IV edición do curso Habilidades na procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFG

 

cartace TFG 20152016
O persoal da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación impartirá a IV edición do curso Habilidades na procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFG, 2015-2016 para o alumnado que estea matriculado no TFG.

Obxetivos do curso:

  1. Coñecer os recursos electrónicos aos que ten acceso a UDC
  2. Adquirir destreza na procura de información nos distintos recursos.
  3. Avaliar e xestionar a información
  4. Evitar o plaxio
  5. Comunicar e publicar

Trátase dunha formación semipresencial, con parte dos contidos en Moodle. As sesión presenciais serán de 3 horas e centraranse na parte práctica.

InfografiaMÓDULO 1. NORMATIVA. ONDE ATOPAR TFG OU TFM XA PRESENTADOS

  1. Guía útil
  2. Ondea topar TFG ou TFM xa presentados (UDC e outras universidades)
  3. Normativa
  4. Bibliografía

MÓDULO 2. ONDE E COMO BUSCAR A INFORMACIÓN

  1. Analizar a necesidades de información
  2. Seleccionar as fontes
  3. Interacción co sistema de recuperación. Estratexia de busca.
  4. Avaliación da información.
  5. Da cita ao texto completo
  6. Alertas informativas

MÓDULO 3.  XESTIONAR E ORGANIZAR A INFORMACIÓN.

  1. Principais xestores bibliográficos
  2. Refworks

MÓDULO 4. REDACTAR UN TRABALLO ACADÉMICO

  1. Evitar plaxio
  2. Ética
  3. Citar e crear bibliografía
  4. Obter imaxes copyleft
  5. SNL. Axudas
  6. Publicación no RUC

MÓDULO 5. FERRAMENTAS ÚTIS UTILIZANDO AS TICS

  1. Traballar na nube
  2. Presentacións dinámicas
  3. Xestión de imaxes

Prazo e lugar de matrícula: ata o 23 de outubro, na biblioteca.

Horarios (elexir un dia e quenda). Serán 3 horas.

Quenda de mañán: 3 e 6 novembro de 11 a 14 h

Quenda de tarde:  4 e 5 novembro de 18 a 21 h

Lugar de realización: Aula net

Os cursos derán impartidos por Inma Doval Porto (quenda de mañán) e Chus García García (quenda de tarde), bibliotecarias.