Verbas ao vento

Verbas ao vento

Instalación artística creada por Roberto Suárez Brandariz e Inma Doval Porto, a partir dunha convocatoria para artistas aberta, na que se pode participar en calquera momento. Convocatoria / participation call

Unha parte desta instalación está xa pendurada no auditorio da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña, e contou coa grande colaboración do alumnado de terceiro (A e B) de Grao en Educación Infantil da Facultade de Ciencias da Educación da UDC, e estivo enmarcada dentro das xornadas “De Cerca”.
(imaxes do post de Roberto Suárez Brandariz)

Calquera artista que desexe participar so ten que enviar un libro calquera, intervido por el ou ela, a poder ser conservando o obxectivo inicial de este, poder ser lido, polo menos nunha parte. Os libros formarán parte dunha grande instalación que se expoñerá en distintos espazos e museos. Fotografaranse cada unha das pezas e farase unha presentación virtual cos nomes dos artistas, fotografía e título do libro. Os libros e a instalación resultante pasarán a formar parte do fondo da Biblioteca.

O enderezo para o envío é:
Inma Doval
Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación
Universidade da Coruña
Campus Elviña s/n
15071 A Coruña
Galicia
España

Tomando como referencia os Flying books de Christian Boltanski así como a curta animada The Fantastic Flying Books of Mr. Morris Lessmor,  dirixido en 2011 por William Joyce y Brandon Oldenburg, nace “Verbas ao vento”, proxecto vivo e aberto  á participación de todas e todos os artistas que dexesen intervir un libro que ficará aboiando no ar coma paxaro engalanado con palabras e cores. Unha homenaxe á lectura que nos permite voar moito máis alá do espazo e do tempo.

Actualmente contamos coa participación de vinte artistas:

Amelia Seoane Secas (Galicia)
Augusto Metztli (México)
Carmen Cierto (Galicia)
Ceu Costa (Portugal)
Inma Doval (Galicia)
Isabel Pintado (Madrid)
Julia Pintão (Portugal)
Lara Pintos (Galicia)
Manoel Bonabal (Galicia)
Manuel Silvestre (Valencia)
María Verdugo Althofer  (Madrid)
Mariana de Castro (Portugal)
Maribel Longueira (Galicia)
Marthazul (Galicia)
Mercedes Molares (Galicia)
Miriam Rodrigues (Portugal)
Novais (Galicia)
Ramiro Torres Maceiras (Galicia)
Renata Carneiro (Portugal)
Xacobe Meléndrez Fassbender (Galicia)

Agradecemos ao alumnado de 3º (A e B) de Grao de Infantil a sua grande colaboración, traballaron arreo e con ilusión para que a instalación fora posible.

9 reflexións sobre “Verbas ao vento

  1. Pingback: De cerca | Blogue da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación

  2. Enhorabuena a todos los artistas participantes, enhorabuena por tener esta idea y llevarla acabo. Gracias a todas esas manos que la han puesto en marcha y la han instalado.Otro modo de admirar y recrearse en los libros .Ojalá, que siga creciendo.
    Amelia

  3. Pingback: Verbas ao vento | Blogue da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación

Os comentarios están pechados.