CAMPAÑA ORCID (II): Como introducir publicacións nos perfís de Orcid e ResearcherId?

poster exportar orcid

Unha vez creado o noso perfil nas plataformas Orcid e ResearcherId, debemos actualizalos coa nosa vida laboral e investigadora:

  1. Nome, filiación institucional, webs de interés (persoais, de grupos de investigación…)
  2. Unha breve reseña sobre o noso CV
  3. A nosa formación profesional (educación)
  4. Vida laboral (emprego)
  5. Publicacións

Se temos xa creado perfil en ResearcherId (normalmente cando se teñen publicacións na base de datos Web of Science, aínda que non é preciso) e tamén cando temos perfil en Scopus (créase automáticamente se temos máis dunha publicación nesa base de datos), podemos intercambiar datos entre éstos e o de Orcid, xerando automáticamente un enlace a ambos.

Para engadir publicacións en Orcid e ResearcherId temos 3 opcións:

  1. Manualmente, enchendo os campos dun formulario que nos abre cada plataforma.
  2. Importando dende un arquivo con fornmato BibTex (no caso de Orcid) ou RIS (no caso de ResearcherId. Hai moitas bases de datos e catálogos, ademáis de xestores bibliográficos, que permiten exportar as referencias a estos dous formatos (Refworks, Zotero, Dialnet, Google Scholar, Proquest, Ebsco, Jstor, Science Direct, Csic…).
  3. Importacións directas dende diferentes bases de datos ou xestores bibliográficos:
    1. ORCID: Scopus, ResearcherId, Mendeley, Redalyc, Crossref, PubMed, MLA…
    2. ResearcherId: WOS, Endnote, Orcid

Se queredes crear ou actualizar os vosos perfiles en calquera destas plataformas podedes acudir á nosa Biblioteca e nós vos axudaremos. Tamén podemos solucionar calquera dúbida que vos poida xurdir.

Lembrade que é importante elexir ben o nome que queredes utilizar na vosa vida profesional e de investigación, a vosa firma. Tamén debe ir ben a filiación institucional. Para todo iso, asdemáis das normas da FECYT están as recomendacións da UDC.

2 reflexións sobre “CAMPAÑA ORCID (II): Como introducir publicacións nos perfís de Orcid e ResearcherId?

  1. Pingback: CAMPAÑA ORCID (I): Como crear un perfil en Orcid? | Blogue da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación

Os comentarios están pechados.