Revistas “depredadadoras e secuestradas”

bealls-list-logoOllo investigadoras e investigadores!!!!, ás revistas “Predators”, fraudulentas ou depredadoras, que carecen de todo tipo de calidade científica, engádense agora as “revistas secuestradas”, que suplantan a identidade de revistas de impacto e envían correos a investigadorxs solicitándolles publicar nelas.

No blogue de Rafael Repiso tedes máis información sobre este tema.

O bibliotecario Jeffrey Beall, da Universidad de Colorado realizou unha listaxe, tanto coas depredadoras como coas secuestradas, actualizadas en xaneiro de 2015. En febreiro, xa había case 600 revistas detectadas. Hai que estar ao tanto xa que o número de revistas deste tipo se vai incrementando, polo que o propio Bell redactou unha serie de criterios a ter en conta para detectar se a revista que nos solicita un artigo é ou non é “de fiar”. Algúns dos criterios que debemos ter en conta son:

  1. A revista ou editora debe ter un consello editorial e de redación. Os seus membros deben estar identificados e acompañados da súa filiación institucional. Comprobar que sexan autoas/es que xa teñen publicado e en revistas de prestixio. Ollo!, ás veces inclúen expertos sen o seu consentemento.
  2. O autor/a debe quedar con dereitos sobre a distribución da obra, non cedelos todos á editora.
  3. A información en cuestión de costes económicos (se é que é unha revista / editora na que hai que pagar por publicar) debe estar sempre clara. Hai revsitas que despois envían facturas coas que non contabamos, ou editoras de libros que esixen un número de vendas determinado para publicar ou que o libro, de impresión a demanda, ten uns costes desorbitados. Publicar en este tipo de editoriais e revistas non supón ningún beneficio para a/o autor/a.
  4. Debe ter información clara sobre a revista, con ISSN, politicas de aceso aberto, DOI para os artigos, enderezo postal e electrónico claro…

Tamén é bo que cando recibimos un correo dalgunha “editora ou revista” sospeitosa, o comentemos cos nosos colegas xa que é posible que les/as tamén o recibiran, o cal xa “canta moito”. Estas revistas normalmente publicitan índices de impacto fraudulentos, ficticios, que non nos van servir para a avaliación científica.

No portal de CIRC (Clasificación Integrada de Revistas Científicas, aparece xa integrada esta listaxe e cando buscamos unha revista nos indica se é depredadora.

Hai un artigo moi interesante de Manuel Bagues, profesor de economía na Aalto University de Helsinki, sobre este tema no blog “Nada es gratis”