Formacións en Competencias informacionais e dixitais

Continuamos con as formacións en Competencias informacionais e dixitais, con dous novos cursos, un para alumnado de grao e outro para quen estea a realizar o TFG. Podédesvos anotar na Biblioteca.

 

Alumnado de Grao. 1º nivel. 
Cando? 26 de outubro de 16 a 17.30.
Onde? aula multimedia
Que aprenderei?
– A coñecer os recursos e servizos da Biblioteca
– Buscar información académica para a realización dos traballos de clase
– Utilizar eticamente a información, evitando o plaxio.

 

 

 

Alumnado de TFG. 3º nivel
Cando? 17 de outubro de 10-14 h ou 19 de outubro de 17-21 h.
Onde? aula multimedia
Que aprenderei?
-Identificar, localizar, obter, almacenar, organizar e analizar información dixital, avaliando a súa finalidade e relevancia para a realización do TFG: procuras  expertas nas fontes nacionais e internacionais e xestores bibliográficos (Refworks).
– Utilizar as TICs para a creación,  comunicación e publicación da información.
– Facer uso ético da información e evitar  o plaxio: Citar e crear bibliografía seguindo normas APA, licencias CC (na utilización de imaxes, para aplicarlle ao noso TFG)