Avaliación da produción científica

Criterios 2016

Ver Presentación en Emaze

Ofrecemos seminarios de formación para profesorado e investigadores sobre:

1. Como avaliar a produción científica (para solicitar sexenios, prazas de profesorado…) segundo os criterios da CNEA, ANECA ou ACSUG.

2. Normalizar o noso nome e creación dun perfil de investigador/a

Tamén ofrecemos orientación bibliomética individual e realizamos informes cos índices de impacto e indicios de calidade das revistas, citas de artigos… para as distintas convocatorias.

Accesos rápidos ás bases de datos para ver calidade dunha revista: JCR, SJR, JSM, IN-RECS, Master Journal List, A&H Citation List, ERIH Plus, CIRC, MIAR, CAHRUS Plus, DICE, Qualis CAPE, ULRICH’S, LATINDEX, Google Scholar Selo de calidade FECYT

Accesos rapidos ás fontes para ver calidade de monografías: Google Scholar, Book Citation Index, SPI Scholar Publisher Indicators, Master Book List, Scielo Libros

NORMATIVA

  • Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Régimen Jurídico de las Administraciones Públicas y del Procedimiento Administrativo Común («BOE» do 27), modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro («BOE» do 14).

  • Real Decreto 1086/1989, de 28 de agosto, sobre retribucións do profesorado universitario («BOE» del 9 de septembro), modificado polos Reais Decretos 1949/1995, de 1 de decembro («BOE» de 18 de xaneiro de 1996); 74/2000, de 21 de xaneiro («BOE» do 22), e 1325/2002, de 13 de decembro («BOE» do 21).

  • Orde do Ministerio de Educación y Ciencia de 2 de decembro de 1994 , pola que se establece o procedeminto de avaliación da actividade investigadora. Modificada pola Orde do Ministro de Educación Cultura y Deporte de 16 de noviembre de 2000.

  • Resolución da Secretaría de Estado de Universidades e Investigación de 5 de decembro de 1994 («BOE» do 8), modificada pola Resolución de 26 de decembro de 2000, da Secretaría de Estado de Educación e Universidades («BOE» do 30), pola que se establece o procedemento para a avaliación da actividade investigadora realizada polos funcionarios das escalas de Profesores de Investigación, Investigadores Científicos e Científicos Titulares dol Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC).

  • Real Decreto-lei 8/2011, de 1 de xullo, de medidas de apoio aos deudores hipotecarios, de control do gasto público e cancelación de débedas con empresas e autónomos contraídas polas entidades locais, de fomento da actividade empresarial e impulso da rehabilitación e de simplificación administrativa («BOE» del 7).

  • Resolución de 26 de noviembre de 2014, de la Comisión Nacional Evaluadora de la Actividad Investigadora, por la que se publican los criterios específicos aprobados para cada uno de los campos de evaluación.

 ENTIDADES DE ACREDITACIÓN
CNEAI (1989)
•Acreditación nacional para sexenios: profesores universitarios e CSIC
•Criterios xerais
•Criterios específicos para cada disciplina
ANECA (2002) Programa de Profesorado para la contratación (PEP)
•Acreditación nacional para contratación profesorado docente
•Criterios similares aos que emplea a CNEAI para os sexenios
•Incide nos criterios que deben ter os medios de difusión para que o impacto sexa aceptable
•Novo concepto: “Publicaciones indexadas con índice de calidad relativo (ICR)“, equiparadas ao JCR.
ACSUG (2001)
• Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia
• Criterios xerais para a contratación do persoal docente e investigador
• Os grupos A/B/C dependen do tercio que ocupen os títulos no JCR
• Agencia Nacional de Evaluación y Prospectiva
• A partir de 2012 encoméndaselle a avaliación externa dos grupos de investigación do catálogo da UDC
• Só ten en conta o impacto das revistas do ISI e afíns. Non valora bd de índices de impacto españoles como o INREC-S
• Só ten en conta publicacións de investigación e nalgunhas ocasións as de desarrollo (Transferencia)
• Creación de Comisións o paneis de expertos para avaliar aos grupos de investigación.

FONTES

Web of Knowledge: JCR, Citation Index

JCR

Base de datos do ISI que proporciona un medio “obxetivo” para determinar a relevancia das revistas (Índice de impacto), frecuencia das citas dunha revista, as revistas en que foi citada, etc.
•   Cobertura dende1997. (Do 1989 ao 1997) pódese consultar na web da Universidade de Oviedo

•   Edición Ciencias: 6500 revistas científicas (171 categorías temáticas).

•   Edición Ciencias Sociais: 1900 revistas (55 categorías temáticas).

•   Actualización anual (Xuño/Xullo)

Representa publicacións científicas de 3.300 editores sobre unhas 227 disciplinas.

Avalía as revistas en función do número de citas que éstas reciben e do número de artigos que publican nun período de dous anos.

Revistas españolas recvollidas no JCR (realizado por Universidad Sevilla xullo 2012)

CITATION INDEX

Disponible a través da plataforma Web of Knowledge, do ISI (Institute for Scientific Information) , Web of Science ofrece acceso mediante web aos índices de citas ISI Citation Index

Documentos: ademáis de artigos podense buscar cartas, correccións, adicións, editoriais ou revisións que apareceron na revista.

Permite búsqueda por referencia citada. Para qué?

 –   Coñecer traballos de colegas

–   Descubrir quén está citando os teus traballos de investigación e cómo inflúen sobre novos proxectos

 –   En qué dirección está progresando a investigación basándose nos estudos anteriores

Guía de uso (Web of Science)

Titorial (Web of Science)

Revistas españolas indizadas no Web of Science (realizado por Universid de Sevilla abril 2011).

MASTER JOURNAL LIST

Producto do ISI. Inclúe todas as revistas da Web of Science. Permite ver cales son as revistas de maior impacto para publicar nelas e ver se revista cumple cos indicios de calidade.

A European Science Foundation elaborou un sistema europeo de avaliación de revistas científicas para o campo das Humanidades, e un índice de calidade chamado ERIH. Non proporciona factor de impacto nin índice de citas. Divide as revistas en 3 categorías A, B ou C segundo o seu prestixio sexa alto ou medio a nivel internacional, ou só sexa a nivel europeo.

SCImago Journal & Country Rank

•   Alternativa open access (de acceso aberto) aos productos do ISI (Journal Citation Reports e Essential Science Indicators).

•  Establecen dous novos rankings de indicadores científicos, un de revistas e outro por paises.

•  Datos empleados obteñense da base de datos Scopus .

•  Utiliza o SCImagoJournal Rank (SJR) indicator  (page rank, número de enlaces dunha revista a través das citas que recibe, dividido polo número de artigos publicados. a ponderación faise en función da publicación citante).

Revistas españolas recollidas en Scopus

Sciverse Scopus

• Producida por Elsevier

•  A maior bd de resumes e referencias bibliográficas de literatura científica revisada por pares (+ de 18000 títulos)

•  Ferramenta para estudos bibliométricos e de avaliación da produción científica.

•  Utiliza o Snip e SJR e ofrece a posibilidade de ver o índice H.

•  Conta co Journal Analizer para ver o Snipe e SJR

•Integra o buscador científico máis importante, Scirus, Scopus, o portal de información científica Science Direct e o wiki cinetífico Sci opics.

Guía de uso

Tutorial

PARA REVISTAS ESPAÑOLAS

O mellor é consultar a base de datos de CIRC xa que nela paraecen todas as revistas de ciencias sociais e humanidades de calidade e integra todos os productos recoñecidos polas principais axencias de calidade (CNEAI, ANECA…)

CLASIFICACIÓN CIRC. Clasificación de revistas científicas de ciencias sociais e humanas. Realizado por diferentes expertos en bibliometría dos grupos Ec3, EPUC, LEMI… Integrado en Dialnet.A Clasificación Integrada de Revistas Científicas – CIRC ten por obxetivo a construcción dunha clasificación de revistas científicas de Ciencias Sociais e Humanas en función da sua calidade integrando os productos de avaliación existentes considerados positivamente polas diferentes axencias de avaliación nacionais como CNEAI, ANECA). Aparece como referencia a nivel estatal nos criterios de avaliación da CNEAI. Conta con app para Android e IOS.

Tamén hai outros productos pero qeu agora xa están integrados en CIRC:

O Centro de Información y Documentación Científica do CSIC (CINDOC) crea:

RESH Sistema para a avaliación de Revistas Españolas de Ciencias Sociales y Humanas (1999-2004). Índice de citas e factor de impacto.

•Revistas Españolas de Ciencias Sociais e Humanas

•   Estudia as revistas españolas de Ciencias Sociais e Humanas que recolle a base de datos ISOC (elaborada no centro de documentación do CSIC).

•   Empléanse indicadores en función do número de citas recibidas e parámetros de calidade (editorial e de visibilidade internacional), en función do número de anos que leva publicándose a revista, periodicidade, criterios Latindex, etc.

•   Permite ver índice de citas e factor de impacto

•   Só ofrece datos desde 1999 hasta 2004.

DICE Difusión y Calidad Editorial de las Revistas Españolas de Humanidades, Ciencias Sociales y Jurídicas

•   Base de datos producida polo CSIC e ANECA para avaliar revistas.

•   Os criterios que utiliza para establecer a calidade dunha revista son: presencia en bases de datos, uso de avaliadores externos, cumprimento da periodicidade,  apertura exterior do consello editorial e apertura exterior dos autores e se aparece ou non no catálogo Latindex.

•   Complementa a RESH, xa que obtén os datos a partir dos últimos fascículos publicados dunha revista

•   Difusión das revistas en bases de datos de prestixio internacional, etc.

Factor IME Factor de Impacto Potencial de las Revistas Médicas Españolas.

O Grupo de investigación sobre Evaluación de la ciencia y de la comunicación científica (Universidad de Granada) realiza:
IN-RECS Índice de impacto Revistas Españolas en Ciencias Sociales.

• Índice bibliométrico para revistas de ciencias sociais e xurídicas (In-Recj)

•   Utiliza a mesma metodoloxía que o ISI.

•   Ofrece datos desde 1994 ata 2011. Actulamente cesou as actualizacións.

Permite:

–   Saber o impacto científico dunha revista e a súa posición respecto ao resto das revistas da especialidade.

–   Coñecer as citas a autores e artigos, así como saber cales son os artigos máis citados nunha especialidade.

–   Identificar as publicacións que citan a unha revista e as que son citadas por ela.

–   Ver cales son as institucións máis citadas en cada especialidade.

IN-RECJ Índice de impacto Revistas Españolas en Ciencias Jurídicas.

En Cataluña, o Departament d’Universitats, Recerca i Societat de la Informació (DURSI) elabora listaxes avaliando as revistas de Ciencias Sociais e Humanidades chamadas Llistes CARHUS. Dende a Universitat de Barcelona realízase MIAR, un sistema de medir a difusión das revistas científicas de Ciencias Sociais, segundo a sua presencia nas principais bases de datos da sua mesma temática.

LATINDEX Sistema Regional Información en Línea para Revistas Científicas de América Latina, España e Portugal

•Sistema Regional de Información en liña para Revistas Científicas de América Latina, Caribe, España e Portugal.

•   Producto da cooperación dunha rede de institucións que funcionan de manera coordinada para reunir e diseminar información bibliográfica sobre as publicacións científicas seriadas producidas na rexión

•   Obxectivo: difundir, facer accesible e elevar a calidade das revistas científicas destos lugares.

•   Consta de:

–  Directorio: datos normalizados das revistas con información que permite coñecer a súa traxectoria, especialización temática, organismo editor, responsables editoriais, bases de datos que cubren a revista, etc.

–  Catálogo: subconxunto das revistas contidas no Directorio con información adicional sobre os criterios de calidade cumpridos por cada unha delas.

No caso de que non atopemos a revista en ningunha destas bases de datos, veremos se está indizada nalgunha das bases de datos específicas das nosas materias (Eric. PsycInfo, Phylosopher’s index…). Temos dúas ferramentas para axudarnos:

A base de datos ULRICH (comercial, na que aparecen todo tipo de revistas científicas e de divulgación). Non inclúe factor de impacto nin índice de citas.

MIAR Base de datos da Universitat de Barcelona que informa sobre a presencia / ausencia dunha determinada revista na propia base e se se inclúe noutras bases de datos e catálogos.

Ademáis dalgúns dos vistos, para citas de artigos:

JSTOR é unha organización sen ánimo de lucro que proporciona un arquivo dixital materiais académicos publicados en máis de mil de las revistas e publicaciónss académicas de gran calidade, nos ámbitos das ciencias sociais, humanidades e as diversas ramas da ciencia, así como monografías e outros materiales valiosos . Ofrece índice de citas dos traballos.

Google scholarhttp://scholar.google.es/

•   Buscador que permite obter bibliografía específica sobre un tema determinado.

•A información recuperad provén de distintas fontes: estudos revisados por especialistas, teses, informes, libros, resumes, artígos de editoriais académicas, preprints, documentos de universidades, actas de congresos…

•   Permite ver as citas dun libro determinado e dos artigos tanto da versión preprint como da definitiva, sumando ambas.

•   Non ofrece o factor de impacto.
PublishorPerish. Descarga gratuíta e doada utilización
•   Analiza factores de calidade a partir de datos obtidos de Google Scholar.

•   Pódese procurar por autor, título de revista ou artigo

•   Obtemos o Índice H, Índice G e Factor de Impacto, entre outros.

MONOGRAFÍAS

1. Prestixio editorial:

  • Buscar indicios de calidade na web da editorial: selección, peer review, traduccións…
  • Utilizar SPI (Scholary Publishers Indicators): Financiado por CSIc e desenvolto por EPUC (Grupo de investigación de avaliación de publicacións científicas).       Ranking basado na opinión de máis de 3000 expertos.       ACCESO. http://epuc.cchs.csic.es/SPI/index.html
  • Utilizar o Book Ciation Index, do ISI. De pago, non incluído na licencia do FECYT. Según un estudo realizado por Daniel Torres Salinas (Grupo Ec3, Universidad de Navarra) eEmilio Delgado López-Cózar (Grupo EC3, Universidad de Granada), o 96% das publicacións que presenta de Ciencias sociais e humanidades é procedente de 4 países (Inglaterra, Estados Unidos, Alemania e Holanda), só 1 publicación de España, o 95 % son publicacións en inglés.
2. Citas e reseñas
  • Citas: Google Scholar, Google Books
  • Google poñer o término reseña seguido de título entrecomillado.
  • Reseñas: BDI (Psyinfo, Web of Science, Dialnet e CSIC). Nestas duas buscar polo título entrecomillado.

E se a nosa axuda non é suficiente, existe un novo servizo, sexenios.com, destinado a asesorar a investigadoras/os na solicitude de sexenios ante a CNEAI e na acreditación da ANECA e outras axencias. Podedes seguilos Twitter  ou en Facebook.

 

Bibliografia 2011

Cabezas-Clavijo, Álvaro; Delgado-López-Cózar, Emilio (2012). “¿Es posible usar Google Scholar para evaluar las revistas científicas nacionales en los ámbitos de Ciencias Sociales y Jurídicas? El caso de las revistas españolas. EC3 Working Papers, 3 http://ec3noticias.blogspot.com.es/2012/04/es-posible-usar-google-scholar-para.html 

Giménez-Toledo, Elea; Torres-Salinas, Daniel. Book citation index: nueva historia sobre big science y little science. Anuario ThinkEPI, 2011, v. 5, pp. 203-205

Giménez-Toledo, Elea; Tejada-Artigas, Carlos; Mañana-Rodríguez, Jorge. Scholarly Publishers Indicators (SPI). 1º edición 2012. Disponible en: http://epuc.cchs.csic.es/SPI [19, 09, 2012].

webs interesantes sobre o tema
Manual básico para investigadores: quién cita mis artículos, dónde y cómo publicar los resultados de mis investigaciones”. Realizado por bibliotecarias da Universitat Politécnica de Valencia e colgado na plataforma UPV OpenCourseWare O contido do curso trata os seguintes aspectos:1  Introducción2  Citas dos artígos e factor de impacto das revistas3  Outros recursos alternativos para calcular citas e índices de impacto4  Aspectos básicos da propiedade intelectual5  Xestores de referencias bibliográficasPreguntas frecuentes (do grupo EC3 da Universidad de Granada) En contínua actualización.

Unha reflexión sobre “Avaliación da produción científica

  1. Pingback: Convocatoria ordinaria de avaliación previa á contratación do profesorado polas universidades do SUG | Blogue da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación

Os comentarios están pechados.