Galgo. A beleza da fraxilidade, exposición de Víctor Arufe Giráldez

Galgo. A beleza da fraxilidade,
exposición fotográfica de Víctor Arufe Giráldez.
do 26 de xaneiro ao 28 de febreiro, no Recuncho de lectura da Biblioteca.

“Son as fotografías de Victor Arufe unha documentación sobre a vida dos galgos. Amósanse co carácter didáctico de quen se implica honestamente nun mundo que fai seu e que quere partillar. Tan seu que aparece un certo carácter de humanización dos cánidos a través da técnica do retrato por unha banda, cun esforzo importante en descifrar o xeito de sentir de cada can, e pola outra da reportaxe que quere ensinar o xeito de vida e as relacións cotiás con outros conxéneres. Prescinde intencionadamente da presencia humana, que tan só se adiviña nos reflexos das pupilas e pouco máis, e localiza as súas tomas en contornas naturais onde area e auga centran a interese nos modelos e a súa actividade favorita, a carreira.
Os desenfoques selectivos e a limpeza das imaxes nos achegan aos individuos, mentres que o uso de obxetivos máis longos e as grandes velocidades de obturación que permite as condicións de iluminación (e a tecnoloxía dixital) transmiten todo o dinamismo que os caracteriza. Noutras ocasións apóiase na edición dixital, que lle facilita amosarmos os seus frecuentes momentos de descanso” (Xacobe Meléndrez Fassbender).

A mostra inaugúrase o 26 de xaneiro ás 12.30 no Recuncho de lectura da Biblioteca, onde se poderá visitar ata finais de febreiro.  Contará coa presencia do autor, que virá acompanhado de Khaleessi, a súa galga, nunha proposta educativa de sensibilización de cara á protección e contra o maltrato de galgas e galgos. Tamén nos acompañará unha persoa voluntaria da asciación SOSgalgos, que nos falará da función que eles realizan.

Os galgos son frecuentemente maltratados e abandonados, entre febreiro e xuño un 30% dos animais recollidos por asociacións son galgos. A razón é que moitos cazadores os utilizan e despois, se non obteñen os rendementos esperados e xan non lles son útis, os maltratan, ás veces incluso ata a morte. Trátase dunha práctica moi común, especialmente nalgunhas comunidades como Castilla-La Macha, Castilla-León, Andalucía ou Extremadura, para a que non existe unha protección e seguemento por parte das autoridades, nin hai control das crueldades ás que son sometidos. A asociación SOSgalgos fala na súa web de que cada ano, en España, “ decenas de miles de galgos son aforcados, tirados a pozos e gavias”.

No ámbito profesional, Víctor Arufe é doctor en Ciencias da Actividade Física e o Deporte pola Universidad de A Coruña. É  editor xefe da Revista Científica Sportis Scientific Technical Journal e organiza e participa en numerosos congresos nacionais e internacionais. Ten un blog, “Educación, innovación y empredimiento” no que analiza a situación actual do ensino e publica reflexións persoais sobre aspectos relacionados coa educación, a infancia, as TICs ou deporte.

4 reflexións sobre “Galgo. A beleza da fraxilidade, exposición de Víctor Arufe Giráldez

  1. Meléndrez Fassbender (no se si lo he escrito bien) no es el novio de una bibliotecaria de esa facultad? Creo que ella ha hecho varias exposiciones en su centro de trabajo. No es curioso?

  2. Efectivamente Xacobe Meléndrez Fassbender, copiaches ben o nome, ademais de fotógrafo de recoñecido prestixio, é o compañeiro dunha das nosas bibliotecarias. A sala de exposicións do Recuncho de lectura está aberta a quen desexe expoñer (tanto á comunidade universitaria como a artistas que non pertenzan a ela) sempre e cando acepten as condicións: non cobran nada por expoñer e non dispoñemos de seguro por deterioro ou roubo das obras. Non é nin curioso nin casual que expoña alí, como non o é que expoñan outras e outros artistas galegxs e estranxeirxs que a petición nosa, e en moitas ocasións grazas ao aprecio que nos teñen, axudan gratuitamente a achegar a arte á comunidade universitaria, algo que consideramos moi necesario. Nin Xacobe Meléndrez nin o resto dos artistas precisan o Recuncho de lectura para difundir a súa obra, case todos eles realizan exposicións salas e galerías internacionais, pero non teñen inconvinte en amosar a súa obra na Biblioteca para que o alumnado, que non adoita visitar salas de exposicións, teña a oportunidade de achegarse á arte contemporánea. Aproveitamos este comentario para agradecer a todxs elxs (Xacobe Meléndrez, Isabel Pintado, Carlos Botana, Nieves Castrolara, Renata Carneiro, Miriam Rodrigues, Teresa Pedroso, Juan Sebastián Carnero, Victor Arufe…) a súa colaboración desinteresada con nós. Grazas por ler o noso blogue e animámosche a visitar a exposición qeu temos actualmente, de María Berini Pita da Veiga, alumna desta facultade http://bibedu.blogaliza.org/2017/04/19/o-poder-dos-detalles-de-maria-berini-pita-da-veiga/

  3. Que inxustos podemos chegar a ser!
    Por non dicir mezquinos que é a primeira palabra que me veu á cabeza. E non a uso porque non quero ter a mesma dureza para coa persoa que puxo o post do 2 de maio que ela tivo coa compañeira que impulsa co seu desinteresado traballo a cultura desde o seu posto de traballo diario.
    Estamos na Facultade de Ciencias da Educación. Tentamos formar e formarnos en actitudes, valores, en formar cidadáns críticos, con opinións persoais…
    Por iso dou por suposto que esa persoa ten probas irrefutables dunha prevaricación familiar e non se trata dunha sucia insidia, un insulto gratuíto ou un simple falar por falar.
    Teño unha admiración persoal cara á faceta artística de Inma, cara ao seu intachable traballo diario e á ilusión con que pretende iluminarnos no mundo da Cultura en xeral e con maiúsculas. Todo iso, quitándolle tempo ao seu lecer e “abusando” dos seus múltiples amigos. Paréceme inxusto (polo respecto que me merece calquera persoa, non digo mezquino) que o pago obtido sexa recibir unhas elucubracións sen outra base que o desafogo persoal.
    Inma, non caias no desalento e segue pregoando no deserto, hai moita xente que sí o sabe apreciar, e gozar…
    Bicos pra tí e o teu novio.

  4. Como docente de la Facultad de Ciencias de la Educación y autor de la exposición fotográfica “Galgo. A beleza da fraxilidade” considero que la pasión y dedicación de Inma para el buen funcionamiento de la biblioteca, sus recunchos, sus múltiples iniciativas que promueven el amor hacia la lectura, la formación continua, el arte…es innegable y admirable. Lamento que existan personas en el mundo que visitan este blog sólo para crear un “Sálvame” o “cotilleo barato” intentando desviar la atención de todos quienes vistan la web buscando arte y noticias útiles para mejorar como personas. Mientras dirijamos la mirada hacia los otros para criticar, destruir y hundir el buen hacer, seguiremos estancados en la envidia. Carlota del Valle la biblioteca abre sus puertas para que muestres al mundo tu obra, y quienes hemos expuesto y trabajamos en este centro agradecemos infinitamente la gran labor de todo el personal que trabaja en ella para que todas las personas, artistas, alumnado, etc. puedan mostrar su talento. Es un placer disfrutar de esas exposiciones, que en ningún caso merecen ni una sola crítica destructiva.

Os comentarios están pechados.