Concurso “falemos galego nas aulas”: decisón do xurado

Tamara García Ramos

Chisco Babío

Reunido o xurado, composto por Lucía López Ben (alumna de doutoramento), Roberto Suárez Brandariz (profesor de educación artística), Araceli Serantes Pazos (profesora de educación social), Juan José Bueno Aguilar (profesor de educación social) e Inma Doval Porto (bibliotecaria), acordouse por unanimidade, logo de avaliar as 114 participacións:

  1. Conceder os dous premios do concurso “fala galego nas aulas”  a Tamara García Ramos e a Chisco Babío.
  2. Seleccionar10 traballos, no canto de 8, amais dos premiados para a exposición no Recuncho de lectura, os asinados por: Alejandro Lorenzo Miguens, Ana Sánchez Schwellenbach, Andrea Mañana Pallas, Andrés Paolantonio Seijas, Beatriz Lage Vilariño, Carolina Carreira Pacoret,Concepción Freire Lago, Giulia Uccellani, Irene López Martínez e Susana Sanmartín Guillén.
  3. Na valoración o xurado tivo en conta, entre outros aspectos, a calidade técnica, a orixinalidade e a claridade da mensaxe.

A exposición poderá visitarse no Recuncho de lectura dende o día 14 de decembro. Moitas grazas a todas e a todos por participar, e noraboa a seleccionadas e seleccionados.

Unha reflexión sobre “Concurso “falemos galego nas aulas”: decisón do xurado

  1. Parabéns aos premiados e aos participantes.
    Coa vosa participación, deches un pequeno paso para vós pero grande para que a nosa lingua non morra.

Os comentarios están pechados.