Descargas de libros electrónicos de dominio público

Proyecto Gutemberg

Proxecto creado en 1971 por Michael Hart. Da acceso e permite descarga gratuíta de textos libres de dereitos de autor. Varios formatos.Hoxe alberga máis de 17.000 libros e cada mes descárganse unos 2.000.000 de libros. Tamén contén audiolibros.

 Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes

Fondo bibliográfico dixital con máis de 30.000 obras clásicas de autores españoles ou hispanoamericanos, de acceso gratuíto.

 Biblioteca de Alejandría

Arquivo de internet con millóns de libros. Dividida em varias seccións por temas.

 Biblioteca digital Dioscoris (Universidad Complutense de Madrid)

Libros antigos dixitalizados. Só apto para web, non para ereaders.

 Biblioteca digital do CSIC

Repositorio dixital con acceso a libroos e outros documentos para descargar en pdf.

 Libro dot

Biblioteca en Español de libros gratuítos. Máis de 11.000 títulos, 1.000 autores de 60 diferentes nacionalidades. PDF.

Feedbooks

Feedbooks é un servizo de edición e distribución na nube, conectado a un amplo ecosistema de sistemas de lectura e redes sociais. Permite descargar centos de libros baixo dominio público, moitos en español. Ten menú para seleccionar a tenda (mercar libros) ou descarga dos que están en dominio público (novos, populares, categorías, por autor).

Bookstacks

Proxecto persoal de Ian Rastall. Creado en 2002. Libros en PDF de dominio público.

En inglés

 The online book page

Acceso a libros dixitais só para a sua lectura, non permite descarga.

 Internet archive

Biblioteca dixital. Textos en doc e html. Permite acceso a outras coleccións de bibliotecas.

Open Library

Biblioteca Aberta (Open Library) é un proxecto da organización sen ánimo de lucro Internet Archive, e está patrocinada parcialmente por unha bolsa da Biblioteca Pública de California. É un proxecto aberto: o software é libre, os datos son públicos, a documentación é pública e aberta, e o sitio é público, cunha infraestrucutura de base de dados e unha wiki colaborativa. O obxetivo é  unhna páxina web por cada libro que se publicou. Permite buscar entre millóns de rexistos, ofrece texto completo de máis de 230.000 libros. Formatos: PDF, Texto plano, DAISY, ePub, DjVu streaming, MOBI, Kindle).

Google Books

Permite a descarga dos libros pertencentes ó programa “Proyecto de Bibliotecas” (http://www.google.es/googlebooks/partners.html), que non están protexidos por dereitos de autor. Do resto permite ás veces unha vista preliminar dalgunha folla. Descargas en pdf, epub… Especifica se son ou non aptos para ler en tablet/ipad, ereader…

Galiciana

Galiciana é a Biblioteca Dixital de Galicia impulsada pola Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura e xestionada pola Biblioteca de Galicia co obxectivo de difundir e preservar o rico acervo bibliográfico galego.

O proxecto pretende non só a dixitalización dos fondos senón tamén a normalización do acceso mediante a aplicación de normativas abertas e internacionais, co fin de facilitar a máxima visibilidade da biblioteca e de cada unha das súas obras.

Galiciana integra, ademais de fondos da propia Biblioteca de Galicia, recursos das principais bibliotecas patrimoniais galegas e de centros galegos en América. Intégrase en Hispana, o directorio e colleiteiro de recursos dixitais españois e   Europeana, a Biblioteca Dixital Europea xurdida como unha forma de contribuír á preservación e difusión do patrimonio bibliográfico e co fin de mostrar ao mundo a riqueza cultural dos pobos de Europa.

Só permite lectura, non baixar os títulos.

Biblioteca Virtual Galega

 Proxecto realizado por filólogos e informáticos da Universidade da Coruña co obxecto de difundir a lingua galega. Html. Só lectura.

BIVIR (Biblioteca Virtual da literatura universal en galego)

Literatura universal en galego, impulsada pola Asociación de Traductores Galegos. Formato pdf.

Biblioteca Virtual da Real Academia Galega

Biblioteca da RAG. dedicada a autores galegos. Permite lectura (em texto ou em imaxe), non descarga..

Biblioteca Digital Camões

A Biblioteca Digital Camões pretende ser un repositorio da cultura en lingua portuguesa. Presenta unha coleción de obras integrais, para lectura gratuita, sen necesidade de rexistros ou subscricións, de varios temas como Literatura, Historia, Arquitectura, Música, Arte, Lingua … etc. A Biblioteca Digital Camõés ten autores e edicións en dominio público, pero tamén conta con edicións actuais, protexidas por dereitos conexos, obras protexidas por dereitos e de autores vivos. Consecuentemente, cada edición publicada terá un nivel de acceso que é resultado da expresión dunha vontade conxunta do Instituto Camões, I.P., e do editor e/ou institución proprietaria da edición. Formato PDF.

 Biblioteca Nacional Digital de Portugal

Libros de dominio público dixitalizados pola Biblioteca Nacional de Portugal.

 Dominio Público

Libros en dominio público en PDF do patrimonio cultural brasileño e universal. Creado en 2004 polo Ministério da Educação do Brasil.

 

Ebooks libres et gratuits

Portal internacional francés que ten coma obxectivo a creación e publicación de libros electrónicos libres de dereitos de autor. Tamén é un foro de discusión e debate, que busca unha mellor organización para a edición e publicación de libros electrónicos.

Os e-books están dispoñibles en varios formatos: Mobipocket Reader, eReader, BBeB Book Reader de Sony, ePub, Acrobat Reader. Nalgunhas publicacións, tamén hai dispoñible un formato de arquivo de código fonte aberto (ODF. ODT).

Forum romanum

Biblioteca de textos latinos. Só lectura. HTML.