Libros electrónicos

Listaxe de libros dispoñibles nos nosos ereaders

Descarga de libros electrónicos de dominio público.

Mercar libros electrónicos

Outros recursos (subscritos pola UDC)
Tutorial sobre edición electrónica

SERVIZO DE PRÉSTAMO DE DISPOSITIVOS LECTORES DE LIBRO ELECTRÓNICO. BIBLIOTECA DA FACULTADE DE CIENCIAS DA EDUCACIÓNA Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación pon a disposición das usuarias e usuarios 10 ereaders, como un primeiro paso para a integración do libro electrónico na Biblioteca.Un lector de libros electrónicos (ebooks) ou ereader é un dispositivo electrónico que permite reproducir contidos dixitais (libros, artigos, fotografías, e ás veces música) ofrecidos en distintos formatos e en calquera momento e lugar. A suas gran ventaxas son a portabilidade (pequeño, non pesa), a capacidade de almacenaxe, a grande autonomía da batería con respecto a un ordenador portatil, a pantalla de tinta electrónica que permite leer de xeito semellante a un libro en papel, a posibilidade de aumentar a letra do texto repaxinando o libro…Esta iniciativa enmárcase dentro do Proxecto de achegamento da lectura á comunidade universitaria, especialmente ao alumnado, xa que un primeiro paso para desenvolver unha actitude crítica e selectiva da produción científica é xenerar aptitudes lectoras.Factores que propician á posta en marcha deste servizo

  1. Necesidade lectora.
  2. Capacidade tecnolóxica avanzada que presentan a maior parte dos usuarios e usuarias da biblioteca.
  3. Cmbio que está experimentando o mundo do libro, cun incremento do libro electrónico no mercado.
  4. Poliferación de dispositivos móviles para aceder á información, tanto científica como de lecer.
  5. Realización en outubro de 2010 das Xornadas “O libro electrónico: presente e futuro na biblioteca e no ensino” organizadas pola Biblioteca.

OBXETIVOS

  • Achegar á comunidade universitaria á lectura utilizando as novas tecnoloxías móbiles
  • Integrar un sector emerxente, o do libro electrónico, dentro da Biblioteca
  • Preparar o camiño a integración de producción científica en formato ebook na Biblioteca.

Preguntas frecuentes:

Podo renovar o préstamo do ereader?

Sí, pero só unha vez.

Podo baixar contidos ao ereader ou á sua tarxeta?

Non. No caso de que queiras baixar contidos deberás mercar unha micro tarxeta SD e cargala cos libros que queiras ler. Cada vez que leves o ereader em préstamo só terás que sustituíla pola que trae da biblioteca.

Onde podo obter libros electrónicos gratuítos ou de pago?

Nesta web tes unha selección de portais nos que podes baixar libros.

 

 Normativa de préstamo de ereaders

Características dos dispositivos electrónicos de lectura que ofrecemos en préstamo:

Algunhas noticias sobre libro electrónico: Documenta ((Territorio Ebook (Fundación Germán Sánchez Ruipérez de Salamanca).