RETRATA UN LIBRO

 


© Xacobe Meléndrez

RETRATA UN LIBRO

Concurso de fotografía, convocado pola Biblioteca coa colaboración da Comisión de Cultura da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña.

1. Participación

Poderán participar no concurso todas as alumnas e alumnos, PAS e PDI da Facultade de Ciencias da Educación desta Universidade.

2. Tema: retrata un libro

Trátase de retratar un libro en lingua galega ou portuguesa, dun autor/a galego ou portugués, do fondo da nosa Biblioteca, polo que o tema en cuestión é o contido deste. A fotografía deberá estar relacionada co que ao “retratista” lle suxira o libro ou algún episodio deste.

3. Técnica

As imaxes deberán ser entregadas en formato dixital, e poderán ser branco e negro ou en cor, retocadas ou non. A Biblioteca encargarase da impresión das imaxes seleccionadas en 20×30 cm.

4. Número de obras e formato de presentación das imaxes.

As/os participantes enviarán a imaxe por email á biblioteca. Só poderá ser enviada unha fotografía por participante, quen deberá ter a propiedade intelectual da mesma e no caso de ser retratos o consentimento das persoas que nela aparezan. O tamaño de envio será de 800 pixeles no lado maior, en jpg compresión 8.

5. Prazo de presentación

O prazo máximo de recepción de imaxes será o 25 de abril. Enviaranse ao correo mdoval@udc.es con asunto “RETRATA UN LIBRO”. Ademáis da imaxe a/o participante deberá enviar o título do libro no que se inspirou para tirar a fotografía, e de ser un capítulo en concreto poderá reseñalo. Incluirá tamén os seus datos persoais (nome e apelidos, teléfono de contacto, indicar se é alumna/o, PAS ou PDI e titulación).

6. Selección e premio

Haberá un único premio dotado cunha obra do artista galego Oscar Cabana.

Unha comisión seleccionará 20 obras tendo en conta a calidade técnica e artística, a adecuación temática, a orixinalidade e a creatividade para ser expostas na Biblioteca, dentro das que elexirá a premiada.

Comunicarase as/aos autoras/os seleccionados para que as envíen en maior resolución, cun tamaño mínimo de 3600 pixeles no lado maior, en jpg compresión 10 para a sua impresión.

O faio da comisión de selección darase a coñecer na última semana do més de abril na web da biblioteca www.educacion.udc.es/biblioteca.

7. Exposición

A Biblioteca encargarase da sua impresión en papel fotográfico 20 x 30 cm e da montaxe para a exposición. Tamén imprimirá as cartelas.

As obras seleccionadas serán expostas no Curruncho de lectura dende o 20 de maio ata o 31 de agosto de 2011, así como no blogue da Biblioteca.

As imaxes expostas poderán ser recollidas polas/os autores ao finalizar a exposición, entre o 1 e o 30 de setembro na Biblioteca, posteriormente as obras non recollidas pasarán ao arquivo da Biblioteca.

8. Dereitos de uso das imaxes

As/os participantes autorizan o uso non comercial das imáxes á Biblioteca de Ciencias da Educación para a súa exposición e divulgación do Concurso fotográfico unicamente, mencionandose en todo momento a autoria.

As/os participantes responsabilílzanse de que non hai dereitos de terceiros sobre as imaxes que presentan, respondendo ante calquera reclamación que poida xurdir por deleitos alegados de terceiros.