Curso Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación

Xa falamos nun post anterior sobre a a métrica da información e crecente importancia da presencia na rede da/o investigador/a, algo fundamental para dar visibilidade ao seu traballo.  Para todo isto é imprescindible ter normalizado o nome, seguindo as pautas que veñen marcadas tanto dende a propia universidade como dende o Fecyt ecrear un perfil de investigador/a nalgunha das principais plataformas existentes. A Biblioteca Universitaria da UDC ofrece un servizo de apoio á investigación e segue a traballar na formación do PDI tanto para incrementar a súa visibilidade como para acadar un maior impacto das súas publicacións. Nesta liña, en colaboración co CUFIE, ten programado o curso semipresencial “Estratexias para incrementar a visibilidade e o impacto dos resultados da investigación“, no que ademáis dunha serie de contidos teóricos en liña se realizarán, dende cada unha das bibliotecas dos centros, seminarios prácticos para a creación de prefís de investigadores/as.

 

Programa do curso:

1. A identificación de autor: nome e filiación

2. A publicación en acceso aberto. O repositorio institucional da UDC

3. Plataformas sociais e redes científicas

 

Preinscripción ata o 15 de setembro:

Formulario de inscrición

Certificación do curso:

A participación de proveito no curso implica a emisión dun certficado emitido polo CUFIE

Nun post do blogue da Biblioteca Universitaria podedes ver os datos da cuarta edición do Observatorio IUNE (2015), correspondentes ao período 2004- 2013), así como unha análise dos mesmos.