Formacións para alumnado de TFG

cartacetfg2016A Biblioteca da Facultade convoca o curso Habilidades para a procura, xestión e comunicación de apoio e orientación na procuras de información sobre un tema en artigos e monografías, na elaboración dunha bibliografía e citas segundo o formato da APA, e na creación de presentacións dinámicas.

É semipresencial con 3 horas presenciais e seguimento do contido xeral a través de Moodle.

Podédesvos matricular ata o 7 de outubro, na biblioteca.

Horarios (elixir un dia 18 ou 19 de utubro e quenda de mañán ou tarde). Serán 3 horas.

  • Quenda de mañá: 11 a 14 h
  • Quenda de tarde:  17 a 20 h

Lugar de realización: Aula net

Ver programa

Presentación en pdf

2 reflexións sobre “Formacións para alumnado de TFG

  1. Bo día,

    Quería saber se se fan formacións deste tipo para alumnos de doutoramento e de habelo en que datas aproximadas sería.

  2. Bo día Érica. Haberá un novo curso a principios do ano 2017 para alumnado de doutoramento. Publicarémolo no blog. Pero podes pasar pola Biblioteca cando precises axuda sobre este tema ou calquera outro de investigación.

Os comentarios están pechados.