Crear un perfil de investigador/a

perfil de inestigaodorUn investigador ou investigadora debe buscar sempre a visibilidade do seu traballo, que a súa producción científica sexa recuperada nas principias fontes de referencia e que as súas publicacións sexan citadas por colegas de todo o mundo. Un dos primeiros pasos que debe dar é crear un perfil de investigador, cunha sinatura recoñecida que o identifique en todos os seus traballos e en todas as fontes nas que apareza citado/a.

Guías para a normalización do nome:

grafico perfis facultadeNa Facultade de Ciencias da Educación, dos 126 inestigadores/as, 99 teñen creado un perfil nalgunha plataforma, e  5 deles nas catro principais.

 

 

Onde podemos crear un perfil de investigador?

orcidORCID (Open Researcher and ContributorID) é un proxecto aberto, global e sen ánimo de lucro e multidisciplinar que proporciona un identificador único  e persistente para autores do ámbito científico e académico.

ReesearchId logoReseachID, é un producto gratuíto de Thomson & Reuters que está asociada aos seus productos, entre eles á web of Knowledge. Como Orcid, nos permite crear un identificador único de investigador/a que evita duplicidades nas autorías. Como ORCid, proporciona información sobre as publicacións do autor/a, temén íncide h…

scopusScopus Author Identifier: Producto de Elsevier para a normalización dos nomes de investigadores. Permite asignar un identificador a todas/os autores/as que teñen documentos indizados en Scopus.

scholar_logoGoogle Scholar Citations. Producto de google. Para ter un perfil só é preciso ter unha conta de google e aprtir de aí poderemos ir engadindo as nosas publicacións. Permítenos ver o noso índice h e índice i10.

iralisIraLis, International Registry for Authors Links to Identify Scientists. Xurdíu en 2006 a iniciativa do repositorio E-LIS, o directorio EXIT e a revista EPI (El professional de la información) para solucionar os problemas de indización dos autores/as españois que publicaban en EPI. A idea é crear un rexistro de autoridades.

Hai outras ferramentas para construir perfís de investigador/a, ferramentas das redes sociais como é o xestor de referencias Mendeley, a rede LinkedIn ou ResearchGate onde se poden engadir as publicacións, datos de contacto, empresas e institucións nas que se desenvolve a investigación, intereses, webs…

Máis información na nosa web. Lembra que na Biblioteca ofrecemos un servizo de asesoramento ao investigador/a e que te podemos axudar a crear o teu perfil en calquera das plataformas. Ademáis temos un curso en Moodle cun módulo específico para Avaliación da produción científica no que nos podes solicitar a alta.