar en moitas revistas científicas e en moitas axudas de investigación.

Neste curso tamén se darán estratexias para publicar con impacto, tratarase do tema do aceso aberto e as avantaxes de depositar nos Repositorios dixitais, e falarase redes científicas existentes para promocionar os traballos.

Prazo de matrícula: ata o 16 de marzo
Parte teórica: do 11 de abril – 8 de maio
Parte práctica: do 9 de maio ao 3 de xuño (acordarase con cada Biblioteca de centro)

Tedes aquí a informacion

 Formulario de inscrición

 

Convocatoria Sexenios 2015

No BOE de hoxe, 3 de decembro pubicase a Resolución do 30 de noviembre de 2015, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional y Universidades, co procedemento e prazo de presentación de solicitudes de avaliación da actividade investigadora á Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora. O prazo é dende o 7 de decembro ata o 31.

No post anterior tedes os criterios.

Criterios SEXENIOS 2015

cneaiNo BOE de onte, 30 de novembro, publícase a Resolución do 26 de novembro, cos criterios específicos da CNEAI para cada un dos campos de avaliación para 2015.

Introdúcense cambios con respecto a 2014, para todos os campos e específicos para cada área do coñecemento. No que se refire a normas xerais, especifica que, no caso de que a revista teña versión dixital e impresa, unicamente as datas que figuiren no volume impreso serán tidas en conta, polo que se a revista xa foi publicada en versión dixital, con doi, pero non ten aínda publicada a versión en papel, non conta.

No Campo 7, de Ciencias sociais, políticas, do comportamento e da educación, hai algún cambio:

  1. Dentro dos repertorios “alternativos” aos índices de impacto, que poderían terse en contra, inclúese CIRC e engade un etc.
  2. Polo que se refire a libros ou capítulos de libros, cita por primeira vez nesta área Scholary Publishers Indicators, como unha das fontes para buscar editoriais de prestixio, e tamén se engaden máis criterios para detectar se o libro ten o non indicios de calidade.
  3. Continúan as “penalizacións” por publicar reiteradamente en revistas e editoriais asociaciadas ao organismo no que o solicitante realiza a súa investigación, publicacións reiterativas e nivel alto de autocitas.
  4. E o campo de Psicoloxía seguen os mesmos criterios de endurecemento do ano pasado, como orientación, para ter avaliación positiva, 4 das cinco aportacións deberán ser revistas do JCR e deles, 3 no 1º e 2º cuartil.

Deixamos aqui enlace á análese dos cambios nos criterios da CNEAI para este ano, realizada por Emilio Delgado López-Cózar. Moi interesante e exhaustiva. Powered by emaze

LEMBRADE que na Biblioteca vos podemos axudar na procura dos vosos traballos nas distintas fontes de información aceptadas pola CNEAI e na procura de indicios de calidade. Ofrecemos seminarios de formación para profesorado e investigadores sobre:

1. Como avaliar a produción científica (para solicitar sexenios, prazas de profesorado…) segundo os criterios da CNEA, ANECA ou ACSUG.

2. Normalizar o noso nome e creación dun perfil de investigador/a

Tamén ofrecemos orientación bibliomética individual.

ESCI (Emerging Sources Citation Index)

S024651_FlyerThompson dará acceso a un novo producto a partir novembro e qeu se incluirá dentro do paquete de productos ao que xa temos acceso a través da Fecyt. Trátase de ESCI (Emerging Sources Citation Index). A existencia de productos alternativos aos de Thompson (JCR, SCI, SSCI…) e que utilizan outros índices de impacto, métricas alternativas, como o SJR de Scopus, o Índice H, utilizado por Google Scholar, o SNIP …, así como o cuestionamento do seu FI polo marcado sesgo hacia publicacións do ámbito anglosaxón, porque non penaliza autocitas e pola ausencia das ciencias humans no JCR, entre outros, pode ser a causa do nacemento de ESCI, vamos, que se están “poñendo as pilas”. Neste novo producto aparecerán as revistas que están sendo avaliadas para entrar en WOS, seguindo o método do seu factor de impacto. Os criterios:
  • revistas con revisión por pares
  • prácticas de publicación éticas
  • contidos de interés para comunidade experta na súa área
  • requisitos técnicos…
Xa está aparecendo noticias nas webs dalgunhas revistas nas que anuncian que estarán neste novo producto, como la UCM que indica as revistas da súa edición que aparecerán en ESCI.
As revistas que aparezan en ESCI seguirán o seu camiño para o posterior paso “ou non” a JCR e WOS, pero, aínda que non pasen seguirán aí. E agora a esperar que nas vindeiras convocatorias da CNEAI, ANECA, ACSUG… comecen a incluir este producto.
Sería un puntazo que a túa estivera aí.

asesoramento ao investigador/a: creación dun perfil de investigador/a

perfil de inestigaodorPERFIL DE INVESTIGADOR/A

Un investigador ou investigadora debe buscar sempre a visibilidade do seu traballo, que a súa producción científica sexa recuperada nas principias fontes de referencia e que as súas publicacións sexan citadas por colegas de todo o mundo. Un dos primeiros pasos que debe dar é crear un perfil de investigador, cunha sinatura recoñecida que o identifique en todos os seus traballos e en todas as fontes nas que apareza citado/a. Unha vez creado o seu perfil deberá crear alertas bibliográficas nas distintas bases de datos para saber en todo momento quen o vai citando. Tamén debe contar cun CV normalizado e actualizado.

Cando un investigador/a aparece con diferentes nomes nos distintos traballos é máis difícil de atopar e polo tanto de citar, esto disminúe a súa visibilidade científica. FECYT publica una guía con recomendacións e axuda para a normalización do seu nome, Propuesta de manual de ayuda a los investigadores españoles para la normalización del nombre de autores e instituciones en las publicaciones científicas, creado polos grupo sde investigación EC3 (Universidad de Granada) e ACUTE, Análisis Cuantitativo en Ciencia y Tecnología dol IEDCYT-CSIC.

Moitos autores/as utilizan variantes do nome nas distintas publicacións, ademáis as propias bases de datos cometen erros, moitas veces influenciados pola utilización dun só apelido por parte do mundo anglosaxón, por iso se recomendan unhas pautas:

1. Insistir ao autor/a na necesidade de utilización dunha única sinatura, que identifique claramente ao investigador/a e o diferencie dos demáis

2. Que o lugar de traballo pareza claramente e tamén co seu nome normalizado. Esto facilita a identificación do autor

3. A sinatura científica non ten que coincidir coa do DNI ou pasaporte.

4. No caso de apelidos pouco correntes recomendase utilizar só un e nos moi común os dous con guión. Tamén é preferible non utilizar as partículas que unen os nomes, etc… Tamén inclúe recomendacións para os enderezos electrónicos.

Onde podemos crear un perfil de investigador?

Existen varios sistemas de rexistro nos que un autor/a se pode dar de alta, crear e xestionar una conta persoal co seu nome normalizado vinculado á súa producción científica. Deste xeito poderemos asegurar que as distintas bases de datos Terán o noso nome ben e aumentaremos a nosa visibilidade científica.

orcidORCID

(Open Researcher and ContributorID) é un proxecto aberto, global e sen ánimo de lucro,de colaboura entre varias institucións científicas (universidades, institutos de investigación, editoriais científicas…) que proporciona un identificador único (p.e. orcid.org/0000-0003-4452-2751) e persistente para autores do ámbito científico e académico. É aceptado por organización e editores científicos editores científicos de gran importancia como Elsevier, Thomson-Reuters, CrossRef, Springer, Wiley, etc. Hai xa moitos investigadores españoles en Orcid  tal vez pola estructura dos nosos nomes, con dous apelidos e en moitas ocasións con máis dun nome, e tamén pola presión dos sistemas de avaliación nacional e autonómica. O identificador ORCID pódese sincronizar con BD bibliográficas e bibliométricas como Scopus ou Web of Science tanto para capturar rexistros nosos xa indexados como para exportar dende ORCID. A estas ventaxas podemos engadir que ás veces podemos asinar artigos de revistas co noso nº Orcid, así como as solicitudes de finaciación ou o CV do Fecyt. O autor/a pode engadir ademáis as súas propias webs e blogues.

Como podo obter o meu perfil Orcid?

1. Individualmente, entrando na páxina de Orcid e rexistrándome. Despois iremos engadindo as nosas publicacións, currículum, e se temos xa creados os perfís en Scopus ou Research Id podremos transferir as referencias bibliográficas.

2. A través da institución á que pretencemos. Unha institución pode xerar perfís Orcid para os seus investigadores, aínda que será o propio autor/a quen teña o control do seu perfil.

Máis información.

Videotitorial en español

 

ReesearchId logoResearcher ID

É un producto gratuíto de Thomson & Reuters que está asociada aos seus productos, entre eles á web of Knowledge. Como Orcid, nos permite crear un identificador único de investigador/a que evita duplicidades nas autorías. Como ORCid, proporciona información sobre as publicacións do autor/a, temén íncide H…

reserachidex

Como podo conseguir o meu Research ID?

Deberás entrar na plataforma de Web of Knowledge e crear un rexistro de usuaria/o. Despois premer no enlace Resarch Id.

Titorial en inglés 

Integración de Orcid e Research Id 

Scopus Author Identifier

Producto de Elsevier para a normalización dos nomes de investigadores. Permite asignar un identificador a todas/os autores/as que teñen documentos indizados en Scopus.

scopusex

Como crear o noso identificador en Author-Id de Scopus?

Entrar na plataforma de Scopus e buscar en Author search o noso nome.No caso que as nosas publicacións aparezan con diferentes nomes poderemos unificalas, despois de seleccionadas, coa opción “request to merge authors” onde o solicitaremos a partir dun formulario (os cambios poden tardar meses).

Igual que veíamos no caso de ResearcherID, tamén é posible conectaro perfil de ORCID co de Scopus.Despois poderemos buscar polo noso código Orcid.

Videotitorial para vincular as duas contas 

Google Scholar Citations

Producto de google. Para ter un perfil só é preciso ter unha conta de google e aprtir de aí poderemos ir engadindo as nosas publicacións.Permítenos ver o noso índice h e índice i10.

 IraLis

International Registry for Authors Links to Identify Scientists. Xurdíu en 2006 a iniciativa do repositorio E-LIS, o directorio EXIT e a revista EPI (El professional de la información) para solucionar os problemas de indización dos autores/as españois que publicaban en EPI. A idea é crear un rexistro de autoridades.

iralisex

Hai outras ferramentas para construir perfís de investigador/a, ferramentas das redes sociais como é o xestor de referencias Mendeley, ou a rede Linked-In, onde se poden engadir as publicacións, datos de contacto, empresas e institucións nas que se desenvolve a investigación, intereses, webs…

O CURRICULUM VITAE NORMALIZADO (CVN)

O CVN da Fecyt é un curriculum normalizado que permite ser trasladado dunha base de datos a outra sen ter que introducir os datos de novo, e que se actualiza automáticamente.

Foi creado pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT).

É o aceptado polas entidades de avaliación da producción científica.Ademáis podes presentalo en todas as convocatoria do Plan Nacional e convocatorias autonómicas.

Podes cargar as publicacións dende Scopus ou WoS.

Tamén o podes traducir automáticamente a seis idiomas: galego, éuscaro, catalán, español, inglés e francés.