Criterios SEXENIOS 2015

cneaiNo BOE de onte, 30 de novembro, publícase a Resolución do 26 de novembro, cos criterios específicos da CNEAI para cada un dos campos de avaliación para 2015.

Introdúcense cambios con respecto a 2014, para todos os campos e específicos para cada área do coñecemento. No que se refire a normas xerais, especifica que, no caso de que a revista teña versión dixital e impresa, unicamente as datas que figuiren no volume impreso serán tidas en conta, polo que se a revista xa foi publicada en versión dixital, con doi, pero non ten aínda publicada a versión en papel, non conta.

No Campo 7, de Ciencias sociais, políticas, do comportamento e da educación, hai algún cambio:

  1. Dentro dos repertorios “alternativos” aos índices de impacto, que poderían terse en contra, inclúese CIRC e engade un etc.
  2. Polo que se refire a libros ou capítulos de libros, cita por primeira vez nesta área Scholary Publishers Indicators, como unha das fontes para buscar editoriais de prestixio, e tamén se engaden máis criterios para detectar se o libro ten o non indicios de calidade.
  3. Continúan as “penalizacións” por publicar reiteradamente en revistas e editoriais asociaciadas ao organismo no que o solicitante realiza a súa investigación, publicacións reiterativas e nivel alto de autocitas.
  4. E o campo de Psicoloxía seguen os mesmos criterios de endurecemento do ano pasado, como orientación, para ter avaliación positiva, 4 das cinco aportacións deberán ser revistas do JCR e deles, 3 no 1º e 2º cuartil.

Deixamos aqui enlace á análese dos cambios nos criterios da CNEAI para este ano, realizada por Emilio Delgado López-Cózar. Moi interesante e exhaustiva. Powered by emaze

LEMBRADE que na Biblioteca vos podemos axudar na procura dos vosos traballos nas distintas fontes de información aceptadas pola CNEAI e na procura de indicios de calidade. Ofrecemos seminarios de formación para profesorado e investigadores sobre:

1. Como avaliar a produción científica (para solicitar sexenios, prazas de profesorado…) segundo os criterios da CNEA, ANECA ou ACSUG.

2. Normalizar o noso nome e creación dun perfil de investigador/a

Tamén ofrecemos orientación bibliomética individual.