Xornadas de xestión da información para a preparación do TFG

autor: shutterbugamarEntre o 16 de febreiro e o 13 de marzo terán lugar as xornadas Habilidades para a procura, xestión e comunicación da información para a realización dun TFG impartidas por persoal da Biblioteca da Facultade de Ciencias da Educación. A formación será semipresencial, con 3 horas de aulas, nas que se aprenderá a facer unha procura bibliográfica e a traballar cos resultados nun xestor de referencias bibliográficas, autilización das citas e a creación dunha bibliografía. Complementarase con información e traballo a través da plataforma Moodle. Matrícula ata o 12 de febreiro na Biblioteca. Horarios de mañán e de tarde.
LEMBRA que hai axudas económicas do Servizo de Normalización Linguística para os traballos realizados en galego.

Obxetivos do curso:

  1. Coñecer os recursos electrónicos aos que ten acceso a UDC
  2. Adquirir destreza na procura de información nos distintos recursos.
  3. Avaliar e analizar eficientemente a información.
  4. Organizar a información utilizando os xestores bibliográficos.
  5. Evitar o plaxio na elaboración dos traballos académicos.
  6. Comunicar e publicar a información dun xeito eficaz, ético e legal.
  7. Descubrir ferramentas gratuítas para traballar na nube, crear presentación dinámicas ou editar imaxes.

Programa

  1. Aspectos prévios a ter em conta:
    1. Normativa da UDC e específica para cada grao.
    2. Onde consultar TFG xa presentados
    3. Calendarios e mapas conceptuais.
  2. Reunir a información.
    1. Principais fontes de información: catálogos, bases de datos, repositórios e buscadores académicos.
    2. Como aceder ás fontes dende a UDC e dende ordenadores externos.
    3. A estratexia de busca. Prácticas nos distintos recursos.
    4. Avaliación dos resultados
    5. Creación dunha alerta informativa
  3. Organización e xestión da información.
    1. Os xestores bibliográficos
    2. Refworks
      1. Crear unha base de datos coas nossas referencias
      2. Inserir citas nun texto dende refworks
      3. Crear unha bibliografia
  4. Aspectos éticos e legais antes e despois da elaboración e publicación dun traballo.
    1. Normas éticas
    2. Lexislación a ter en conta
    3. Evitar o plaxio
    4. Obtención de imaxes libres para utilizar nos traballos
  5. Ferramentas TICS que me podem axudar durante e despois do traballo.