Publicados criterios SEXENIOS 2016

graduating-with-a-theme-14704285346scNo BOE do sábado 26 de novembro publícanse os criterios específicos aprobados para cada campo de avaliación. Endurécense para o campo 7, de Ciencias Sociais, Políticas, do comportamento e da educación. Amais introdúcese un punto novo, para todos os campos, o “F. Como paso previo a su valoración se establecerá si cada aportación es adecuada a la convocatoria, utiliza un medio de difusión apropiado y muestra responder a una línea de investigación coherente. Ello no implica juicio alguno sobre su calidad intrínseca, sino tan sólo constatar que se trata de una aportación evaluable”.

  1. ARTIGOS:
    1. Especifícase claramente que non van contar igual os artigos en JCR e en SJR ou Arts and Humanities Citation Index. Ata este ano non se especificaba o SJR, simplemente poñía Scopus. A fonte Scimago Journal Rank (SJR) establece un índice de gradación, non así Scopus.
    2. Elimínanse como fontes a ter en conta as bases de datos que non indican gradación, como ERIH, CIRC, DICE… Co cal as publicacións en revistas españolas saen moi perxudicada. Nelas podemos ver se se cumplen ou non certos criterios de calidade que o Comité Asesor poderá considerar ou non, pero a mera inclusión neles non suporá indicio de calidade. Non consideran  ningunha fonte sen “índices de gradación”.
    3. Tamén se especifica que no caso de estar no SJR deberá ter posición relevante (Q1 ou Q2), algo que non esixía a convocatoria anterior.
  2. MONOGRAFÍAS
    1. E se xa estaba complicado para as monografías, agora aínda llo poñen máis difícil, xa que tamén para elas van contar os cuartís que ocupen no SPI (Scholary Publishers Indicators), para as españolas deberá ser o Q!, e para estranxeiras Q1 ou Q2.
    2. As actas de congresos, que xa non se tiñan en conta, agora engade que non o serán aínda estando publicadas en libros ou revistas como proceedings.
    3. Tampouco o serán as “edicións de textos clásicos que non tñan clara relevancia e inclúan estudos preliminares e notas froito dunha investigación persoal e supoñan unha achega apreciable ao seu campo temático”.

Non se menciona para estos campos a inclusión no Emerging Sources Citation Index, a nova fonte que creou Thompsom o pasado ano para as revistas que están no “limbo” , á espera de ser incluídas no JCR, e na que aparecen moitas españolas e de artes e humanidades. Si é tida en conta para os campos 10 e 11.

Se tedes pensado presentarvos ou tedes dúbidas de se serán ou non consideradas “achegas de calidade”, LEMBRÁMOSVOS que na Biblioteca vos podemos axudar, facemos a procura nas distintas fontes e vos entregamos un informe cos criterios que cumplen.